Mostrando entradas con la etiqueta Os pitiños de 5 anos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Os pitiños de 5 anos. Mostrar todas las entradas

16 de diciembre de 2019

VISITA ESCOLAR AO MUNCYT

Nesta ocasión acudimos ao Museo Nacional da Ciencia e da Tecnoloxía de A Coruña. Alí, puidemos aprender moitas cousas sobre os inventos creados polos seres humanos, entre eles, observamos o motor e o interior dun avión, así como vehículos antigos, e os primeros teléfonos móbiles. Alén diso, vimos un globo lunar, e antigas cámaras de cine; elementos que están relacionados cos proxectos educativos da escola. Por outra banda, tamén aprendimos a construír un helicóptero de papel. A experiencia foi marabillosa, se premedes na imaxe ou na ligazón veredes como nos foi.




23 de junio de 2019

GRADUACIÓN D@S PITIÑ@S DE 5 ANOS!!!!

As/Os nosas/os pitiñas/os fanse maiores!! Xa son nenas e nenos de Educación Primaria!!! Neste acto de graduación recitamos poemas, bailamos e cantamos, pasámolo xenial!!! Agora inciamos unha nova etapa, un pasiño máis na nosa formación, que afrontamos con moitísima ilusión!!!  Feliz viaxe a Primaria pitiñxs!!!! Premede na imaxe para ver as fotografías: 

https://photos.app.goo.gl/YUSvYqDZRGAkNuwU9

26 de mayo de 2019

GRANXA BELELLE!!!

Que ben o pasamos na Granxa de Belelle!! Canto gozamos e canto aprendemos nesta marabillosa experiencia!! Non hai máis que ver as nosas cariñas!! Premede na imaxe para ver as fotografías:


https://photos.app.goo.gl/KiTZWWE2QHGWJk8V6

8 de mayo de 2019

VISITAMOS O DOLMEN DE DOMBATE!!

Canto nos gustou esta saída!! Poder ver tan cerca este monumento megalítico de case 5000 anos deixounos abraiados!! Tamén nos encantou o Obradoiro de Pintura Rupestre que tivo lugar nunha escola unitaria alí cerquiña. Para ver as fotografías desta visita premede na imaxe:

Dolmen de Dombate

20 de junio de 2018

As profesoras dos nosos pitiñ@s maiores procederon á INVESTIDURA do seu alumnado que remata a Educación Infantil. Para ser nomead@s CABALEIROS e CABALEIRAS  tiveron que prometer cumprir todos aqueles requisitos imprescindibles para ir a Primaria: deixar o mandilón na casa, coidar e querer aos seus compañeir@s, lembrar con cariño ás súas profes de Infantil, etc. Foi un día marabilloso que non esquecerán nin @s nen@s nin as súas profes!! Premede na imaxe para ver as fotografías:

 INVESTIDURA!!

18 de junio de 2018

CASTELO DE VIMIANZO!!

Por fin chegou!! O martes 12 de xuño fixemos a nosa saída ao Castelo de Vimianzo. Observamos algunhas das súas partes: Patio de armas, Torre da homenaxe, etc.
Premede na imaxe para ver as fotografías:


Visitamos aos nen@s do Colexio Nosa señora do Rosario!!

Que experiencia tan enriquecedora!! O día 13 fomos cantar c@s alumn@s do colexio Nosa Señora do Rosario. Interpretamos o retrouso en lingua de signos!! Temos que agradecerlles esta oportunidade e o seu magnífico recibimento. Premede na imaxe para ver as fotografías:


EDUCACIÓN VIAL!!!

Disfrutamos dunha sesión de Educación Vial no noso cole. Conducindo Karts aprendemos o significado dalgúns sinais de tráfico. Pasámolo fenomenal!!! Premede na imaxe para ver as fotografías:


14 de octubre de 2017

VISITA Á GRANXA O CANCELO!!!

