23 de diciembre de 2017

CELEBRAMOS FIN DE ANO!!!

Xogamos, cantamos, bailamos, comemos,...que ben o pasamos celebrando a despedida do ano!!!
Moitísimas grazas a todas as familias pola vosa colaboración!!
Todo o equipo de Educación Infantil deséxavos FELICES FESTAS!!!!
Premede na imaxe para ver as fotografías:

Festa Fin de Ano 2017

15 de noviembre de 2017

ACHÉGASE O MAGOSTO

ATENCIÓN!!! O próximo VENRES DÍA 24 celebraremos o MAGOSTO!!! Para gozar desta data tan especial temos que construir nas nosas casas este trebello. É moi doado!!! Precisamos dous envases de zume, leite, etc. cortados pola metade. Grampámolos e decorámolos ao noso gusto. So queda poñer un cordón de la para poder colgalo do pescozo. Nun envase botaremos as castañas e noutro botaremos as pelas. Así teremos as mans ben libres para COMER MOITAS CASTAÑAS e de paso non ensuciamos o chan!!!
Se premedes na imaxe poderedes ver o proceso:

https://www.dropbox.com/s/djreekergjb4jzj/Magosto.doc?dl=0

Podedes traer os CASTAÑEIROS a partir do LUNS 20 para formar parte da exposición que haberá no vestíbulo do centro.

2 de noviembre de 2017

OS PITIÑOS DE 4 ANOS IMOS AO TEATRO!!!

Canto nos gustou esta obra de teatro: RETAHILANDO!!  Portámonos moi ben, estivemos moi atentos e participamos, cantando e dando palmas, cada vez que tiñamos que facelo. Foi moi divertido!! Premede na imaxe para ver as fotos:

Fotos Forum. Retahilando.

1 de noviembre de 2017

SAMAÍN 2017!!!

Que ben o pasamos cos nosos monstros!! Desexamos a todos os nosos pitiños un FELIZ SAMAÍN!!! Premede na imaxe para poder ver as nosas terroríficas caras.....

Fotos Samaín 2017

14 de octubre de 2017

VISITA Á GRANXA O CANCELO!!!

Os nosos pitiños de 5 anos visitaron a Granxa o Cancelo. Moitos deles nunca viran un vaca tan de cerca. Todos comentaban o gordiñas que estaban, preguntando unha e outra vez se "tiñan un becerriño na barriga". A monitora quedou encantada porque os nosos pitiños lembraban todo o que Óscar, o veterinario, lles contara o curso pasado. Menuda memoria teñen os nosos pitiños!! Ben merecidos eses xeados riquísimos que tomaron ao rematar a visita!!
Premede na imaxe para ver o ben que o pasamos na granxa:

Granxa O Cancelo

7 de septiembre de 2017

DE VOLTA Á ESCOLA!!!


BENVIDOS E BENVIDAS!!!!!

Ola pitiños!! Todo o equipo de Educación Infantil quere darvos a benvida ao novo curso escolar. Agardamos que este sexa un ano fantástico para todos e todas, cheo de ilusión e de ganas por aprender e medrar!!!!

26 de junio de 2017

FESTA FIN DE CURSO 2017!!!

Premede na imaxe para ver o ben que o pasamos na despedida deste ano escolar!! Agora chega o verán....FELICES VACACIÓNS a todos os nosos pitiños!!!

https://goo.gl/photos/aXVpAeeEUuET1e5bA

23 de junio de 2017

EXPERIMENTOS EN 3 ANOS!!!

Cantas cousiñas aprendemos acerca da importancia do aire con Ángel!! Quedamos abraiados cos experimentos, tanto que pensamos que Ángel era un mago!! Moitas grazas a Silvia e Ángel por esta fabulosa aprendizaxe!! 
Premede na imaxe para ver todos os experimentos:

https://goo.gl/photos/uSf1MLthhToJwKRL6

22 de junio de 2017

GRADUACIÓN PITIÑOS DE 5 ANOS!!!!

Como pasa o tempo..... Os nosos pitiños de 5 anos despídense da etapa de Educación Infantil..... Os nosos mellores desexos nesta nova etapa que comeza para vós!!!!!! Noraboa pitiños!!!!!

Para ver as fotos do evento premede aquí, na imaxe ou na ligazón.







3 de junio de 2017

RUTAS URBANAS ANIMADAS DOS PITIÑOS DE 3 ANOS!!

