24 de diciembre de 2014

CELEBRAMOS FIN DE ANO!!!!

Que ben o pasamos!!!! Comemos, cantamos, bailamos,....estamos super preparados para a noite máxica de fin de ano!!!! Esta foi a festa adiantada que tivemos no cole, mirade como gozamos!!!!




Decoración Nadaleña:

VISITÁNOS SERGIO, O OFTALMÓLOGO!!!

Tivemos a sorte de recibir a visita de Sergio, papá dos nosos pitiños  Pepe e Fernando. Ensinounos moitisimas cousas e moi interesantes!!! Foi unha visita xenial!! Moitísimas grazas Sergio!!!


12 de diciembre de 2014

A XOGARRRRR!!!!

Para ir facendo boca deixamos estes xogos nadaleños:

http://susananaveira.edu.glogster.com/nadal/


DECORAMOS AS NOSAS PORTAS!!!!

Achégase o Nadal así que andamos a voltas coa decoración nadaleña..... Mirade as nosas creacións:


VISITOUNOS PAPÁ NOEL!!!!!

Este martes visitounos Papá Noel!!!!! Que ben o pasamos!!! Entregámoslle as nosas cartas e o elfo de Papá Noel regalounos uns caramelos!!! Mirade as nosas cariñas.....

19 de noviembre de 2014

MÁIS XOGOS DO CORPO HUMANO!!!!

Aquí deixamos máis xogos do corpo humano, estes son máis axeitados para os pitiños máis grandes. Agardamos que vos gusten!!! A xogar!!!!


http://www.cajastur.es/clubdoblea/diviertete/juegos/elcuerpohumano.html


http://www.tudiscoverykids.com/juegos/cuerpo-humano/


http://nea.educastur.princast.es/repositorio/RECURSO_ZIP/1_ibcmass_u01_identidad/index.html

   http://www.educanave.com/sitemap_archivos/recursosparaaprenderelcuerpohumano.htm



18 de noviembre de 2014

XOGAMOS COAS CARAS!!!

Os pitiños estamos traballando co corpo humano, así que deixamos estes xogos para que creedes caras divertidas e orixinais!!! 







16 de noviembre de 2014

CELEBRAMOS O MAGOSTO!!!!

Este venres, día 14, celebramos o MAGOSTO!!! Unha pequena representación do grupo XACARANDAINA acompañounos neste data tan especial. Ensinaron os seus traxes e os seus instrumentos musicais, a GAITA, o TAMBOR e a PANDEIRETA e tocaron e bailaron para todos nos!!! As profes Sandra e Helga subiron ao escenario para bailar con eles, graciñas profes por esa demostración!! Despois chegou o momento de COMER CASTAÑAS, que ricas estaban!!! Mil grazas a todos por esta festa marabillosa, pasámolo moi, moi, moi ben:


11 de noviembre de 2014

PREPARAMOS O MAGOSTO!!!!

Agardamos con moita ilusión a FESTA DO MAGOSTO!!! Mentres tanto imos escoitando cancións, contos, etc. Aquí deixamos algunha cousiña para ir facendo gana:

Conto de Ana Martínez: A CASTAÑA QUE REBENTOU COA RISA




Cancións:


9 de noviembre de 2014

CELEBRAMOS HALLOWEEN!!!!

Na clase de Inglés celebramos o HALLOWEEN!!! Explicamos en que consiste e onde se celebra. Convertimos a Monkey nunha bruxiña. Mentres facíamos un xogo moi  doado cos sombreiros de bruxa ("1, 2, 3 pass the hat, please"), vimos un par de capítulos de "MEG AN MOG". Tamén cantamos e bailamos algunhas cancións. Todo isto entre outras cousiñas máis. Aquí deixamos unha pequena mostra das cousas que vimos:





7 de noviembre de 2014

ACHÉGASE O MAGOSTO!!!!!

