7 de noviembre de 2016

ACHÉGASE O MAGOSTO!!!

ATENCIÓN!!! O próximo VENRES DÍA 18 celebraremos o MAGOSTO!!! Para gozar desta data tan especial temos que construir nas nosas casas este trebello. É moi doado!!! Precisamos dous envases de zume, leite, etc. cortados pola metade. Grampámolos e decorámolos ao noso gusto. So queda poñer un cordón de la para poder colgalo do pescozo. Nun envase botaremos as castañas e noutro botaremos as pelas. Así teremos as mans ben libres para COMER MOITAS CASTAÑAS e de paso non ensuciamos o chan!!! Se premedes na imaxe poderedes ver o proceso:

APARELLO DO MAGOSTO


Podedes traer os CASTAÑEIROS a partir do LUNS 14 para formar parte da exposición que haberá no vestíbulo do centro.

1 comentario:

  1. Seguro que fan uns cestiños ben feiticiños, profes. Unha aperta.

    ResponderEliminar