Os nosos pitiños de 5 anos visitaron a Granxa o Cancelo. Moitos deles nunca viran un vaca tan de cerca. Todos comentaban o gordiñas que estaban, preguntando unha e outra vez se "tiñan un becerriño na barriga". A monitora quedou encantada porque os nosos pitiños lembraban todo o que Óscar, o veterinario, lles contara o curso pasado. Menuda memoria teñen os nosos pitiños!! Ben merecidos eses xeados riquísimos que tomaron ao rematar a visita!!
Premede na imaxe para ver o ben que o pasamos na granxa:

Granxa O Cancelo

22 de junio de 2017

GRADUACIÓN PITIÑOS DE 5 ANOS!!!!

Como pasa o tempo..... Os nosos pitiños de 5 anos despídense da etapa de Educación Infantil..... Os nosos mellores desexos nesta nova etapa que comeza para vós!!!!!! Noraboa pitiños!!!!!

Para ver as fotos do evento premede aquí, na imaxe ou na ligazón.







1 de junio de 2017

MONTAMOS UN MERCADO

Todos os pitiños participamos na recreación dun Mercado de Abastos.

Para iso, en primeiro lugar recollimos os produtos que cultivamos no noso ecolóxico horto escolar. Posteriormente, indicamos o camiño para achegarse ao mercado e elaboramos os carteis cos nomes dos produtos, así como o seu prezo convertido en "euro-pitiños".  Repartímonos as tarefas: mentres uns xestionaban a oficiña de troco de cartos, outros encargábanse de atender aos clientes, envolver a compra ou facer o ticket. 

Agradecidos/as aos nosos compañeiros/as de 3 e 4 anos por mercar as nosas mercancías e a todas as familias que se achegaron a colaborar na experiencia. Sen a vosa participación non sería posible!!!!

Para ver como foi a experiencia, premede na imaxe ou aquí:


11 de mayo de 2017

IMOS AO MERCADO DE ELVIÑA

Os pitiños de 5 anos e dentro do noso Proxecto Educativo O Mercado, fomos de excursión ao Mercado Municipal de Elviña. Alí puidemos conversar cos vendedores/as e aprendimos que clase de productos podemos mercar alí. Alén diso, tamén observamos os nomes das tendas e como se obteñen e distribúen as mercancías. Foi unha experiencia moi enriquecedora, aquí deixámosvos unha mostra de como nos foi (premede na imaxe ou na ligazón).



2 de mayo de 2017

APRENDEMOS COMO FUNCIONA UN SUPERMERCADO E A LIMPAR O PEIXE


A nai dun dos nosos pitiños achegouse á nosa escola para amosarnos como funciona un supermercado. Explicounos como se clasifican os productos e como é a cadea de traballo para que cheguen en bo estado ao consumidor.

Alén diso, tamén ensinounos a limpar o peixe, que instrumentos se empregan para dita tarefa, a vestimenta que se usa e trucos para saber o estado de frescura, entre outras cousas.

Moitas grazas por vir á escola e ensinarnos tanto, foi unha experiencia moi bonita. 💕💕

Premede na imaxe ou na ligazón.



23 de marzo de 2017

APRENDEMOS A CULTIVAR

Durante esta semana, o pai dunha das nosas pitiñas achegouse á nosa escola para explicarnos como cultivar. Explicounos que tipos de abono se poden empregar, así como protexer ecolóxicamente as nosas hortalizas de insectos non desexados. Tamén amosounos trucos para cultivar o millo e como facer que os paxaros piquen nas espigas máis duras. Alén diso, ensinounos diferentes apeiros de labranza: pá, sacha, angazo, entre outros.

Moitas grazas por vir á escola e ensinarnos tantas cousas 💕💕

Premede na imaxe ou na ligazón para ver como foi a experiencia.



11 de marzo de 2017

CONSTRUÍMOS A NOSA HORTIÑA

Durante os últimos días, estivemos construíndo o noso horto, e gustaríanos compartir con vós como desenvolvimos o proceso. En primeiro lugar, analizamos e escollimos os apeiros de labranza mais axeitados para as nosas circunstancias.

(BY-NC-SA)

(BY-NC-SA)
A continuación, decidimos cal sería o lugar onde iríamos a plantar, para que, posteriormente, coa axuda dos nosos/as mestres/as arranxásemos o terreo.

(BY-NC-SA)

(BY-NC-SA)
Transportamos os brotes que imos plantar, e limpamos o terreo de malas herbas.

