Mostrando entradas con la etiqueta Os pitiños de 3 anos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Os pitiños de 3 anos. Mostrar todas las entradas

26 de junio de 2019

VISITA Á CASA DE PICASSO

Nos últimos días de escola achegámonos ata a casa de Pablo Picasso.  Estabamos desexando ir porque xa sabiamos moitas cousas deste pintor .  Este lugar é unha casa moi antiga, e para ver onde vivía coa súa familia tivemos que subir moitas escaleiras. Observamos a cociña  moi diferente ás de agora, o aseo, o salón e as habitacións que tiñan un mobiliario "raro" para nós.
Gustounos moito o dormitorio de Lola e Conchita no que estaba o seu carriño de bonecas, pero era de madeira! Abraiamos ao ver os pinceis de Picasso e algún dos seus cadros. Tamén fomos ata a Praza de Pontevedra e vimos o cole onde estudou Picasso e a pomba que hai nesa praza. Aprendimos moito e pasámolo xenial!
Se queredes ver como foi a experiencia, premede na imaxe ou na ligazón.

2 de junio de 2019

VISITAMOS O PARQUE DE SANTA MARGARIDA

Fomos ao parque de Santa Margarita e alí aprendimos moitas cousas: como se planta unha semente, que actividades podemos facer no parque (correr, tomar un xeado…) e tamén a colocar o lixo no contedor apropiado (plástico, vidro ou papel). Ademais, axudamos ao Señor “Cascanueces” a deixar o parque ben limpo. Pasámolo xenial! 

Se queredes ver como nos foi a experiencia clicade na ligazón ou na imaxe.




11 de mayo de 2018

IMOS DE RUTA URBANA

As nenas e nenos mais pequenos da escola, fomos de Ruta Urbana ao Parque de Santa Margarida. Aprendimos a coidar  e a manter limpo o parque, así como, a gozar da natureza e realizar expresións artísticas coa mesma. A continuación amosámosvos como foi a experiencia, premede na imaxe ou na ligazón:



23 de junio de 2017

EXPERIMENTOS EN 3 ANOS!!!

Cantas cousiñas aprendemos acerca da importancia do aire con Ángel!! Quedamos abraiados cos experimentos, tanto que pensamos que Ángel era un mago!! Moitas grazas a Silvia e Ángel por esta fabulosa aprendizaxe!! 
Premede na imaxe para ver todos os experimentos:

https://goo.gl/photos/uSf1MLthhToJwKRL6

3 de junio de 2017

RUTAS URBANAS ANIMADAS DOS PITIÑOS DE 3 ANOS!!

Apredemos un montón de cousiñas  na nosa excursión:
  • Contáronnos un conto precioso ao carón dun muíño.
  • Reciclamos  papel, plástico e vidro empregando os contedores correspondentes.
  • Recollemos distintas follas de árbores e clasificámolas.
  • Escollemos o vestuario e os accesorios que precisamos segundo a estación na que nos atopamos
  • Etc.
 Pasámolo xenial!!! Premede na seguinte imaxe para ver canto gozamos!!!



https://goo.gl/photos/92MzGGRWmnCzaEcU7

1 de junio de 2017

MONTAMOS UN MERCADO

Todos os pitiños participamos na recreación dun Mercado de Abastos.

Para iso, en primeiro lugar recollimos os produtos que cultivamos no noso ecolóxico horto escolar. Posteriormente, indicamos o camiño para achegarse ao mercado e elaboramos os carteis cos nomes dos produtos, así como o seu prezo convertido en "euro-pitiños".  Repartímonos as tarefas: mentres uns xestionaban a oficiña de troco de cartos, outros encargábanse de atender aos clientes, envolver a compra ou facer o ticket. 

Agradecidos/as aos nosos compañeiros/as de 3 e 4 anos por mercar as nosas mercancías e a todas as familias que se achegaron a colaborar na experiencia. Sen a vosa participación non sería posible!!!!

