21 de diciembre de 2016

CELEBRAMOS FIN DE ANO!!!!

A continuación, deixámosvos unha mostra de como foi a nosa especial celebración de FIN DE ANO, así como, numerosos recursos e xogos nadaleños, dos cales, poderedes gozar durante as vacacións. Esperemos que vos gusten, premede nas imaxes ou nas ligazóns para acceder ás fotos e xogos
Moitas grazas a todas as familias pola vosa marabillosa colaboración!!!
Felices festas!!!!


Imaxe con licenza Dominio público 



 Xogos Nadal






15 de diciembre de 2016

VISITAMOS O DOLMEN DE DOMBATE

O Dolmen de Dombate é un monumento megalítico situado na parroquia de Borneiro (Cabana de Bergantiños); e con motivo das noas investigacións prehistóricas fomos visitalo. Tal e como nos explicou o noso guía, foi construído hai uns 5.000 anos, e servía como sepultura aos xefes das tribus. Ademais, está orientado cara o nacemento do Sol e a pedra que o cubre pesa uns 6.000 kilos. Pasámolo moi ben e foi unha experiencia inolvidable, deixámosvos unha mostra da nosa excursión e algunhas ligazóns que poden ser do voso interese:

Viva o Dolmen de Dombate
Vilaseco e Fontefría,
esas eran as partidas
onde eu me adivertía.
(Cantiga de tradicción oral da comarca)


http://www.dolmendedombate.com/p/actualidade.html

https://www.facebook.com/RacRockArtConservation/photos/?tab=album&album_id=427396940631239


https://www.dacoruna.gal/files/4714/1578/0703/catalogo-dombate.pdf


https://www.dicoruna.es/patrimonio/dolmen-dombate/






13 de diciembre de 2016

PREPARÁMONOS PARA A NOSA FESTA DE FIN DE ANO!!!

Estamos preparando con moita ilusión a nosa festa de FIN DE ANO, deixamos aquí este video co que estamos aprendendo moitas cousas......








FALAMOS CON PAPA NOEL E OS REIS MAGOS E XOGAMOS CO NADAL

Aquí deixamos a ligazón para todos os pitiños que desexen falar tanto con PAPÁ NOEL coma coas súas maxestades os REIS MAGOS. Seguro que tedes moitísimas cousas que contarlles e eles precisan saber de vos para anotar ben os agasallos que encargades. Que emoción!!!! Premede na imaxe:



A continuación, deixámosvos numerosos recursos e xogos nadaleños, esperamos que vos gusten, para acceder a eles podedes premer nas imaxes e nas ligazóns:

 Xogos Nadal







7 de noviembre de 2016

ACHÉGASE O MAGOSTO!!!

ATENCIÓN!!! O próximo VENRES DÍA 20 celebraremos o MAGOSTO!!! Para gozar desta data tan especial temos que construir nas nosas casas este trebello. É moi doado!!! Precisamos dous envases de zume, leite, etc. cortados pola metade. Grampámolos e decorámolos ao noso gusto. So queda poñer un cordón de la para poder colgalo do pescozo. Nun envase botaremos as castañas e noutro botaremos as pelas. Así teremos as mans ben libres para COMER MOITAS CASTAÑAS e de paso non ensuciamos o chan!!! Podedes traelo á escola a partir do luns día 20.
Se premedes na imaxe poderedes ver o proceso:

APARELLO DO MAGOSTO


Podedes traer os CASTAÑEIROS a partir do LUNS 14 para formar parte da exposición que haberá no vestíbulo do centro.

