30 de abril de 2012

DEGUSTACIÓN DE ALIMENTOS DOCES E SALGADOS DOS PITIÑOS DE 3 ANOS!!!

Fixemos unha degustación de diferentes alimentos doces e salgados. Probamos  xamón,  queixo, olivas, patacas fritas, galletas, biscoito e crema (natillas). En xeral, os alimentos que máis nos gustaron foron os alimentos SALGADOS!!!

   PITIÑOS DE IRIA                                     PITIÑOS DE CHELO 
                          
                                 
                                     PITIÑOS DE MAICA
                                  

25 de abril de 2012

OS PITIÑOS DE 3 ANOS VAN A BIBLIOTECA!!!

Como nos gustou a visita a BIBLIOTECA MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS!!! Elena contounos moitos contos, e nos estivemos moi atentos!!!

   Pitiños de  Maica                                   Pitiños de  Iria
                       
                                Pitiños de Chelo
                            

OS PITIÑOS DE 3 ANOS FAN MUESLI!!!

Que ben o pasamos e canto aprendimos facendo MUESLI!!!! Para facer o noso muesli precisamos: MAZÁ, PLÁTANO, FRESA, CEREAIS E IOGUR NATURAL. Mirade todo o proceso:

   Pitiños de Chelo                           Pitiños de Iria                  
                      
                               Pitiños de Maica
                         

20 de abril de 2012

19 de abril de 2012

OS PITIÑOS DE 3 ANOS PLANTAMOS!!!

Estamos na Primavera, é todo está cheo de flores preciosas!!! Os pitiños de 3 anos plantamos TULIPÁNSLENTELLAS para festexar esta estación do ano tan bonita!!!

16 de abril de 2012

O PROMETIDO É DÉBEDA!!!

Temos unha débeda cos nosos pitiños de 5 anos....Estamos preparando a saída ao Planetario e están entusiasmados coa canción dos planetas, así que prometimos colgala no noso blogue. Vai por eles!!!

15 de abril de 2012

OS PITIÑOS DE 4 ANOS PLANTAN NA SÚA HORTIÑA!!!

As profes preparon a terra e agora tocábanos a nos plantar!!! Plantamos cebolo, porros, fabas, patacas e sementes de cenoria, leituga e ravo (rábanos). Mirade canto traballamos!!!



POESÍA E TRABALINGUAS DO MES DE ABRIL

Co fin de estimular a linguaxe oral dos nosos pitiños cada mes traballamos cunha poesía e cun trabalinguas. A partir de agora imos poñelos no blogue para que dende a casa podades facer uso deste recurso tan esencial.

Poesía para todos os pitiños:

CATRO PAXAROS
CRUZAN O MAR
O CUCO E MAIS A ANDURIÑA
A RULA E O PASPALLÁS

Trabalinguas para os pitiños de 4 e 5 anos:

A CARRETA DE CURRO
TEN UNHA RODA ROTA
UN RATO RUÍN ROEUNA TODA
AI, DA CARRETA DE CURRO!
AI, DA CARRETA SEN RODA!

OS PITIÑOS DE 4 ANOS VISITAN A POLICÍA NACIONAL!!!

Que ben o pasamos na COMISARÍA DE LONZAS!!! Cantas cousas aprendimos!!! O que máis nos gustou foi coñecer a cadela JANA e sobre todo poñer as luces e as sirenas nos coches patrulla!!!


AS PROFES DOS PITIÑOS DE 4 ANOS PREPARAN A HORTA!!!

Sagrario e Raquel, as profes dos pitiños de 4 anos, levan un tempiño preparando a horta para plantar nela algunhas cousiñas. Mirade canto traballaron xa...