Apredemos un montón de cousiñas  na nosa excursión:
  • Contáronnos un conto precioso ao carón dun muíño.
  • Reciclamos  papel, plástico e vidro empregando os contedores correspondentes.
  • Recollemos distintas follas de árbores e clasificámolas.
  • Escollemos o vestuario e os accesorios que precisamos segundo a estación na que nos atopamos
  • Etc.
 Pasámolo xenial!!! Premede na seguinte imaxe para ver canto gozamos!!!



https://goo.gl/photos/92MzGGRWmnCzaEcU7

1 de junio de 2017

MONTAMOS UN MERCADO

Todos os pitiños participamos na recreación dun Mercado de Abastos.

Para iso, en primeiro lugar recollimos os produtos que cultivamos no noso ecolóxico horto escolar. Posteriormente, indicamos o camiño para achegarse ao mercado e elaboramos os carteis cos nomes dos produtos, así como o seu prezo convertido en "euro-pitiños".  Repartímonos as tarefas: mentres uns xestionaban a oficiña de troco de cartos, outros encargábanse de atender aos clientes, envolver a compra ou facer o ticket. 

Agradecidos/as aos nosos compañeiros/as de 3 e 4 anos por mercar as nosas mercancías e a todas as familias que se achegaron a colaborar na experiencia. Sen a vosa participación non sería posible!!!!

Para ver como foi a experiencia, premede na imaxe ou aquí:


11 de mayo de 2017

IMOS AO MERCADO DE ELVIÑA

Os pitiños de 5 anos e dentro do noso Proxecto Educativo O Mercado, fomos de excursión ao Mercado Municipal de Elviña. Alí puidemos conversar cos vendedores/as e aprendimos que clase de productos podemos mercar alí. Alén diso, tamén observamos os nomes das tendas e como se obteñen e distribúen as mercancías. Foi unha experiencia moi enriquecedora, aquí deixámosvos unha mostra de como nos foi (premede na imaxe ou na ligazón).



9 de mayo de 2017

17 DE MAIO- CARLOS CASARES

Este ano o Día das Letras Galegas, está adicado ao escritor CARLOS CASARES, o cal, escribiu moitas historias como: As laranxas, mais laranxas de todas as laranxas, A Galiña Azul, Lolo anda en bicicleta, O can Rin e o lobo Crispín, entre outros.
A continuación, deixámosvos uns xogos elaborados polo Seminario Galán, para que poidades aprender cousas da súa vida e obra.

Preme aquí ou na imaxe para aprender sobre a biografía do autor.

http://seminariogalan.org/inicio/ver/348


Se queres xogar cos seus libros preme aquí ou na imaxe:

http://seminariogalan.org/inicio/ver/349

Alén diso, tamén amosámosvos unha cantiga creada polo Colexio Sagrada Familia de Aldán (Cangas).



2 de mayo de 2017

APRENDEMOS COMO FUNCIONA UN SUPERMERCADO E A LIMPAR O PEIXE


A nai dun dos nosos pitiños achegouse á nosa escola para amosarnos como funciona un supermercado. Explicounos como se clasifican os productos e como é a cadea de traballo para que cheguen en bo estado ao consumidor.

Alén diso, tamén ensinounos a limpar o peixe, que instrumentos se empregan para dita tarefa, a vestimenta que se usa e trucos para saber o estado de frescura, entre outras cousas.

Moitas grazas por vir á escola e ensinarnos tanto, foi unha experiencia moi bonita. 💕💕

Premede na imaxe ou na ligazón.



28 de marzo de 2017

DÍA DA ÁRBORE!! PLANTAMOS UNHA ÁRBORE!!

Os pitiños de 4 anos participamos na PLANTACIÓN DUNHA ÁBORE preto da nosa escola!!! Agardamos vela medrar!!! Para ver a nosa excursión e todo o que traballamos premede na imaxe:

Plantación dunha árbore

VISITA DE ÁNGEL, PAI DE SARA!!

Como xa sabedes o noso cole sempre está aberto á participación e colaboración das familias. Hoxe visitounos Ángel, pai de Sara. Ángel é Enxeñeiro Técnico Agrícola. Cantas cousiñas aprendemos acerca das árbores!! Moitísimas grazas por esta experiencia!!

Ángel, pai de Sara

BISCOITO DE CHOCOLATE SEN GLUTE PARA OS PITIÑOS DE 3 ANOS!!

Os pitiños de 3 anos fomos COCIÑEIROS por un día!! Que ben o pasamos preparando o noso biscoito de chocolate!! Fixemos o biscoito  SEN GLUTE para que todos nos puideramos probalo. Mirade o paso a paso da receita premendo na seguinte imaxe:



Biscoito de chocolate sen glute

23 de marzo de 2017

APRENDEMOS A CULTIVAR

Durante esta semana, o pai dunha das nosas pitiñas achegouse á nosa escola para explicarnos como cultivar. Explicounos que tipos de abono se poden empregar, así como protexer ecolóxicamente as nosas hortalizas de insectos non desexados. Tamén amosounos trucos para cultivar o millo e como facer que os paxaros piquen nas espigas máis duras. Alén diso, ensinounos diferentes apeiros de labranza: pá, sacha, angazo, entre outros.