ATENCIÓN!!! O próximo VENRES DÍA 14 celebraremos o MAGOSTO!!! Para gozar desta data tan especial temos que construir nas nosas casas este trebello. É moi doado!!! Precisamos dous envases de zume, leite, etc. cortados pola metade. Grampámolos e decorámolos ao noso gusto. So queda poñer un cordón de la para poder colgalo do pescozo. Nun envase botaremos as castañas e noutro botaremos as pelas. Así teremos as mans ben libres para COMER MOITAS CASTAÑAS e de paso non ensuciamos o chan!!! Se premedes na imaxe poderedes ver o proceso:

APARELLO DO MAGOSTO

2 de noviembre de 2014

CELEBRAMOS O SAMAÍN!!!!

Que ben o pasamos celebrando o SAMAÍN!!!!!! Fixemos caretas de cabazas, monstros, pintamos e decoramos cabazas e tamén fixemos unha MERENDA do Samaín!!! Convertimos plátanos en PANTASMAS e mandarinas en  CABAZAS!!! Tamén comemos galletas que eran SOMBREIROS DE BRUXAS, CABAZAS, PANTASMAS, MONSTROS, etc. Moitísimas grazas a todas as familias pola vosa colaboración!!! Feliz Samaín!!

28 de octubre de 2014

PASÁMOLO DE MEDO NO COLE!!!

Papás e mamás, como xa sabedes, estamos no tempo do SAMAÍN e precisamos a vosa axuda. Todos os pitiños, coa axuda dos nosos mestres, decoramos as portas das nosas aulas, contamos contos de medo que non dan medo ningún, comemos pastel de cabaza, falamos de montros que teñen catro ollos e tres orellas, etc. pero hai unha cousa que no cole non podemos facer.....ADORNAR CABAZAS.... por favor, podedes mandar algunha para a nosa exposición do cole?? Moitísimas grazas pola vosa colaboración.


De Collages
 
                       
Samaín

CHEGA O SAMAÍN!!!!!

Achégase o SAMAÍN así que esta semana é moi especial para todos nos. Estamos moi entusiasmados con esta data e gozamos a tope e rimos moito con  historias, contos, bailes e música propios do SAMAÍN!!!! Aquí  deixamos unha pequena mostra:

CONTO: A BRUXA REGAÑADENTES

 

CONTO: CORRE CORRE CABACIÑA 




CANCIÓN: CORRE CORRE CABACIÑA 



BAILE DOS ESQUELETOS



CANCIÓN: PATATÍN PATATÁN

16 de octubre de 2014

OS PITIÑOS DE 3 ANOS EMPEZAMOS NA ESCOLA

Os pitiños de tres anos empezamos este ano na escola. Estamos facendo moitos amigos e amigas, xogamos, cantamos moitas cantigas, lemos contos e aprendemos como organizarnos dentro da aula.

Sentámonos para falar, e pedimos a nosa quenda....


....xogamos e nos organizamos en recantos.....



...temos perchas para as nosas prendas....


....caixas para os nosos traballos...


....e fixemos manteis para merendar...


Aquí vos deixamos unha mostra de como o facemos:

8 de septiembre de 2014

COMEZA O NOVO CURSO!!! BENVIDOS/AS!!!


BENVIDOS E BENVIDAS!!!!!
Ola pitiños!! Todo o equipo de Educación Infantil quere darvos a benvida ao novo curso escolar. Agardamos que este sexa un ano fantástico para todos, cheo de ilusión e de ganas por aprender e medrar!!!!

25 de junio de 2014

FESTA FIN DE CURSO

Que ben o pasamos despedindo o curso escolar!!! E canto comemos!!!! Todas as profes desexamos aos nosos pitiños e as súas familias un BO VERÁN!!!! FELICES VACACIÓNS!!! e ata o curso que ven.




22 de junio de 2014

DESPEDIDA DOS PITIÑOS DE 5 ANOS

Os nosos pitiños de 5 anos fanse maiores...din adeus á etapa de Educación Infantil e OLA á etapa de Educación Primaria!!!! Noraboa a TODOS!!!! Aquí podedes ver como se despediron das súas profes, e lles fixeron entrega dun pequeno agasallo feito entre tod@s, así como as titoras fixeron entrega dos seus diplomas!!


