25 de junio de 2013

DESPEDIDA DOS PITIÑOS DE 5 ANOS!!!!

Os nosos pitiños de 5 anos fanse maiores...din adeus á etapa de Educación Infantil e OLA á etapa de Educación Primaria!!!! Noraboa a TODOS!!!! Aquí podedes ver como se despediron do seu mandilón gardandoo para sempre e como as titoras fixeron entrega dos seus diplomas!! Mirade, mirade:


FESTA DE FIN DE CURSO!!!!

Q ue ben o pasamos despedindo o curso escolar!!! E canto comimos!!!! Todas as profes desexamos aos nosos pitiños e as súas familias un BO VERÁN!!!! FELICES VACACIÓNS!!!

18 de junio de 2013

17 de junio de 2013

16 de junio de 2013

OS PITIÑOS DE 4 ANOS VISITAN OS BOMBEIROS!!!

Que ben o pasamos no PARQUE DE  BOMBEIROS!!!! Cantas cousas vimos e canto aprendimos, por exempo,  xa sabemos como temos que actuar en caso de incendio, a ver se alguén recorda....
Deixaronnos vestir coma os bombeiros, montar nos seus camións, ata puidemos mirar pola CÁMARA TÉRMICA!!!  Pero o que máis nos gustou foi ver en acción o CAMIÓN ESCALEIRA e BOTAR AUGA coa mangueira dos bombeiros!!! Moitísimas grazas ao bombeiro RICARDO polo súa marabillosa labor e pola súa paciencia, GRAZAS RICARDO!!


14 de junio de 2013

O MUNDO MARINO DOS PITIÑOS DE 5 ANOS!!!

Fixemos un abecedario de animais marinos, pero non fomos quen de completar todas as letras do abecedario...a ver se na casa se vos ocurre algunha...
Tamén fixemos unha tarxeta de tiburón, que nos quedou chulísima, un crucigrama, e un mural con peixes, medusas e cangrexos!!! E, por suposto, descubrimos un montón de curiosidades acerca do mundo marino que nos sorprenderon moito!!!!Canto aprendimos!!!


LIBRO DE ANIMAIS VERTEBRADOS E INVERTEBRADOS!!!!

Con todas as cousiñas que aprendemos dos ANIMAIS VERTEBRADOS e INVERTEBRADOS fixemos un libriño, que agora forma parte da  biblioteca de cada  aula.   Ensinmosvos un deles a ver se vos gusta:


DACTILOPINTURA!!!!

Os pitiños de 4 e 5 anos están a traballar temáticas relacionadas con animais. Os de 4 anos traballan ANIMAIS VERTEBRADOS E INVERTEBRADOS e os de 5 anos o MUNDO MARINO. Por iso quixemos facer coas nosas mans estes animais a ver que vos parece:


De Collages


5 de junio de 2013

VISITA Á CASA DOS PEIXES!!!!

Que ben o pasamos!!! Canto gozamos e canto aprendimos!!! Ata lle demos de comer ás FOCAS!!!! Mirade, mirade:

2 de junio de 2013

OS PITIÑOS DE 5 ANOS PREPARAN A SÚA VISITA Á CASA DOS PEIXES!!!!

Xa queda moi pouquiño para a nosa ansiada visita á   CASA DOS PEIXES!!! Para saber máis estivemos mirando a páxina do AQUARIUM FINISTERRAE, onde temos a oportunidade de ver moitísimas cousas, por exemplo, coñecer a sala Nautilus e Maremagnum, coñecer a Gastón, tamén podedes ver como lle dan a comida as focas en directo, etc. Aquí deixamos o enlace:


Pero a nos o que máis nos gustou foi o seguinte, en primeiro lugar, coñecer ao tiburón toro do aquarium GASTÓN!!!!



En segundo lugar ver como nacen DO VENTRE DO PAI os CABALIÑOS DO MAR:



En terceiro lugar chamounos a atención a intelixencia dos POLBOS:



E por último sempre nos gusta ver os PEIXES PALLASO e os PEIXES CIRURXIÁN, que son preciosos. Por certo, deixamos tamén aquí o video das crías dos PEIXES PALLASO do aquarium, a ver canto crecen ata o martes:




1 de junio de 2013

OS PITIÑOS DE 4 ANOS ESTUDAN OS ANIMAIS VERTEBRADOS E INVERTEBRADOS!!!

Estamos aprendendo moitas cousas acerca dos ANIMAIS VERTEBRADOS E INVERTEBRADOS. Aquí deixamos algún dos videos cos que traballamos:




Neste enlace tamén podedes coñecer máis cousiñas acerca dos animais. Podedes atopar aos diferentes animais segundo o lugar no que viven: no mar,  na montaña, nas rexións polares, etc.


E nos seguintes enlaces tamén poderedes continuar aprendendo...esta vez con estes xogos tan divertidos, mirade, mirade:




Tamén queremos dicir que estamos aprendendo esta simpática poesía, xa case a sabemos:

COCO, COCO COCODRILO
EN EL RÍO ESTÁ TRANQUILO
ELE, ELE, ELEFANTE
EN LA TROMPA LLEVA UN GUANTE
SALTA, SALTA, SALTAMONTES
SALTA MUCHO Y NO SE ROMPE
MARI, MARI, MARIPOSA
VEN QUE TE DIGA UNA COSA
SSSSSSSSSSSSSSSSSSSSS