22 de diciembre de 2011

Se pinchades neste enlace poderedes gozar cuns xogos que preparei para todos vos. Espero que o pasedes moi ben!!!

14 de diciembre de 2011

10 de diciembre de 2011

VISITOUNOS O CARTEIRO REAL!!!

Que alegría!!! Que ilusión!!! Todos os PITIÑOS DO MARÍA PITA tivemos a oportunidade de entregar a nosa carta ao CARTEIRO REAL!!! E as profes tamén!!



OS PITIÑOS DE 4 ANOS DECORAN UNHA ÁRBORE DE NADAL CON PLANETAS!!!

Xa chega o Nadal!!! Así que decoramos esta bonita árbore de Nadal con Planetas!!! Que boa idea tivemos!!!

OS PITIÑOS DE 3 ANOS DEBUXAN A PAPA NOEL!!

Pintamos a nosa man con pintura branca para facer a barba, pegamos un gorriño vermello, unhas pegatinas e ...... PAPA NOEL listo!!! 

OS PITIÑOS DE 4 ANOS FAN CONSTELACIÓNS!!

Cantas cousas estamos aprendendo!!! Xa coñecemos a OSA MAIOR  e a OSA MENOR!!! Mirade, mirade....

5 de diciembre de 2011

OS PITIÑOS DE 5 ANOS CONSTRÚEN CASAS!!!

Como remate do noso estudo das casas construimos unha casa e un edificio con caixas de cartón!!! Mirade que ben nos quedaron!!

OS PITIÑOS DE 3 ANOS DECORAN CASIÑAS

Traballamos moitísimo para decorar estas casiñas. Primeiro rasgamos e cortamos moitos papeliños de cores e despois pegámolos con moito coidado. Mirade que casiñas tan preciosas!!

OS PITIÑOS DE 4 ANOS RECOLLEN FOLLAS E DESCUBREN COGOMELOS!!

Estivemos recollendo follas para facer un traballiño na nosa aula. O mellor de todo foi que atopamos COGOMELOS!!! Vaia sorpresa!!

OS PITIÑOS DE 5 ANOS DEBUXAN FACHADAS

Debuxamos fachadas de casas e tamén fixemos casas con plastilina nas nosas mesas, que bonitas quedaron!!

23 de noviembre de 2011

OS PITIÑOS DE 4 ANOS VISITAN O PLANETARIO E A CASA DAS CIENCIAS!!

Visitamos o Planetario, onde ESTRELIÑA FUGAZ contounos unha historia moi interesante. Tamén visitamos a Casa das Ciencias e aprendimos moitísimas cousas!! Que ben o pasamos!!

10 de noviembre de 2011

OS PITIÑOS DE ROSA DECORAN UNHA CABAZA!!

Primeiro baleiramos as cabazas, despois secámolas con abundante papel e, por último, coa axuda da profe, decorámolas!!! Mirade o resultado!!

CHEGOU O SAMAÍN!!!!


Que ben o pasamos coa chegada do SAMAÍN!! Que medo!! Visitounos un fantasma, que rematamos comendo, que RICO estaba!! Moitas grazas a todas as familias que colaboraron nesta data tan especial para nos!!

OS PITIÑOS DE 5 ANOS DEBUXAN UN ESQUELETO!

Estamos estudando o CORPO HUMANO, así que, que mellor maneira de aprender os osos que facendo un esqueleto. Un de nos fixo de modelo, polo que o esqueleto está feito a tamaño NATURAL!! Mirade que ben nos quedou!!

O OUTONO COS PITIÑOS DE CHELO

Coñecimos as froitas e froitos típicos desta época do ano, e fixemos unha macedonia riquííííísima! Grazas a todas as familias pola vosa colaboración!

OS PITIÑOS DE 3 ANOS COÑECEN A RAÍÑA A

9 de noviembre de 2011

OS PITIÑOS DE MARTA COÑECEN O COLEXIO!

Os pitiños de Marta foron de excursión polo colexio, co fin de coñecer todas as instalacións do centro, tanto as interiores como as exteriores. Visitamos o comedor, a biblioteca, o ximnasio, etc. Que ben o pasamos!




Todo o equipo de Educación Infantil do CEIP MARÍA PITA, quere darvos a benvida a este novo espazo onde compartiremos traballos, experiencias, actividades, ...do noso alumnado, os PITIÑOS DO MARÍA PITA.