OS PITIÑOS DE 4 ANOS FACEMOS MÁSCARAS AFRICANAS

Inspirados na cultura tradicional das tribus do centro de África, deseñamos cun prato de plástico e pintura de dedo unha máscara. Como podedes ver quedounos xenial. Que ben o pasamos pintando as píntegas!!!!
Aquí vos deixamos unha ligazón por se queredes investigar sobre mais modelos:





21 de junio de 2014

COMO É UNHA GAITA?

Os pitiños de 3 anos, estivemos observando, estudando e descubrindo como soa unha gaita, como se toca e de que partes se compoñe. Descubrimos que ten a lo menos 4 tubos, algúns desmóntanse, outro ten buratos, e outro ten unha chave, chámanse: PUNTEIRO, SOPLETE, RONQUETA E RONCO. Tamén aprendimos que o vestido da gaita chámase FOL, e que dentro ten aire; e que os adornos que dela colgan chámanse FARRAPOS. Que ben o pasamos, como tocamos e como bailamos!!!!!



TEATRO DOS PITIÑOS

Este xoves os pitiñ@s que asisten á actividade extraescolar de teatro, deleitáronnos cunha obra que trataba do lixo que os humanos deixamos nos bosques, e como os animais que nel habitan sofren as consecuencias. Fixéronno xenial e pasámolo moi ben!!!! Moitas grazas pola vosa participación, e en especial a profe de teatro polo marabilloso traballo.


 

16 de junio de 2014

OS PITIÑOS DE 4 E 5 ANOS VISITAN O MUSEO DE BELAS ARTES

Os Pitiños de 4 e 5 anos visitamos o MUSEO DE BELAS ARTES. Aprendimos moitas cousas e observamos: unha escultura dun xigante, o retrato da Raíña Mariana, o xeito de debuxar o vento, o cadro das Mariscadoras de Luís Seoane e o retrato de Dora Maar pintado por Pablo Picasso, entre outros moitos. Que ben o pasamos!!!!!




10 de junio de 2014

MERENDAMOS CON FROITA!!!

Grazas a participación do noso cole no PLAN PROXECTA, durante dúas semanas MERENDAMOS FROITA!!! A case todos os pitiños gústanos moito a froita, e repetimos en moitas ocasións porque a froita estaba riquísima!!!! A aqueles que non lle gustaba algunha froita fixeron un pequeno esforzo por probala. Comemos: PLÁTANO, AMORODO, SANDÍA, PERA, MAZÁ, ALBARICOQUE. Mirade como comemos:


Os pitiños cantamos e bailamos coas cancións das froitas!!! Mirade que marchosas:

EL TWIST DE LAS FRUTAS

EL BAILE DE LAS FRUTAS

LAS FRUTAS

Ademais de comer a froita aproveitamos esta experiencia para traballar os nomes das froitas, debuxar distintas froitas e tamén para pintalas:

8 de junio de 2014

OS PITIÑOS DE 3 ANOS VISITAN O MUSEO DE BELAS ARTES!!!

Os Pitiños de 3 anos visitamos o MUSEO DE BELAS ARTES. Aprendimos moitas cousiñas. Descubrimos os materiais con que están feitas algunhas esculturas, buscamos nos cadros os distitntos elementos que os compoñen, escoitamos un conto precioso diante do cadro das MARISCADORAS de Luis Seoane, coñecimos un cadro do famoso pintor Pablo Picasso, etc. Mirade que ben o pasamos:

30 de mayo de 2014

OS PITIÑOS DE 4 ANOS VAN AO PARQUE DE BOMBEIROS!!!!

Que ben o pasamos no PARQUE DE BOMBEIROS!!! Cantas cousas aprendimos co bombeiro Ricardo, botamos auga coa mangueira, puxemos a roupa dos bombeiros e ata fixemos un simulacro!!! Mirade, mirade:

Os pitiños de Pili:



 
Os pitiños de Marta:




Os pitiños de Rosa:


27 de mayo de 2014

OS PITIÑOS DE 4 ANOS VIAXAN A ÁFRICA!!!