4 de noviembre de 2016

OS PITIÑOS DE 4 E 5 ANOS VAN AO TEATRO

Os pitiños de 4 e 5 anos fomos ao teatro. Asistimos á obra titulada O PODER DE AMABEL. Interpretada pola Compañía de Teatro Pérez&Fernández, está baseada no libro de Érica Esmorís, e trata a historia dunha nena que vive unha aventura para poder descubrir os seus superpoderes. Gustounos moito, e aprendimos un cento de cousas. Cliclando aquí deixamos unha mostra de como foi a nosa experiencia, e a continuación, temos algúns elementos representativos do espectácula así coma unha ligazón ao perfil social de Pérez&Fernández





Para saber máis da obra, ver mais fotografías e vídeos: http://www.perezyfernandez.com




2 de noviembre de 2016

A PREHISTORIA E O SER HUMANO

Na rede podemos atopar numerosa información sobre O SER HUMANO E A PREHISTORIA. A continuación, deixámosvos unha escolma de recursos relacionados con dita temática: como vivían na prehistoria?, que ferramentas empregaban?, como se vestían?, cales eran os animais prehistóricos?, que música escoitaban?, como decoraban as súas cavernas?, que patrimonio prehistórico podemos visitar?, entre outros. Esperamos que todos os pitiños gocen deles!!!! Premede na imaxe e accederedes a un mundo máxico!!!!


http://www.symbaloo.com/mix/prehistoriaproxecto

22 de octubre de 2016

ACHÉGASE O SAMAÍN

Achégase o SAMAÍN así que esta semana é moi especial para todos nós. Estamos moi entusiasmados con esta data e gozamos a tope e rimos moito con  historias, contos, bailes e música propios do SAMAÍN!!!! Aquí  deixamos un Symbaloo con recursos moi interesantes (contos, xogos e música):



Preme aquí ou na imaxe para acceder aos contidos.

5 de septiembre de 2016

REUNIÓNS e AVISOS

Recordade que o  Xoves 8 de Setembro ás 12:30h  temos programada unha reunión para as familias do alumnado de 4 e 5 anos (5º e 6º de Educación Infantil) e que o Luns 12 de Setembro darán comezo as clases

CONSULTA AS REUNIÓNS INFORMATIVAS DO NOSO CENTRO aquí




2 de septiembre de 2016

AVISOS e VOLTA ÁS AULAS

Comezamos un novo curso cargadiños de ilusión!!!! Que ganas de recibir aos nosos nenos e nenas para traballar, aprender e xogar todos xuntos!!! O comezo das clases terá lugar o Luns 12 de Setembro; pero antes recordade as seguintes datas:

*Reunión coas familias do alumnado de 3 anos (4º Educación Infantil): Luns 5 de Setembro ás 12:00h no Salón de Actos.

*Entrega de material escolar do alumnado de 4 e 5 anos (5º e 6º Educación Infantil): Luns 5 de Setembro de 12:00 a 13:00h na súas aulas.

*Reunión coas familias de 4 e 5 anos (5º e 6º Educación Infantil): Xoves 8 de Setembro ás 12:30h nas súas aulas.

 Agardamos aos nosos pitiños cos brazos abertos!!! BENVIDOS!!!!



23 de junio de 2016

FIN DE CURSO!!!!!

AAAAAAAIIIIII que ben o pasamos!!!! Todo o equipo de Educación Infantil desexa aos nosos pitiños e as súas familias un FELIZ VERÁNNNNN!!!!! 


19 de junio de 2016

GRADUACIÓN DOS PITIÑOS DE 5 ANOS!!!

Como pasa o tempo..... Os nosos pitiños de 5 anos despídense da etapa de Educación Infantil..... Os nosos mellores desexos nesta nova etapa que comeza para vós!!!!!! Noraboa pitiños!!!!!


13 de junio de 2016

RUTAS URBANAS ANIMADAS!!!

Os pitiños de 5 anos fomos de excursión aos XARDÍNS DE MÉNDEZ NÚÑEZ!!! Aprendemos moitas cousas acerca da historia da nosa cidade e descubrimos moitos recunchos descoñecidos para nos. Agora xa sabemos a quen están adicadas as estatuas e monumentos presentes no parque. O mellor de todo e que fixemos un montón de xogos moi divertidos!!!

