24 de febrero de 2015

RECORDAMOS A ROSALÍA DE CASTRO!!!

Hoxe recordamos a figura de ROSALÍA DE CASTRO. Escoitamos poemas e miramos fotografías e vídeos lembrando a súa obra. No seguinte enlace podedes ver a biografía de Rosalía, coñecer a súa obra e ata podedes facer un paseo virtual pola súa casa-museo:

http://rosaliadecastro.org/




21 de febrero de 2015

SOMOS PIRATAS!!!

Que ben o pasamos convertidos en PIRATAS!!! Decoramos o noso corredor, fixemos traballiños piratas, miramos un montón de contos piratas,....e o venres disfrutamos da nosa FESTA PIRATA!!! Comemos, bailamos, xogamos á Búsqueda do Tesouro e desfilamos polo noso Mapa do Tesouro!!!! Moitísimas grazas a todas as familias pola vosa colaboración!!! E agora mirade como disfrutamos:




12 de febrero de 2015

O ENTROIDO DOS BOLECHAS!!!

Deixamos aquí este enlace para aprender moitas cousiñas do Entroido xogando cos Bolechas!!! Premede na imaxe para comezar:

http://www.osbolechas.com/novas.php?id=185


10 de febrero de 2015

HELLO!!!

Hello!!! Hoxe Monkey quere deixarvos aquí algunhas cousiñas das que compartiu con vos para o PEACE DAY e dende a nosa Rúa:


coma os BEAR HUGS:


 ou o ESQUIMO KISS:


 Pero sobre todo, o conto coa xenial idea de Monkey para os nenos e maiores aos que se lles acaben os biquiños: PLANT A KISS


OS PITÑOS PIRATAS!!!!

Este ano ímonos disfrazar de piratas. Recordaremos á heroína María Pita que defendeu á cidade da Coruña dos invasores ingleses. Aquí deixamos uns xogos para que vos divirtades un pouquiño!!! Premede nas imaxes para xogar:

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/juegos/educativos/piratas/index.htm

http://cuentos-y-leyendas.dibujos.net/piratas/

http://www.vivajuegos.com/juegos-de-habilidad/el-tesoro-de-los-piratas.html

9 de febrero de 2015

OS PITIÑOS E A CORUÑA

Durante este segundo trimestre, estudiaremos entre outras cousas, os elementos mais importantes  da Coruña, así como a figura de María Pita. Un dos nosos monumentos mais importante é a Torre de Hércules, declarada pola UNESCO, como Patrimonio da Humanidade. No seguinte vídeo poderedes aprender un pouquiño mais da súa historia.



CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ!!!!

Por mor do tempo celebramos o DÍA DA PAZ unha semana máis tarde. Este venres, día 6, fixemos a nosa festa da Paz!!! Primeiro paseamos polo cole para ver as rúas que fixeron outros nenos/as e tamén para ver a decoración tan fermosa da nosa escola. Atopamos a Rúa da Solidariedade, a Rúa dos Amigos, a Rúa dos Avós, etc. Logo saímos fora para escoitar unhas cantigas da Paz, un conxuro da Paz, etc...Pasámolo xenial!!!!




De Collages

8 de febrero de 2015