(BY-NC-SA)

(BY-NC-SA)
Facemos buratiños na terra e introducimos os brotes nos mesmos, para, despois tapalos con coidadiño con mais terra.
(BY-NC-SA)

(BY-NC-SA)

(BY-NC-SA)
Regamos a cotío e coidamos as plantas.

(BY-NC-SA)

(BY-NC-SA)
Por último, colocamos carteis cifrados con códigos QR. Queredes saber que hortalizas plantamos? Achegarémonos á nosa horta cos nosos dispositivos móbiles e descubriremos grandes sorpresas.

(BY-NC-SA)

(BY-NC-SA)
(BY-NC-SA)



7 de febrero de 2017

OS PITIÑOS DE 5 ANOS TENTAMOS IR AO CASTRO DE ELVIÑA

Os pitiños de 5 anos fomos de excursión ao CASTRO DE ELVIÑA. O noso obxectivo era saber como vivían os seres humanos durante a época do Neolítico e a Idade dos Metais. Aínda que vivimos unha grande aventura, a nosa viaxe non durou moito, lamentablemente a choiva xogounos unha mala pasada. Premede na imaxe e veredes unha pequena mostra da nosa curta gran experiencia: o máis representativo as columnas de entrada ao castro e o pozo.



Aquí poderes consultar máis información sobre visitas particulares:

3 de febrero de 2017

RECURSOS EDUCATIVOS E XOGOS

Deixámosvos unha morea de recursos educativos relacionados coas plantas, as froitas, as verduras e o horto. Esperamos que vos gusten e aprendades con eles. Tendes para elixir música, contos, vídeos informativos e xogos interactivos. Premede na ligazón ou na imaxe para o seu acceso.



15 de diciembre de 2016

VISITAMOS O DOLMEN DE DOMBATE

O Dolmen de Dombate é un monumento megalítico situado na parroquia de Borneiro (Cabana de Bergantiños); e con motivo das noas investigacións prehistóricas fomos visitalo. Tal e como nos explicou o noso guía, foi construído hai uns 5.000 anos, e servía como sepultura aos xefes das tribus. Ademais, está orientado cara o nacemento do Sol e a pedra que o cubre pesa uns 6.000 kilos. Pasámolo moi ben e foi unha experiencia inolvidable, deixámosvos unha mostra da nosa excursión e algunhas ligazóns que poden ser do voso interese:

Viva o Dolmen de Dombate
Vilaseco e Fontefría,
esas eran as partidas
onde eu me adivertía.
(Cantiga de tradicción oral da comarca)


http://www.dolmendedombate.com/p/actualidade.html

https://www.facebook.com/RacRockArtConservation/photos/?tab=album&album_id=427396940631239


https://www.dacoruna.gal/files/4714/1578/0703/catalogo-dombate.pdf


https://www.dicoruna.es/patrimonio/dolmen-dombate/






4 de noviembre de 2016

OS PITIÑOS DE 4 E 5 ANOS VAN AO TEATRO

Os pitiños de 4 e 5 anos fomos ao teatro. Asistimos á obra titulada O PODER DE AMABEL. Interpretada pola Compañía de Teatro Pérez&Fernández, está baseada no libro de Érica Esmorís, e trata a historia dunha nena que vive unha aventura para poder descubrir os seus superpoderes. Gustounos moito, e aprendimos un cento de cousas. Cliclando aquí deixamos unha mostra de como foi a nosa experiencia, e a continuación, temos algúns elementos representativos do espectácula así coma unha ligazón ao perfil social de Pérez&Fernández





Para saber máis da obra, ver mais fotografías e vídeos: http://www.perezyfernandez.com




2 de noviembre de 2016

A PREHISTORIA E O SER HUMANO

Na rede podemos atopar numerosa información sobre O SER HUMANO E A PREHISTORIA. A continuación, deixámosvos unha escolma de recursos relacionados con dita temática: como vivían na prehistoria?, que ferramentas empregaban?, como se vestían?, cales eran os animais prehistóricos?, que música escoitaban?, como decoraban as súas cavernas?, que patrimonio prehistórico podemos visitar?, entre outros. Esperamos que todos os pitiños gocen deles!!!! Premede na imaxe e accederedes a un mundo máxico!!!!


http://www.symbaloo.com/mix/prehistoriaproxecto