Moitas grazas por vir á escola e ensinarnos tantas cousas 💕💕

Premede na imaxe ou na ligazón para ver como foi a experiencia.



17 de marzo de 2017

2º EXPERIMENTO CON OVOS DOS PITIÑOS DE 3 ANOS!!

Neste 2º experimento quixemos saber que ocorría cando deixamos durante 2 días un ovo en VINAGRE. Preparamos o experimento e, durante dous días,  fomos mirando o ovo. Tivemos moita paciencia!!! O resultado podedes comprobalo a continuación, foi toda unha sorpresa!!!

Experimento ovo



1º EXPERIMENTO CON OVOS DOS PITIÑOS DE 3 ANOS!!

Os pitiños de 3 anos estamos a experimentar cos OVOS. Neste primeiro expermiento aprendemos moitas cousas!!! Queríamos saber se os ovos flotan ou se afunden na auga. Así que convertidos en auténticos científicos somerxemos un ovo en auga e outro ovo en auga con sal. Podedes comprobar o resultado nas imaxes que deixamos a continuación:

Experimento ovos

11 de marzo de 2017

CONSTRUÍMOS A NOSA HORTIÑA

Durante os últimos días, estivemos construíndo o noso horto, e gustaríanos compartir con vós como desenvolvimos o proceso. En primeiro lugar, analizamos e escollimos os apeiros de labranza mais axeitados para as nosas circunstancias.

(BY-NC-SA)

(BY-NC-SA)
A continuación, decidimos cal sería o lugar onde iríamos a plantar, para que, posteriormente, coa axuda dos nosos/as mestres/as arranxásemos o terreo.

(BY-NC-SA)

(BY-NC-SA)
Transportamos os brotes que imos plantar, e limpamos o terreo de malas herbas.

(BY-NC-SA)

(BY-NC-SA)
Facemos buratiños na terra e introducimos os brotes nos mesmos, para, despois tapalos con coidadiño con mais terra.
(BY-NC-SA)

(BY-NC-SA)

(BY-NC-SA)
Regamos a cotío e coidamos as plantas.

(BY-NC-SA)

(BY-NC-SA)
Por último, colocamos carteis cifrados con códigos QR. Queredes saber que hortalizas plantamos? Achegarémonos á nosa horta cos nosos dispositivos móbiles e descubriremos grandes sorpresas.

(BY-NC-SA)

(BY-NC-SA)
(BY-NC-SA)



6 de marzo de 2017

8 MARZO-DÍA DA MULLER

Con motivo da conmemoración do DÍA DA MULLER, que se celebra cada 8 de Marzo, deixámosvos os seguintes recursos que pretenden promover a igualdade de xénero: música, contos e actividades. Esperamos que vos sexan de utilidade. Para acceder aos mesmos premede na imaxe ou na ligazón.



7 de febrero de 2017

OS PITIÑOS DE 5 ANOS TENTAMOS IR AO CASTRO DE ELVIÑA

Os pitiños de 5 anos fomos de excursión ao CASTRO DE ELVIÑA. O noso obxectivo era saber como vivían os seres humanos durante a época do Neolítico e a Idade dos Metais. Aínda que vivimos unha grande aventura, a nosa viaxe non durou moito, lamentablemente a choiva xogounos unha mala pasada. Premede na imaxe e veredes unha pequena mostra da nosa curta gran experiencia: o máis representativo as columnas de entrada ao castro e o pozo.



Aquí poderes consultar máis información sobre visitas particulares:

5 de febrero de 2017

OS PITIÑOS DE 3 ANOS FOMOS DE EXCURSIÓN!!!

Que ilusión tiñamos por facer a nosa 1ª EXCURSIÓN!!! Pasámolo fenomenal e gozamos a tope no Concerto!!! Para ver as fotografías premede na imaxe:

Fotos do Concerto Arcos Iris

3 de febrero de 2017

RECURSOS EDUCATIVOS E XOGOS

Deixámosvos unha morea de recursos educativos relacionados coas plantas, as froitas, as verduras e o horto. Esperamos que vos gusten e aprendades con eles. Tendes para elixir música, contos, vídeos informativos e xogos interactivos. Premede na ligazón ou na imaxe para o seu acceso.



1 de febrero de 2017

OS PITIÑOS DE 4 ANOS FOMOS DE CONCERTO!!!

Canto nos gustou e cantas cousas aprendimos escoitando a este sexteto de corda frotada chamado: ARCOS IRIS!!! Premede na imaxe para ver as fotografías.


Fotos do Concerto Arcos Iris

25 de enero de 2017