3 de junio de 2016

CHARLA SOBRE BRASIL!!!!!

Cantas cousas aprendemos con Taiana acerca do Brasil!!! E que interesantes!!! Falounos acerca do modo de vida no Brasil, dos seus costumes, da principal gastronomía, dalgúns animais característicos e coma non do Entroido!!! Mil grazas Taiana!!!


RUTAS URBANAS ANIMADAS!!!

Os pitiños de 4 anos fomos de excursión!!! Visitamos a Praza de María Pita e tamén o Concello!!! Aprendimos un montón de cousas acerca da historia da nosa cidade!!! 


5 de mayo de 2016

DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!! MANUEL MARÍA!!!

Podedes continuar traballando e xogando co material do Seminario Galán acerca de Manuel María, que é o autor homenaxeado neste ano 2016, deixamos aquí a ligazón:


http://www.seminariogalan.org/

3 de mayo de 2016

DE EXCURSIÓN NO MERCADO DE ELVIÑA!!!

Fomos de visita ao MERCADO DE ELVIÑA!!! Cantas, cantas, cantas cousas aprendemos no mercado de Elviña con Yara. Agora sabemos que hai carnes brancas  (polo, coello, pavo, etc.) e carnes vermellas (tenreira, porco). Tamén sabemos como diferenciar o peixe de carne branca e o peixe de carne azul, soamente temos que fixarnos na forma da súa cola. 
Na froitería mercamos froitas típicas do Brasil e no posto de ovos e queixo derennos piruletas!!!
Ao rematar a nosa visita agasallaronnos cunha merenda, moitísimas grazas!!!






2 de mayo de 2016

PULSEIRAS DO BRASIL!!!!

A lenda conta que se atamos a pulseira con tres nó, pedindo un desexo por cada un deles, ao deixar que a pulseira se desgaste e se rompa, estes desexos faranse realidade!!! Mil grazas por este agasallo marabilloso!!!

26 de abril de 2016

INICIAMOS O ESTUDO DE BRASIL!!!

Xa estamos inmersos no estudo de Brasil!!! Temos libros, imaxes, contos, moedas e tamén algún postre que xa saboreamos, coma os BRIGADEIROS  e o PÃO DE QUEIJO!!! Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración!!!


25 de abril de 2016

APRENDEMOS ACERCA DO RUGBY CON RAMÓN!!!!

Cantas cousas aprendemos acerca do RUGBY!!!! E que interesantes!!! Agora sabemos que este deporte fomenta moitísimo a amizade entre os equipos, é dicir, que ao rematar un partido os xogadores dun equipo poden compartir charla, comida ou xogos cos xogadores do equipo rival. Tamén sabemos que hai distintos tipos de puntuación (5, 3 ou 2 puntos) e que o balón debe lanzarse sempre cara atrás. 
Ramón falounos dos equipos de Rugby que hai na Coruña, o CRAT (Club de Rugby de Arquitectuta Técnica) e o Club Deportivo Zalaeta. O equipo femenino do CRAT foi campeón de España o ano pasado.
Moitísimas grazas Ramón por estas ensinanzas!!!!


22 de abril de 2016

INVESTIGACIÓN XORNALÍSTICO-DEPORTIVA

Durante as últimas semanas realizamos unha pequena investigación que se baseaba en observar, que, cantas e cales novas de caracter deportivo aparecían nos xornais que trouxemos á escola. Unha vez identificadas as novas, recortámolas e organizámolas segundo os deportes dos cales falaban. A continuación, cuantificamos cantas novas había de cada deporte e rexistrámolas nun diagrama. Por outra banda, fixemos o mesmo segundo aparecían homes e mulleres. As conclusións ás que chegamos foron as seguintes:

-O fútbol era o deporte máis numeroso.
-Varios deportes que eran do noso interese non aparecían nas novas.
-Os homes deportistas eran amplamente maioría fronte as mulleres.