Os pitiños de 4 anos estamos mergullándonos no continente africano. Imos aprender moitas cousiñas acerca deste marabilloso continente. Mirade cantos materiais trouxemos das nosas casas!!! Moitísimas grazas, de corazón, a todas as familias pola vosa colaboración!!!


OS PITIÑOS DE 4 ANOS E COCORICO!!!!

Os pitiños de 4 anos estivemos traballando no conto COCORICO. Aquí deixamos estes preciosos Cocoricos nos que traballamos moitísimo. Mirade que chulos quedaron, PICOTÍ, PICOTÁ HAI QUE RICO COCORICO......




E agora a bailar con COCORICO!!!!!

22 de mayo de 2014

OS PITIÑOS DE 3 ANOS DECORAMOS GALLETAS!!!!

Os pitiños de 3 anos fixemos de cociñeiros por un día e pasámolo xenial!!!! Estamos a traballar no conto OS TRES OSOS (RICIÑOS DE OURO) e a mamá de Martina ofreceunos a posibilidade de facer un OBRADOIRO DE GALLETAS. Deste xeito traballamos os tamaños: GRANDE, MEDIANO e PEQUENO.  Moitísimas, moitísimas, moitísimas grazas, foi para nos unha experiencia fantástica!!! Mirade que ben o pasamos decorando as nosas galletas con forma de pitiños:


APRENDIMOS A PINTAR CON VIQUI!!!

Viqui é unha aficionada á pintura que nos visitou co fin de ensinarnos un montón de cousiñas. Quedamos abraiados coa sua obra que puidemos ver con moito interese. Falounos acerca dos distintos tipos de pinceis que podemos empregar, das distintas cores e de como se mesturan, etc. Tamén nos explicou o importante que é pensar ben NA NOSA CABEZA o que queremos debuxar antes de comezar e tamén nos desvelou algún truco co que mellorar os nosos debuxos. Pero o mellor de todo é que nos fixo un cuadro (que rematará na súa casa porque non tiñamos máis tempo), que logo estará exposto no noso cole!!!! Mil grazas a Viqui por ensinarnos tantas cousas e tan interesantes. GRACIÑAS!!!


OS PITIÑOS DE 3 ANOS TRABALLAMOS CON VAN GOGH!!!!

Os pitiños de 3 anos levamos un tempo traballando con Vicent Van Gogh. Aprendimos moitas cousas da súa vida e, sobre todo, das súas obras. Aquí deixamos os nosos traballiños sobre: LA HABITACIÓN, LOS GIRASOLES, AUTORETRATO e LA NOCHE ESTRELLADA.

19 de mayo de 2014

FACEMOS UNHA TARTA

Os Pitiños de 4 anos convertímonos en pasteleiros e fixemos unha tarta que compartimos con todo o colexio. A nosa tarta tiña como ingredientes: crema de cacao e abelás, iogur con azucre, galletas e lambetadas. Que ben estivo a experiencia!!!! 



OS PITIÑOS DE 5 ANOS FOMOS Á BIBLIOTECA

Os pitiños de 5 anos fomos á Biblioteca Nodal Miguel González Garcés. Aprendimos que para o préstamo de libros precisamos un carné coa nosa foto. Tamén vimos libros con cores e formas diferentes, e cales son os mais axeitados para nosa idade (os da etiqueta azul). Gozamos moito, esperamos voltar para seguir lendo e poder viaxar coa nosa imaxinación!!!!

17 de mayo de 2014

DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!

Hoxe celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS!! O autor homenaxeado este ano é XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO. Premede na imaxe para poder aprender moitas cousiñas acerca del e tamén para xogar e pasalo fenomenal!!

http://seminariogalan.org/inicio/ver/248

Aquí vos deixamos unha mostra dos marcapáxinas que fixemos!!!!!

8 de mayo de 2014

VIOLONCELOS NO MARÍA PITA

O noso compañeiro Arsenio de 5º de Educación Primaria, ofreceunos un concerto no que interpretou diferentes obras de compositores rusos, como Tchaikovsky. Empregou un violoncelo moi antigo de polo menos 200 anos. Tamén o acompañou a súa familia, Iliá Keilín nas presentacións e violoncelo, e María Keilín no piano.  Moitas grazas!!!

