23 de diciembre de 2013

FELICES FESTAS A TODOS/AS!!!! FELIZ ANO 2014!!!!

Que ben o pasamos na nosa festa do Nadal!!! Canto gozamos!!! Bailamos, cantamos e comemos os 12 gusanitos para dar a benvida ao novo ano!!! Desexamos, de todo corazón, que teñades unhas marabillosas festas. Os nosos mellores desexos nestas datas!!!! Moitos bicos para os nosos pitiños e para as súas familias!!!

18 de diciembre de 2013

QUEREDES FALAR CON PAPÁ NOEL OU CON OS REIS MAGOS????

Aquí deixamos a ligazón para todos os pitiños que desexen falar tanto con PAPÁ NOEL coma coas súas maxestades os REIS MAGOS. Seguro que tedes moitísimas cousas que contarlles e eles precisan saber de vos para anotar ben os agasallos que encargades. Que emoción!!!! Premede na imaxe:


XOGOS DE NADAL

Aquí deixamos uns cantos xogos para que os nosos pitiños gocen nestas datas tan especiais!!!


OS PITIÑOS DE 5 ANOS ESTUDAMOS OS XOGOS, OS XOGUETES E O NADAL

Os pitiños de 5 anos investigamos moitas cousas sobre a Festa do Nadal e Fin de Ano. Tamén construimos maracas e teléfonos prehistóricos e aprendemos a xogar ao "Tres en raia". Somos uns fenómenos!!!!

 

OS PITIÑOS DE 4 ANOS ESTUDAMOS OS XOGOS, OS XOGUETES E O NADAL

Os pitiños de 4 anos estudamos moitas cousas sobre o Nadal e a Festa de Fin de Ano. Ademais, construimos con material de refugallo o xoguete "Atrapa a boliña" e aprendemos a xogar ao dominó. Estamos feitos uns "cracks"!!!!

 

OS PITIÑOS DE 3 ANOS ESTUDAMOS OS XOGOS, OS XOGUETES E O NADAL

Os pitiños de 3 anos estudamos e aprendemos moitas cousas sobre os xogos, os xoguetes e as festas de Nadal e Fin de Ano!!!!

 

17 de diciembre de 2013

CANTIGAS DE NADAL

Durante estes días estivemos a aprender moitas cantigas típicas destas datas, entre elas, A Cantiga de Nadal dos Pitiños do María Pita "Buscando unha estrela", que adaptámola do disco "O Quiquiriqui" editado pola Xunta de Galicia . Aquí tedes a letra por se queredes seguir cantándoa, la la la la la

Ademais, aquí podemos ver a Papá Noel e a súa banda cantando a nosa Panxoliña

12 de diciembre de 2013

SUPER CONCERTO DE PAPÁ NOEL!!!!!!

Pero que ben o pasamos no concerto de PAPÁ NOEL e os seus ELFOS!!!! Canto rimos, canto saltamos, canto bailamos o ritmo de rock!!!!  MARABILLOSO!!!!


OS PITIÑOS DE 5 ANOS TRABALLAN O CORPO HUMANO!!!

Os pitiños de 5 anos profundizamos moito máis no estudo do corpo humano, para algo somos os maiores!!! Mirade canto experimentamos e, por consiguinte, canto aprendimos:

OS PITIÑOS DE 4 ANOS TRABALLAN O CORPO HUMANO!!!

Os pitiños de 4 anos tamén andivemos estudando o corpo humano e moitas outras cousiñas con moito interese, mirade canto traballamos:


OS PITIÑOS DE 3 ANOS TRABALLAN O CORPO HUMANO!!!

Os pitiños de 3 anos estivemos traballando o corpo humano, mirade canto aprendimos!!!

20 de noviembre de 2013

20 de Novembro: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO!!

Hoxe é un día especial, é o DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO!! E nos non queremos deixar de recordar este día, así que aquí deixamos unhas imaxes e uns videos para conmemoralo:





18 de noviembre de 2013

O MAGOSTO!!!!!

Canto gozamos na festa do MAGOSTO!!! E cantas castañas comemos!!! Ademais a celebración estivo amenizada polo cantautor ALBERTO DANIEL!!

16 de noviembre de 2013

OS PITIÑOS DE 5 ANOS IMOS AO TEATRO!!!!

