24 de diciembre de 2018

FELICES FESTAS!!!

A continuación, deixámosvos unha mostra de como foi a nosa especial celebración de FIN DE ANO, así como, algún que outro xogo de Nadal, dos cales, poderedes gozar durante as vacacións. Esperemos que vos gusten, premede nas imaxes ou nas ligazóns para acceder ás fotos e xogos


Moitas grazas a todas as familias pola vosa marabillosa colaboración!!!


Felices festas e Feliz Ano Novo 2019!!!

Para ver as fotos, preme aquí ou na imaxe








14 de diciembre de 2018

FOMOS DE VISITA AO AQUARIUM FINISTERRAE

Fomos de visita ata o Aquarium Finisterrae de A Coruña. O noso obxectivo foi observar e aprender sobre as especies que son inimigas dos pingüíns, como é o tiburón ou a foca leopardo. A nosa guía mariña explicounos cantas filas de dentes teñen os tiburóns e que non deixan de fabricalos durante toda a súa vida. Tamén observamos a alimentación das focas do Aquarium, que neste caso, eran da especie, "foca común ou vitulina". Pasámolo xenial, ata fixemos un pícnic!,  e no autobús vimos un filme de pingüíns!. 

Para ver como foi a experiencia preme na imaxe ou aquí.


9 de noviembre de 2018

MAGOSTO 2018!!!!

ATENCIÓN!!! O próximo VENRES DÍA 16 celebraremos o MAGOSTO!!! Para gozar desta data tan especial temos que construir nas nosas casas este trebello. É moi doado!!! Precisamos dous envases de zume, leite, etc. cortados pola metade. Grampámolos e decorámolos ao noso gusto. So queda poñer un cordón de la para poder colgalo do pescozo. Nun envase botaremos as castañas e noutro botaremos as pelas. Así teremos as mans ben libres para COMER MOITAS CASTAÑAS e de paso non ensuciamos o chan!!!
Se premedes na imaxe poderedes ver o proceso:

https://www.dropbox.com/s/y3mqdan76dghaqp/Magosto.doc?dl=0


Podedes traer os CASTAÑEIROS a partir do LUNS 12 para formar parte da exposición que haberá no vestíbulo do centro. 

23 de octubre de 2018

OS NOV@S PITIÑ@S XA ESTAMOS NO COLE


Pouco a pouco fómonos adaptando ás rutinas: facer unha fila, ir ao baño, merendar…
Ademais xa coñecemos os espazos: os recantos das aulas, o patio, a biblioteca, a aula de psicomotricidade,etc.

Agora xa estamos moi content@s e desexando aprender e desfrutar moito desta nova etapa.

Premede na imaxe ou na ligazón para ver como foi a nosa experiencia.



6 de septiembre de 2018

ESTAMOS DE VOLTA!!!


BENVIDOS E BENVIDAS!!!!!

Ola pitiños!! Dentro duns poucos días comenzaremos a escola e todo o equipo de Educación Infantil quere darvos a benvida ao novo curso escolar. Agardamos que este sexa un ano fantástico para todos e todas, cheo de ilusión e de ganas por aprender e medrar!!!!

25 de junio de 2018

FIN DE CURSO!!!!

Chegamos ao remate deste curso e despedímolo cunha merenda, bailes, cancións e moitos xogos!!! Pasámolo fenomenal!!! Agora toca desfrutar a tope do verán!! Premede na imaxe para ver as fotografías:


20 de junio de 2018

As profesoras dos nosos pitiñ@s maiores procederon á INVESTIDURA do seu alumnado que remata a Educación Infantil. Para ser nomead@s CABALEIROS e CABALEIRAS  tiveron que prometer cumprir todos aqueles requisitos imprescindibles para ir a Primaria: deixar o mandilón na casa, coidar e querer aos seus compañeir@s, lembrar con cariño ás súas profes de Infantil, etc. Foi un día marabilloso que non esquecerán nin @s nen@s nin as súas profes!! Premede na imaxe para ver as fotografías:

 INVESTIDURA!!

18 de junio de 2018

CASTELO DE VIMIANZO!!

Por fin chegou!! O martes 12 de xuño fixemos a nosa saída ao Castelo de Vimianzo. Observamos algunhas das súas partes: Patio de armas, Torre da homenaxe, etc.
Premede na imaxe para ver as fotografías:


Visitamos aos nen@s do Colexio Nosa señora do Rosario!!