A NOSA HORTA CONTINUA MEDRANDO!!!!

Mirade, mirade:


6 de mayo de 2014

EN ABRIL LEMOS MIL

Durante os mes de abril, e para celebrar o Día do Libro, adicamos moito tempo a ler. Concretamente, os pitiños de 5 anos profundizamos sobre o conto "Os Chibos Chibóns", representámolo, fixemos quebracabezas, inventámonos unha cantiga, entre outras moitas cousas.

24 de abril de 2014

FOMOS DE CONCERTO!!!!

Antes das últimas vacacións fomos de concerto ao Pazo da Ópera de A Coruña. Alí escoitamos o espectáculo "De aquí para alá", baseado nunha bolboreta viaxeira. Percorremos moitos países: Australia, Brasil, Cuba, entre outros. E tamén coñecimos moitos instrumentos: as claves, o acordeón, a calimba, etc. Pasámolo xenial e gustounos moito!!!

8 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO INFANTIL

O 2 de abril foi o Día do Libro Infantil. Para celebralo, Os Pitiños desfrutamos co conto "A Princesa do Courel". Ademáis de ter un decorado especial, aprendimos a cantiga que di así:

"Onde está, o anel
da princesa do Caurel?"


OS VOLCÁNS

Os rapaces e rapazas de 5º de Primaria amosáronnos como erupciona un volcán. Para o experimento precisamos: terra, vinagre, bicarbonato e pimentón. Encantounos, moitas grazas por vir! Aquí deixamos fotos da experiencia e unha ligazón ao vídeo e ao blog dos nenos e nenas de quinto: 




http://anosaclasedeprimaria.blogspot.com.es/2014/03/os-nosos-volcans.html

28 de marzo de 2014

O NOSO ACUARIO!!!!!

Queremos ensinarvos este fermosísimo vídeo que, con tanta ilusión, preparamos para todos vós. Nel podedes ver o proceso de construción do NOSO ACUARIO!!!!.

Como di Eduardo Galeano:

"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo".


27 de marzo de 2014

OS PITIÑOS IMOS AO AQUARIUM FINISTERRAE

Hoxe os pitiños de 5 anos fomos de excursión ao Aquarium Finisterrae da Coruña (Casa dos peixes). Alí observamos aos linguados, ás orellas, aos peixes paiaso, aos ovos de tiburón, ás cigalas, ás medusas, entre outros moitos. Tamén puidemos tocar a pel seca do melgacho, estrelas de mar e osos de balea. Gozamos moito co tiburón Gastón. Foi unha experiencia marabillosa!!! Queremos repetir!!!!

25 de marzo de 2014

OS PITIÑOS DE 4 ANOS DAN A BENVIDA A PRIMAVERA!!!!

Os pitiños de 4 anos celebramos a chegada da primavera pintando e plantando NARCISOS!!! Mirade que marabilla:




OS PITIÑOS DE 4 ANOS E A BALEA!!

Mirade canto aprendimos sobre a BALEA!!! E que libro máis bonito fixemos!!!

De Collages

OS PITIÑOS DE 3 ANOS E OS PEIXES!!

Os pitiños de 3 anos fixemos un libro chulísimo con todas as cousiñas que aprendimos sobre os peixes, aquí deixamos as fotografías para que poidades apreciar o noso traballo, agardamos que vos guste:


OS PITIÑOS DE 5 ANOS E OS PEIXES!!

Estamos a aprender moito acerca dos peixes, poderíamos decir que xa somos un pouquiño expertos na materia... Aquí deixamos algún dos moitos traballos que estivemos a facer, mirade, mirade: 


23 de marzo de 2014

OS PEIXES VISITAN O COLE II

Unha nova morea de peixes chegounos ao cole: PEIXE SAN PEDRO-SAMARTIÑO, XIBA, BARBADA, CHASOS, PEIXE AGULLA-ALPABARDA, PEIXE PAU, ALFÓNDIGA, REIS, DONCELAS, CABRA, LAMPREA, PEIXE SAPO, XARDA, BOCARTE-MOCARTE, LIRIO, OURIZO, SOLLA e ata a cabeza dun PEIXE ESPADA!!!!. Con todos eles fixemos unha pequena exposición e puidemos observar o seu tamaño, a súa textura, as branquias, as súas cores entre otras moitas cousas. A experiencia foi marabillosa.