Fomos ao teatro para ver a obra LOS ANIMALES DE DON BALTASAR. Á maioría gustounos moito, moito, moito:


OS PITIÑOS DE 4 ANOS TRABALLAN AS EXPRESIÓNS!!!

Continuamos traballando co CORPO HUMANO, esta vez dándolle voltas ás distintas expresións da nosa cara. Mirade que ben o pasamos:


OS PITIÑOS DE 5 ANOS TRABALLAN O OUTONO!!!

Mirade cantas cousiñas fixemos!!! A merenda de outono estaba boísima, mmmmm que rica!!!


SEMANA DA CIENCIA 2013!! ENTRADA GRATUITA NOS TRES MUSEOS!!

Desde el lunes 11 hasta el domingo 17, todos los visitantes de la Casa de las Ciencias, la Domus y el Aquarium Finisterrae tendrán acceso gratuito a las salas de los tres museos y a sus actividades, incluyendo las proyecciones de Cine 3D (Domus) y las sesiones de Planetario (Casa de las Ciencias).

25 de junio de 2013

DESPEDIDA DOS PITIÑOS DE 5 ANOS!!!!

Os nosos pitiños de 5 anos fanse maiores...din adeus á etapa de Educación Infantil e OLA á etapa de Educación Primaria!!!! Noraboa a TODOS!!!! Aquí podedes ver como se despediron do seu mandilón gardandoo para sempre e como as titoras fixeron entrega dos seus diplomas!! Mirade, mirade:


FESTA DE FIN DE CURSO!!!!

Q ue ben o pasamos despedindo o curso escolar!!! E canto comimos!!!! Todas as profes desexamos aos nosos pitiños e as súas familias un BO VERÁN!!!! FELICES VACACIÓNS!!!

18 de junio de 2013

17 de junio de 2013

16 de junio de 2013

OS PITIÑOS DE 4 ANOS VISITAN OS BOMBEIROS!!!

Que ben o pasamos no PARQUE DE  BOMBEIROS!!!! Cantas cousas vimos e canto aprendimos, por exempo,  xa sabemos como temos que actuar en caso de incendio, a ver se alguén recorda....
Deixaronnos vestir coma os bombeiros, montar nos seus camións, ata puidemos mirar pola CÁMARA TÉRMICA!!!  Pero o que máis nos gustou foi ver en acción o CAMIÓN ESCALEIRA e BOTAR AUGA coa mangueira dos bombeiros!!! Moitísimas grazas ao bombeiro RICARDO polo súa marabillosa labor e pola súa paciencia, GRAZAS RICARDO!!


14 de junio de 2013

O MUNDO MARINO DOS PITIÑOS DE 5 ANOS!!!

Fixemos un abecedario de animais marinos, pero non fomos quen de completar todas as letras do abecedario...a ver se na casa se vos ocurre algunha...
Tamén fixemos unha tarxeta de tiburón, que nos quedou chulísima, un crucigrama, e un mural con peixes, medusas e cangrexos!!! E, por suposto, descubrimos un montón de curiosidades acerca do mundo marino que nos sorprenderon moito!!!!Canto aprendimos!!!


LIBRO DE ANIMAIS VERTEBRADOS E INVERTEBRADOS!!!!

Con todas as cousiñas que aprendemos dos ANIMAIS VERTEBRADOS e INVERTEBRADOS fixemos un libriño, que agora forma parte da  biblioteca de cada  aula.   Ensinmosvos un deles a ver se vos gusta:


DACTILOPINTURA!!!!

Os pitiños de 4 e 5 anos están a traballar temáticas relacionadas con animais. Os de 4 anos traballan ANIMAIS VERTEBRADOS E INVERTEBRADOS e os de 5 anos o MUNDO MARINO. Por iso quixemos facer coas nosas mans estes animais a ver que vos parece:


De Collages


5 de junio de 2013

VISITA Á CASA DOS PEIXES!!!!

Que ben o pasamos!!! Canto gozamos e canto aprendimos!!! Ata lle demos de comer ás FOCAS!!!! Mirade, mirade:

2 de junio de 2013

OS PITIÑOS DE 5 ANOS PREPARAN A SÚA VISITA Á CASA DOS PEIXES!!!!