Para ver como foi a experiencia, premede na imaxe ou aquí:


28 de marzo de 2017

BISCOITO DE CHOCOLATE SEN GLUTE PARA OS PITIÑOS DE 3 ANOS!!

Os pitiños de 3 anos fomos COCIÑEIROS por un día!! Que ben o pasamos preparando o noso biscoito de chocolate!! Fixemos o biscoito  SEN GLUTE para que todos nos puideramos probalo. Mirade o paso a paso da receita premendo na seguinte imaxe:



Biscoito de chocolate sen glute

17 de marzo de 2017

2º EXPERIMENTO CON OVOS DOS PITIÑOS DE 3 ANOS!!

Neste 2º experimento quixemos saber que ocorría cando deixamos durante 2 días un ovo en VINAGRE. Preparamos o experimento e, durante dous días,  fomos mirando o ovo. Tivemos moita paciencia!!! O resultado podedes comprobalo a continuación, foi toda unha sorpresa!!!

Experimento ovo



1º EXPERIMENTO CON OVOS DOS PITIÑOS DE 3 ANOS!!

Os pitiños de 3 anos estamos a experimentar cos OVOS. Neste primeiro expermiento aprendemos moitas cousas!!! Queríamos saber se os ovos flotan ou se afunden na auga. Así que convertidos en auténticos científicos somerxemos un ovo en auga e outro ovo en auga con sal. Podedes comprobar o resultado nas imaxes que deixamos a continuación:

Experimento ovos

5 de febrero de 2017

OS PITIÑOS DE 3 ANOS FOMOS DE EXCURSIÓN!!!

Que ilusión tiñamos por facer a nosa 1ª EXCURSIÓN!!! Pasámolo fenomenal e gozamos a tope no Concerto!!! Para ver as fotografías premede na imaxe:

Fotos do Concerto Arcos Iris

25 de marzo de 2016

TRABALLAMOS NA HORTA!!!!

Por fin parou de chover e Antonio, o pai da profe Sandra, veu plantar cos nosos pitiños de 3 anos. Repolos, leitugas, chícharos e coles para facer un caldiño para o Coelliño Branco, Tamén plantamos patacas ás que lles saíran cornos e que agora xa sabemos que lles chamamos "ollos" e que a ferramenta que empregamos non era unha pá senón que se chamaba legoña. Coas visitas dos pais e das nais aprendemos taaaaaantas cousas. Grazas Antonio por vir pasar un anaquiño con nós!!!


11 de marzo de 2016

OFICINA POLICIAL DO DNI!!!!

Hai tempo que sabemos que o noso nome aparece nos nosos colgadoiros, nas nosas cadeiras e bordado no noso mandilón. Agora sabemos que aparece nun documento importantísimo que non todos temos por iso decidimos expedilo na Oficina da Policía!!!



9 de marzo de 2016

HOCKEY INLINE!!!

Javier e Elena, pais de Teo e Lía, ensináronnos moitísimas cousas acerca do HOCKEY INLINE!!! Quedamos abraiados co ben que patinan, que profesionais!!! Tivemos oportunidade de ver como é a súa equipación, como son as proteccións que empregan nos partidos, como se chama o material que utilizan, etc. Tamén tivemos a oportunidade de xogar un pouquiño cuns sticks que trouxeron para todos nos!!! Moitísimas, moitísimas grazas!!!


20 de febrero de 2016

ASÍ MEDRAN OS PITIÑOS DE 3 ANOS

Os Pitños de 3 anos ao longo deste curso escolar fixeron moitas actividades, entre elas, organizaron a súa forma de traballo, descubriron como elaborar NOVAS CORES, fixeron manualidades de NADAL, colaboraron cun mural do inicio dos XOGOS OLÍMPICOS, fixeron ZUME DE LARANXA, e reflexionaron sobre a ALIMENTACIÓN NUTRITIVA E SAUDABLE. Aquí deixamos unha mostra de todo isto. Esperamos que vos guste!!!!!
