21 de marzo de 2014

OS PITIÑOS DE 3 ANOS TRABALLAMOS NA HORTA!!!

Os pitiños e as profes de 3 anos xa comezamos a traballar na nosa HORTA. Este ano plantamos: LEITUGAS, XUDÍAS, CENORIAS e PATACAS. Agora debemos ter un pouquiño de paciencia e coidar moito a nosa horta para poder comer algunha das cousiñas que plantamos.


OS PITIÑOS DE 3 ANOS VISITAN A BIBLIOTECA MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS!!!

Os pitiños de 3 anos visitamos a BIBLIOTECA MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS. Aprendemos moitas cousiñas:
  •  Na biblioteca debemos gardar silencio.
  • Se temos o carné da biblioteca poderemos levar 5 libros para a nosa casa.
  • Os libros que podemos escoller para ler son os que teñen a etiqueta de cor AZUL.
  • Se temos algunha dúbida temos que preguntarlle á Bibliotecaria.
Mirade que ben o pasamos e cantos libros descubrimos grazas a Helena, a bibliotecaria:


18 de marzo de 2014

OS PEIXES VISITAN O MARÍA PITA

Hoxe tivemos un agasallo moi especial. A pitiña Paula, tróuxonos un CAZÓN, un MELGACHO, un PEIXE RAIA, un CABRACHO e unha ESTRELA DE MAR. Os pitiños de Educación Infantil, observámolos, tocámolos e ulímolos. Tamén fixemos unha pequena exposición para que todo o colexio de María Pita puidese disfrutalos. Moitas grazas a Paula e á súa familia. Gustounos  moito !!!!

8 de marzo de 2014

OS PITIÑOS E O REDEIRO "MIGUEL" SAÍMOS NO XORNAL

O pasado venres 28 de Febreiro Os pitiños e mais o "Redeiro Miguel" saímos na prensa, concretamente, no xornal La Opinión de A Coruña. Aquí deixámosvos o recorte.

6 de marzo de 2014

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA!!!!

Hoxe recibimos unha visita xenial e, sobre todo, MOI, MOI, MOI APETITOSA!!! Faláronos das conservas do mar e dos seus beneficios. Cada un de nos tivo a oportunidade de elixir os ingredientes para facer un riquísimo bocata!!!
Aquí deixamos as fotos da nosa merenda e tamén o enlace á páxina web PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA, onde atoparades consellos do chef, unha morea de ideas para facer exquisitos bocatas,  xogos, e moitas cousas moi interesantes:






28 de febrero de 2014

OS PITIÑOS ESTAMOS DE ENTROIDO MARIÑEIRO

Este Entroido 2014 todos os pitiños e as pitiñas disfrazámonos de pescadores e pescadores. Tivemos moita sorte, o tempo acompañou para poder saír ao mar coa nosa chalupa!!!. Puidemos coller sardiñas, peixes sapo, ollomols, pescadas e tamén ata luras. Que ben o pasamos!!!! Aquí vos deixamos as fotos das nosas capturas.



27 de febrero de 2014

HOXE VISITOUNOS O REDEIRO MIGUEL!!!!

Hoxe visitounos Miguel, o avó REDEIRO, da nosa pitiña Antía. Contounos moitísimas cousas acerca das redes, dos distintos tamaños que poden ter, do seu material, das distintas agullas para construílas e amañalas, etc. Escoitamos con moito interese e aprendimos un montón de cousiñas!!!! Moitísimas grazas Miguel!!!!! Un bico.


