21 de noviembre de 2015

20 de noviembre de 2015

20 de novembro: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO!!!

Hoxe é un día especial, é o DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO!! E nos non queremos deixar de recordar este día, así que aquí deixamos unhas imaxes e uns videos para conmemoralo:





19 de noviembre de 2015

VISITOUNOS O ENFERMEIRO JOSE

Debido a que estamos a estudar  O Corpo Humano, hoxe visitounos unha persoa moi especial. Tivemos a sorte de recibir a visita do enfermeiro JOSE. Ensinounos moitísimas cousas e moi interesantes!!! Tal e como podedes observar nas fotos troúxonos o seguinte material sanitario: máscaras, luvas, calzas, gorros, pixamas para enfermos, pixamas de quirófano, xiringas, vendas e ata un fonendoscopio. Foi unha visita xenial!! Moitísimas grazas Jose!!!



13 de noviembre de 2015

ACHÉGASE O MAGOSTO!!!

ATENCIÓN!!! O próximo VENRES DÍA 20 celebraremos o MAGOSTO!!! Para gozar desta data tan especial temos que construir nas nosas casas este trebello. É moi doado!!! Precisamos dous envases de zume, leite, etc. cortados pola metade. Grampámolos e decorámolos ao noso gusto. So queda poñer un cordón de la para poder colgalo do pescozo. Nun envase botaremos as castañas e noutro botaremos as pelas. Así teremos as mans ben libres para COMER MOITAS CASTAÑAS e de paso non ensuciamos o chan!!! Se premedes na imaxe poderedes ver o proceso:

APARELLO DO MAGOSTO

6 de noviembre de 2015

OS PITIÑOS DE 4 ANOS FOMOS AO TEATRO

Hoxe foi un día especial. Fomos ao teatro a ver a obra "NÓMADAS", levada a escea pola compañía Teatro Paraíso. Gustounos moito, pasámolo moi ben e queremos repetir. Próximamente colgaremos algunha foto para amosar como foi a experiencia.