Reflexionamos sobre o tema, e algúns opinamos que esta situación non nos parecía xusta, de tal xeito que decidimos que deberíamos tomar unha solución. 

Debido a que nós, non podemos decidir que novas aparecen nos medios de comunicación, consideramos que o máis acertado era poñerse en contacto coas persoas que deciden a edición dos xornais e dos telexornais. Tivemos en conta varias opcións, entre elas: enviar unha carta, chamar por teléfono, mandar un whatsapp, enviar unha postal, etc. Finalmente, decidimos gravar un vídeo coas nosas peticións e compartilo. Non todos quixemos participar na elaboración do mesmo, polo que os rapaces e rapazas que aparecemos fixémolo de xeito voluntario.

Unha vez elaborado o vídeo, e visto o resultado, pensamos que sería interesante facer o seguinte:
-Compartilo coas nosas familias.
-Gardalo para podelo ver cando sexamos maiores, e así, ter un recordo.
-Difundilo ao mundo enteiro.
-Enviarllo á persoa encargada da edición dos telexornais e xornais.

E niso estamos....a continuación podedes ver o resultado.


10 de abril de 2016

ESCALADA E SURF!!!

Que marabillosa experiencia!!! Apredemos moitísimas cousas acerca da Escalada e o Surf. Agora o noso vocabulario xa é máis amplo porque incorporamos palabras coma: presa, mosquetón, pé de gato, magnesio e moitas máis!!!! Tamén sabemos algunha curiosidade coma  que para facer escalada debemos ir sempre acompañados dun amigo e que hai olas de esquerda e olas de dereita!!!Moitísimas grazas Julián!!!



27 de marzo de 2016

PASEO POLO NOSO BARRIO!!!

Comezamos a coñecer o barrio onde está situado o noso colexio, O BARRIO DE MONELOS. Hoxe paseamos ata a librería AREA, e de camiño, contamos as árbores e os farois que atopamos no noso percorrido. Tamén sacamos algunhas fotografías coa tablet para traballar posteriormente con elas.


25 de marzo de 2016

TRABALLAMOS NA HORTA!!!!

Por fin parou de chover e Antonio, o pai da profe Sandra, veu plantar cos nosos pitiños de 3 anos. Repolos, leitugas, chícharos e coles para facer un caldiño para o Coelliño Branco, Tamén plantamos patacas ás que lles saíran cornos e que agora xa sabemos que lles chamamos "ollos" e que a ferramenta que empregamos non era unha pá senón que se chamaba legoña. Coas visitas dos pais e das nais aprendemos taaaaaantas cousas. Grazas Antonio por vir pasar un anaquiño con nós!!!


16 de marzo de 2016

MARCOS ENTRENADOR DE BALONCESTO!!!!

Hoxe visitounos Marcos, e grazas a esta visita aprendemos moitísimas cousas acerca do BALONCESTO:
  • Quen, como e onde se  inventou este deporte
  • Canto duran os partidos
  • Cantos puntos valen as canastas
  • Cantos xogadores compoñen os equipos 
  • Que podo facer cando teño o balón
  • Que podo facer cando non teño o balón
  • Etc.
Tamén nos falou sobre os Xogos  Olímpicos e as seleccións españolas masculina e feminina e os seus logros e triunfos. Foi unha experiencia marabillosa!!!! Moitísimas, moitísimas grazas Marcos!!!


11 de marzo de 2016

OFICINA POLICIAL DO DNI!!!!

Hai tempo que sabemos que o noso nome aparece nos nosos colgadoiros, nas nosas cadeiras e bordado no noso mandilón. Agora sabemos que aparece nun documento importantísimo que non todos temos por iso decidimos expedilo na Oficina da Policía!!!



9 de marzo de 2016

HOCKEY INLINE!!!