22 de febrero de 2014

A FARMACIA DO MAR

Os Museos Científicos Coruñeses están de estrea: "A FARMACIA DO MAR",  seu primeiro libro interactivo. Deixámosvos a seguinte ligazón para quen queira consultalo ou baixalo de xeito gratuíto: http://bit.ly/OkYhUX

PREME NAS IMAXES E NAVEGARÁS A PÁXINAS MOI INTERESANTES!!!!
http://mc2coruna.org/emuseo/?woo_extras=la-farmacia-del-mar

SEPIAS: UNHA HISTORIA NATURAL

http://mc2coruna.org/emuseo/?woo_extras=sepias-una-historia-natural 

NACEMENTO DUN TIBURÓN

http://mc2coruna.org/emuseo/?woo_extras=nacimiento-de-un-tiburon

CRÍA DO PINTO

 http://mc2coruna.org/emuseo/?woo_extras=cria-del-pinto-o-maragota

16 de febrero de 2014

ESTUDAMOS A ANATOMÍA DO PEIXE

Os pitiños de 3 anos tivemos unha sorpresa, e é que estudamos a anatomía do peixe. Descubrimos que respira polas branquias, observamos o seu interior e tocamos a súas escamas. Foi moi divertido!!!


OS PITIÑOS DE 4 ANOS IMOS Á PEIXERÍA

Os pitiños de 4 anos visitamos as Peixerías do Mercado Municipal de Abastos de Elviña. Alí nos ensinaron unha pescada e outras especies de peixes. Quedamos moi impresionados de como ulía!! Tamén visitamos outros postos, como a carnizaría ou a queixería. Gustounos moito!!!!

INVESTIGAMOS SOBRE O MAR

Os pitiños de 5 anos investigamos sobre UN MAR DE PEIXES. Lemos moitos libros e descubrimos cousas impresionantes sobre os animais acuáticos. Tamén falamos das nosas mascotas e acordamos que nos gustaría saber. Estamos moi ilusionados!!!!!

VISITAMOS A BIBLIOTECA

Os pitiños de 4 anos visitamos a Biblioteca González Garcés, alí lemos moitos libros moi bonitos e pasámolo moi ben. Tamén fumos á Biblioteca do noso colexio e aprendimos onde atopar os nosos libros.

28 de enero de 2014

DÍA DA PAZ!!!

O próximo xoves día 30 celebramos o DÍA DA PAZ!!! Aquí deixamos algúns contos, cancións, xogos, e outros recursos cos que andamos a traballar estes días nas aulas:

                          



                              

                              

                              

                              

27 de enero de 2014

CHEGAN OS NOSOS PEIXES!!!

Xa temos MASCOTA!!! Nas nosas aulas temos peixes de TRES COLAS, de cor laranxa, preciosos!!! Estamos aprendendo a coidalos, temos que darlles de comer, cambiarlle a auga e tratalos moi ben. Así que presentamos a:  PANCHITO, NEMO, PICHURRI, LINDO, DORADO e PACHI:


16 de enero de 2014

OS PITIÑOS DE 5 ANOS COMEZAMOS A ESTUDAR "UN MAR DE PEIXES"

Ola!!! Aquí vos deixamos a cantiga do "Cabaliño de mar", que estamos a aprender durante esta semana. Tamén tedes un titorial de como podelo debuxar.





15 de enero de 2014

XOGANDO CON BONECOS DE NEVE!!!

Podedes xogar a construir bonecos de neve ou xogar a vestilos de mil maneiras diferentes con estes xogos que deixamos a continuación:


Boneco de neve

Vestir Boneco de neve

Vestir Boneco de neve

Vestir Boneco de neve

CHEGOU O INVERNO!!! O INVERNO DE VIVALDI!!

Aquí deixamos este precioso video que fala sobre a chegada desta nova estación, O INVERNO, cunha música ben bonita do compositor Antonio Vivaldi:

O INVERNO XA CHEGOU E FRÍO NOS DEIXOU

Unha nova estación xa chegou!!!! Aquí vos deixamos unha serie de actividades, xogos e debuxos relacionados co inverno. Esperemos que vos gusten, desfrutade a tope!!!

 BONECO DE NEVE PARA PINTAR
 
http://fiestas.dibujos.net/navidad/muneco-de-nieve-con-escoba.html

ABRIGÁMONOS EN INVERNO

http://centros.edu.xunta.es/ceipdepazos/Ana/LIM/INVERNO/inverno.html