18 de diciembre de 2015

CELEBRAMOS FIN DE ANO!!!!!

Que ben o pasamos!!!! Comemos, cantamos, bailamos,....estamos super preparados para a noite máxica de fin de ano!!!! Esta foi a festa adiantada que tivemos no cole, mirade como gozamos!!! Tamén queremos desexarvos a tod@s que pasedes unhas FELICES FESTAS!!!!!


17 de diciembre de 2015

PANXOLIÑA TURRÓN E MAZAPÁN!!!

Estamos aprendendo esta panxoliña de nadal para a festa que imos celebrar maña!!!




 Tamén vos deixamos esta outra que fala dos Pitiños. Esperamos que vos guste!!!!


ACTIVIDADES NADALEÑAS

Durante os últimos días estivemos decorando a nosa escola con motivos típicos desta época do ano. A continuación podedes ver que manualidades realizamos e como nos quedaron. Esperamos que sexan do voso agrado. Felices Festas!


16 de diciembre de 2015

QUEREDES FALAR CON PAPÁ NOEL OU COS REIS MAGOS?????

Aquí deixamos a ligazón para todos os pitiños que desexen falar tanto con PAPÁ NOEL coma coas súas maxestades os REIS MAGOS. Seguro que tedes moitísimas cousas que contarlles e eles precisan saber de vos para anotar ben os agasallos que encargades. Que emoción!!!! Premede na imaxe:


XOGAR NO NADAL !!

Para ir facendo boca deixamos estes xogos nadaleños:


http://susananaveira.edu.glogster.com/nadal/


OS PITIÑOS DE 4 ANOS INVESTIGAMOS SOBRE O CORPO HUMANO

Durante todo este trimestre, os Pitiños de 4 anos estivemos a investigar sobre O CORPO HUMANO. Foron moitas as experiencias que tivemos ao respecto, entre elas: iniciámonos na robótica e na realidade aumentada, reflexionamos sobre as expresións e emocións, construímos un esquelete, observamos, ulimos e experimentamos sobre o noso corpo, tivemos visitas de profesionais sanitarios, consultamos libros, etc. Para que teñades unha idea de como foi deixámosvos unha serie de fotografías, así como un pequeno video. (Moitas grazas a Sergio Tannus por deixarnos empregar, de xeito desinteresado, a súa cantiga "Eu tenho un corpo"-Alegría)
Alén diso, para o próximo trimestre continuaremos coas nosas investigacións, tanto sobre O CORPO HUMANO, como no ámbito da EDUCACIÓN PARA A SAÚDE, e da EDUCACIÓN PARA O DEPORTE (Olimpiadas 2016).


13 de diciembre de 2015

OS PITIÑOS DE 5 ANOS VAN AO TEATRO

Os pitiños de 5 anos fomos ao teatro. Asistimos á obra titulada FABOO, a cal, levou varios premios: Premio FETEN 2015 e Premio ao mellor espectáculo no VI Festival Internacional de Teatro de Zaragoza. Gustounos moito, e aprendimos un cento de cousas. Aquí deixámosvos unha mostra de como foi a nosa experiencia, así coma unha ligazón á páxina web do espectáculo.

http://fabooshow.com