Javier e Elena, pais de Teo e Lía, ensináronnos moitísimas cousas acerca do HOCKEY INLINE!!! Quedamos abraiados co ben que patinan, que profesionais!!! Tivemos oportunidade de ver como é a súa equipación, como son as proteccións que empregan nos partidos, como se chama o material que utilizan, etc. Tamén tivemos a oportunidade de xogar un pouquiño cuns sticks que trouxeron para todos nos!!! Moitísimas, moitísimas grazas!!!


8 de marzo de 2016

REFLEXIONAMOS SOBRE A IGUALDADE DE XÉNERO

Durante o día de hoxe estivemos pensando sobre a Igualdade de Xénero. Entre outras moitas cousas chegamos á conclusión de que non é xusto que as mulleres non puideran participar no inicio dos XOGOS OLÍMPICOS e que a día de hoxe, nalgúns países, non teñan dereito a ir á ESCOLA.
A continuación deixámosvos a cantiga "MATRIARCAS" de Guadi Galego, que nos axudou a reflexionar sobre as citadas cuestións.


3 de marzo de 2016

ARCOS IRIS CITAN AOS PITIÑOS NA SÚA PÁXINA

O grupo musical ARCOS IRIS, citan aos Pitiños do CEIP María Pita na súa páxina web. Moitas grazas pola mención. Pasámolo xenial, e así consideramos facérvolo saber. 

Se queres ler o artigo pincha na ligazón ou na imaxe.

https://sonfuturo.wordpress.com/2016/03/03/os-pitinos-nos-cuentan/


2 de marzo de 2016

CONCERTO ARCOS IRIS!!!

Os pitiños de 4 e 5 anos  asistimos a un Concerto do sexteto ARCOS IRIS no Palacio da Ópera. Foi unha experiencia marabillosa!!! Unha viaxe a través das EMOCIÓNS!! Aprendimos moitas cousas e, sobre todo, pasámolo xenial!!!!! Deixamos aquí o enderezo web do programa educativo da Orquesta Sinfónica de Galicia, SON FUTURO,  por se queredes aprender máis cousiñas:

https://sonfuturo.wordpress.com/



25 de febrero de 2016

FACEMOS MANUALIDADES INVERNAIS

Durante estes últimos días, e debido á chegada da neve nalgúns puntos de Galicia, aproveitamos para facer os nosos BONECOS DE NEVE. Para iso, empregamos papeis, cartolinas, limpapipas, boliñas, papel charol, rotuladores e ollos adhesivos. Que vos parece o resultado?


20 de febrero de 2016

ASÍ MEDRAN OS PITIÑOS DE 3 ANOS

Os Pitños de 3 anos ao longo deste curso escolar fixeron moitas actividades, entre elas, organizaron a súa forma de traballo, descubriron como elaborar NOVAS CORES, fixeron manualidades de NADAL, colaboraron cun mural do inicio dos XOGOS OLÍMPICOS, fixeron ZUME DE LARANXA, e reflexionaron sobre a ALIMENTACIÓN NUTRITIVA E SAUDABLE. Aquí deixamos unha mostra de todo isto. Esperamos que vos guste!!!!!
















17 de febrero de 2016

HOXE VISITOUNOS JOSE, PROFESOR DE EDUCACIÓN FÍSICA E ATLETA!!!

Hoxe visitounos Jose, pai de Laura. Jose é profesor de Educación Física nun instituto e tamén é atleta. Cantas cousas aprendimos con el acerca do ATLETISMO!!!! 
Agora sabemos que HAILE GEBRSELASSIE é un dos mellores atletas na modalidade de fondo. Contounos como este corredor comezou, con 4 anos,  a ir correndo á escola, que estaba a 10km da súa casa. 
Jose ensinounos que o Atletismo é unha disciplina olímpica que consta de moitas variantes, estas son as que probas das que nos falou:
  • Carreiras de velocidade
  • Carreiras de resistencia
  • Carreiras de relevos
  • Salto de altura
  • Salto de lonxitude
  • Lanzamento de xavelina
  • Lanzamento de peso
Aprendimos algunha das reglas que rexen este deporte e tivemos a oportunidade de practicar algunha das disciplinas, que ben o pasamos!!!!  Moitísimas, moitísimas  grazas Jose!!!!