Que experiencia tan enriquecedora!! O día 13 fomos cantar c@s alumn@s do colexio Nosa Señora do Rosario. Interpretamos o retrouso en lingua de signos!! Temos que agradecerlles esta oportunidade e o seu magnífico recibimento. Premede na imaxe para ver as fotografías:


EDUCACIÓN VIAL!!!

Disfrutamos dunha sesión de Educación Vial no noso cole. Conducindo Karts aprendemos o significado dalgúns sinais de tráfico. Pasámolo fenomenal!!! Premede na imaxe para ver as fotografías:


10 de junio de 2018

OS PITIÑOS DE 4 ANOS VISITAMOS A GRANXA O CANCELO

Que ben o pasamos na granxa O Cancelo!! Estivemos moi preto das vacas e puidemos tocar aos becerriños!! Tivemos oportunidade de visitar a sala de ordeño e aprendemos un montón de cousas, coma por exemplo, que as vacas soamente teñen dentes na parte superior. Por último, degustamos batidos e xeados riquísimos!!! Premede na imaxe para poder ver as fotografías da nosa marabillosa excursión:

 Granxa O Cancelo


1 de junio de 2018

SUSANA SEIVANE VISITA A NOSA ESCOLA

Con motivo do desenvolvemento do proxecto TRIPULANDO A IGUALDADE, polo que recibimos o Premio Concepción Arenal da Deputación da Coruña, SUSANA SEIVANE, achegouse á nosa escola. O noso obxectivo, entre outros, é dar visibilidade a mulleres pioneiras e ilustres de diferentes ámbitos, e fomentar así a Igualdade de Xénero. Con ela, aprendimos cancións populares, coñecimos mais a fondo a gaita galega e profundizamos sobre a súa traxectoria profesional. 

Se queredes ver como foi o encontro premede na imaxe ou na ligazón:




11 de mayo de 2018

IMOS DE RUTA URBANA

As nenas e nenos mais pequenos da escola, fomos de Ruta Urbana ao Parque de Santa Margarida. Aprendimos a coidar  e a manter limpo o parque, así como, a gozar da natureza e realizar expresións artísticas coa mesma. A continuación amosámosvos como foi a experiencia, premede na imaxe ou na ligazón:



23 de abril de 2018

23 de Abril-CONTAMOS IGUALDADE

Con motivo do DÍA DO LIBRO compartimos con todas as familias unha compilación de contos que traballan e tratan sobre a Igualdade de Xénero. Esperamos que vos gusten!!!!





22 de abril de 2018

IMOS AO CONCERTO "PEQUENO CIRCO AMBULANTE"

O alumnado mais pequeno da nosa escola foi por primeira vez de excursión. Achegámonos ata o Palacio da Ópera da Coruña e escoitamos o concerto "Pequeno Circo Ambulante" do programa "Son Futuro". Pasámolo moi ben e gozamos moito. 

Podedes premer na imaxe ou na ligazón e veredes como nos foi.



18 de abril de 2018

FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE!!!

Que magnífico colofón ao noso Proxecto de Arte!! Canto nos gustou esta visita e cantas cousas aprendemos!! Coñecemos a PEDROLO e tivemos oportunidade de visitar o seu fogar e os seus costumes. 
Premede na imaxe para ver as fotografías da visita:

 Fundación María José Jove

13 de abril de 2018

PALACIO DE LA ÓPERA: PEQUENO CIRCO AMBULANTE!!

Que ben o pasamos no Palacio da Ópera!!! Encantounos o concerto!! Bailamos, cantamos e tamén escoitamos e miramos  con atención todas as actuacións deste marabilloso circo. Deixamos aquí a ligazón da Guía didáctica para que recordedes os temas que interpretaron para nós: https://sonfuturo.wordpress.com/2018/03/22/guia-didactica-pequeno-circo-ambulante/

Premede na imaxe para ver as fotografías:

 Pequeno Circco Ambulante

11 de febrero de 2018

ENTROIDO 2018!!!

Canto gozamos, canto bailamos, canto rimos, pasámolo fenomenal na nosa festa do ENTROIDO!!!
Na nosa celebración tiñamos: Doutores e doutoras, policías, bombeiros e bombeiras, veterinarias e veterinarios e até o mismísimo Vincent Van Gogh!!! 
De corazón, moitísimas grazas a todas as familias pola vosa extraordinaria colaboración!!!
Premede na imaxe para ver as fotografías:

Entroido2018