22 de abril de 2015

OS PITIÑOS DE 4 E 5 ANOS FOMOS DE CONCERTO!!!

Os pitiños de 4 e 5 anos fomos ao PALACIO DA ÓPERA  a escoitar un CONCERTO DE JAZZ, que levaba por título: JAZZ ANIMADOS. A través dos debuxos animados de 101 DÁLMATAS, MONSTRUOS S.A., LOS SIMPSONS, LOS ARISTOGATOS, EL LIBRO DE LA SELVA, LOS PICAPIEDRA, LA PANTERA ROSA, etc. e da mascota JAZZI, coñecimos as características do JAZZ e dos instrumentos máis representativos deste estilo de música. Aprendimos moitas cousiñas e pasámolo xenial!!! Mirade tamén os nosos debuxos:


19 de abril de 2015

OS PITIÑOS DE 4 ANOS FOMOS AO TEATRO!!!

Os pitiños de 4 anos fomos ao Forum Metropolitanos a ver unha obra de teatro que levaba por título: ME DUELE EL CAPARAZÓN. Neste espectáculo infantil afróntase con humor en tenrura, os medos que os cativos teñen arredor da medicina. Gustounos moitísimo!!!! Mirade que ben o pasamos!!


OS PITIÑOS DE 5 ANOS FOMOS ÁS RUTAS URBANAS ANIMADAS!!!!

Os pitiños de 5 anos saímos de excursión coas Rutas Urbanas Animadas!!!! Fomos aos Xardíns de Méndez Núñez. Esta Ruta Urbana leva o nome de: UN MUSEO AO AIRE LIBRE,  e lévase a cabo na zona onde está o monumento de Curros Enríquez. Aprendimos moitas cousas deste escritor así coma tamén da historia da nosa cidade a través de xogos e de actividades moi interesantes!!! Pasámolo xenial!!! Mirade, mirade:


OS PITIÑOS DE 3 ANOS FOMOS ÁS RUTAS URBANAS ANIMADAS!!!

Que ben o pasamos os pitiños de 3 anos nas Rutas Urbanas Animadas!!! Fomos ao  PARQUE DE SANTA MARGARITA!!! Aprendimos moitísimas cousas, os momes das árbores e dos seus froitos, a reciclar o lixo, características das estacións do ano, etc...Fixemos moitas actividades, convertímonos en investigadores en busca de follas, plantas e froitos e pasámolo xenial!!! Foi unha magoa que non tivesemos tempo para subir ao muíño....así que temos que volver!!!