9 de junio de 2015

OS PITIÑOS DE 3 ANOS TRABALLAMOS GALICIA E OS SEUS COSTUMES

Os pitiños de 3 anos, durante o terceiro trimestre, estivemos estudando e investigando a comunidade de Galicia es os seus costumes. Aprendimos moitas cousas sobre a música tradicional galega e os seus instrumentos: zanfona, pandeireta, cunchas, tamboril, pandeiro, e a gaita e as súas partes (soprete, fol e ronco). Para elo, tivemos a axuda do noso robot "PEPA". A continuación, podedes ver canto gozamos!!!!



 Tamén investigamos o traxe tradicional galego e aprendimos o nome dalgunhas pezas: zocos, zocas, enaguas, saia, mandil, dengue, camisa, pano da cabeza (pañoleta), pucho, chaleco, polainas, faixa e cirolas, entre outros. Aquí vos deixamos un exemplo da nosa experiencia.
 

14 de mayo de 2015

OS PITIÑOS DE 3 ANOS APRENDIMOS O CONTO "OS TRES OSOS"

Os pitiños de tres anos aprendimos o conto de "Os tres osos e Riciños de ouro". Aquí vos deixamos unha morea de fotos do noso traballo, así como, o vídeo que fixemos coa nosa versión da historia e como fabricamos a casa dos osos para despois xogar.
 Mirade que ben o pasamos!!!! 
 Esperamos as vosas opinións sobre o noso vídeo e as nosas creacións ;-)





10 de mayo de 2015

OS PITIÑOS DE 3 ANOS VISITAMOS A BIBLIOTECA GONZÁLEZ GARCÉS!!!

Os pitiños de 3 anos fomos de excursión á BIBLIOTECA MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS!!! Elena, a bibliotecaria, contounos moitos contos chulísimos e tamén nos explicou o funcionamento e as normas da biblioteca. Xa sabemos como temos que facer se queremos levar un conto, unha película ou un CD de música para as nosas casas, así que agora so nos queda gozar cos libros!!!


19 de abril de 2015

OS PITIÑOS DE 3 ANOS FOMOS ÁS RUTAS URBANAS ANIMADAS!!!

Que ben o pasamos os pitiños de 3 anos nas Rutas Urbanas Animadas!!! Fomos ao  PARQUE DE SANTA MARGARITA!!! Aprendimos moitísimas cousas, os momes das árbores e dos seus froitos, a reciclar o lixo, características das estacións do ano, etc...Fixemos moitas actividades, convertímonos en investigadores en busca de follas, plantas e froitos e pasámolo xenial!!! Foi unha magoa que non tivesemos tempo para subir ao muíño....así que temos que volver!!!

26 de marzo de 2015

OS PITIÑOS DE 3 ANOS INVESTIGAN!!!!

Durante o segundo trimestre os cativos de 3 anos estudamos unha morea de cousas. Investigamos sobre a historia da nosa cidade, os lugares mais emblemáticos e a figura de María Pita. Tamén aprendemos as características dos piratas e reflexionamos sobre o que acontece no inverno. Posteriormente, comezamos a investigar sobre a primavera, e que diferenzas había con respecto a outras estacións. Observamos as características das flores e plantas, e para comprobalo plantamos uns rábanos e un aguacate. Tamén reflexionamos que as plantas necesitaban sol, auga e terra. Finalmente, fixemos un mural da primavera. 
Aquí deixamos unha escolma dos nosos traballos. Esperemos que vos gusten, felices vacacións!!!!!


21 de junio de 2014

COMO É UNHA GAITA?

Os pitiños de 3 anos, estivemos observando, estudando e descubrindo como soa unha gaita, como se toca e de que partes se compoñe. Descubrimos que ten a lo menos 4 tubos, algúns desmóntanse, outro ten buratos, e outro ten unha chave, chámanse: PUNTEIRO, SOPLETE, RONQUETA E RONCO. Tamén aprendimos que o vestido da gaita chámase FOL, e que dentro ten aire; e que os adornos que dela colgan chámanse FARRAPOS. Que ben o pasamos, como tocamos e como bailamos!!!!!