14 de febrero de 2016

OS PITIÑOS DE 5 ANOS ESTUDAN A VACA!!!!

Os pitiños de 5 anos estamos a aprender moitísimas cousas acerca das VACAS, algunhas delas moi sorprendentes!!! Aínda andamos metidos de cheo no estudo deste animal, pero deixamos aquí unhas cousiñas para que vaiades facendo boca.... 

O INVERNO PARA OS PITIÑOS DE 5 ANOS!!!!

BRRRRR que frío!!!!! Con este tempo tan invernal apetecíanos adicarlle tempo a facer traballiños propio desta estación do ano. Aquí deixamos unha pequena mostra da nosa labor:





7 de febrero de 2016

ENTROIDO OLÍMPICO!!!!

Que ben o pasamos convertidos en DEPORTISTAS!!! Decoramos o noso corredor, fixemos bandeiras e medallas,....e o venres organizamos a nosa FESTA OLÍMPICA!!! Recreamos a cerimonia de INAUGURACIÓN DOS XOGOS OLÍMPICOS e desfilamos polo noso Estadio para prender o PEBETERO coa CHAMA OLÍMPICA!!!!! Moitísimas grazas a todas as familias pola vosa colaboración!!! E agora mirade como gozamos:





E así foi como creamos as nosas bandeiras e medallas:



1 de febrero de 2016

XOGOS OLÍMPICOS

Para todos Os Pitiños que queirades aprender mais sobre OS XOGOS OLÍMPICOS, deixámosvos unhas actividades moi divertidas. Esperamos que vos gusten. Para xogar premede nas imaxes ou nas ligazóns.

https://dl.dropboxusercontent.com/u/48153930/OLIMPIADAS%202016/olimpiadas_2016.html





29 de enero de 2016

DÍA DA PAZ 2016!!!!

Hoxe celebramos o Día da Paz!!!! Que ben o pasamos!!! Fixemos a palabra PAZ, cantamos a canción de Paco Nogueiras "Apertas que Voan", miramos como os nenos de Primaria e os mestres daban unha inmensa aperta ao colexio e escoitamos  coma os nenos maiores tocaban a frauta e cantaban. Mirade, mirade:


28 de enero de 2016

MAÑÁ CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ!!!

Esta semana estivemos traballando e preparando cousiñas para  O DÍA DA PAZ!!! Este ano centrarémonos nas APERTAS. Para traballar este concepto miramos moitos cadros do pintor e escultor brasileiro  Romero Britto, aquí deixamos o enlace a súa páxina web para  que poidades aprender moitas cousas acerca deste artista e coñecer a súa magnífica obra:





Tamén traballamos coa canción de Paco Nogueiras "Apertas que Voan", deixamos aquí o video para que continuedes ensaiando.....



Ata mañá!!!!

25 de enero de 2016

INVESTIGANDO EN EQUIPO

En relación coa educación para a saúde e o coidado do corpo humano, os Pitiños de 4 anos empezamos a investigar sobre o deporte, e mais concretamente, sobre OS XOGOS OLÍMPICOS
Deste modo, comezamos polo TRABALLO EN EQUIPO, e decoramos a nosa porta cun reflexo do ESPÍRITO OLÍMPICO. Fixádevos ben no marcador, QUE SE AGOCHA? Esperamos con agarimo as vosas respostas, e tamén calquera obxecto, libro ou curiosidade que nos axude a aprender máis sobre os XOGOS OLÍMPICOS.