Xa queda moi pouquiño para a nosa ansiada visita á   CASA DOS PEIXES!!! Para saber máis estivemos mirando a páxina do AQUARIUM FINISTERRAE, onde temos a oportunidade de ver moitísimas cousas, por exemplo, coñecer a sala Nautilus e Maremagnum, coñecer a Gastón, tamén podedes ver como lle dan a comida as focas en directo, etc. Aquí deixamos o enlace:


Pero a nos o que máis nos gustou foi o seguinte, en primeiro lugar, coñecer ao tiburón toro do aquarium GASTÓN!!!!



En segundo lugar ver como nacen DO VENTRE DO PAI os CABALIÑOS DO MAR:



En terceiro lugar chamounos a atención a intelixencia dos POLBOS:



E por último sempre nos gusta ver os PEIXES PALLASO e os PEIXES CIRURXIÁN, que son preciosos. Por certo, deixamos tamén aquí o video das crías dos PEIXES PALLASO do aquarium, a ver canto crecen ata o martes:




1 de junio de 2013

OS PITIÑOS DE 4 ANOS ESTUDAN OS ANIMAIS VERTEBRADOS E INVERTEBRADOS!!!

Estamos aprendendo moitas cousas acerca dos ANIMAIS VERTEBRADOS E INVERTEBRADOS. Aquí deixamos algún dos videos cos que traballamos:




Neste enlace tamén podedes coñecer máis cousiñas acerca dos animais. Podedes atopar aos diferentes animais segundo o lugar no que viven: no mar,  na montaña, nas rexións polares, etc.


E nos seguintes enlaces tamén poderedes continuar aprendendo...esta vez con estes xogos tan divertidos, mirade, mirade:




Tamén queremos dicir que estamos aprendendo esta simpática poesía, xa case a sabemos:

COCO, COCO COCODRILO
EN EL RÍO ESTÁ TRANQUILO
ELE, ELE, ELEFANTE
EN LA TROMPA LLEVA UN GUANTE
SALTA, SALTA, SALTAMONTES
SALTA MUCHO Y NO SE ROMPE
MARI, MARI, MARIPOSA
VEN QUE TE DIGA UNA COSA
SSSSSSSSSSSSSSSSSSSSS

24 de mayo de 2013

OS PITIÑOS DE MARTA DESEXAN UNHA PRONTA RECUPERACIÓN A CARLOTA!!!

Todos os pitiños de Marta e todas as profes enviamos un bico e unha aperta enorme a Carlota. Esperamos a túa pronta recuperación!!! 



19 de mayo de 2013

A PROFE IRIA VISITA AOS SEUS ANTIGOS ALUMNOS!!!

VAIA SORPRESA!!! A profe Iria estivo de visita na aula dos pitiños de Paula. Que ilusión!!! Quedamos sorprendidos...e Iria tamén porque nos dixo que medráramos moito!!! Moitas grazas Iria. 




10 de mayo de 2013

ANIMACIÓN Á LECTURA PARA OS PITIÑOS DE 4 ANOS. EL TOPO QUE QUERÍA SABER QUIÉN SE HABÍA HECHO AQUELLO EN SU CABEZA.

Vicky Pérez tamén actuou para os pitiños de 4 anos. Neste caso o libro elixido para a represetación era o seguinte:



Aquí deixamos esta marabillosa canción coa que tanto rimos e tanto nos gusta:




E a continuación podedes ver as fotos da animación. Mirade as nosas cariñas....pasámolo xenial!!!!

ANIMACIÓN Á LECTURA PARA OS PITIÑOS DE 3 ANOS. MAMÁ ELEFANTE ES GENIAL!!

Hoxe voltou ao noso cole Vicky Pérez para contarnos dous contos. O primeiro deles ía dirixido aos pitiños de 3 anos e leva por título MAMÁ ELEFANTE ES GENIAL. Aquí deixamos unha imaxe do libro e un pequeno resumo:

 

A mamá de Enzo pensa que ten unha trompa moi grande e non está contenta con ela. Pero descubrirá que a súa trompa ten moitas vantaxes....

E a continuación podedes ver algunha fotiño da animación. Que ben o pasamos!!!

 

3 de mayo de 2013

TRABALLIÑOS PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

Estes son algúns dos traballiños que fixemos para homenexear a ROBERTO VIDAL BOLAÑO no día das Letras Galegas, a ver que vos parecen:


25 de abril de 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. LETRAS GALEGAS 2013!!

O autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano é ROBERTO VIDAL BOLAÑO. Aquí deixamos a súa biografía, para que o coñezades un pouquiño mellor:



E aquí deixamos uns xogos que os compañeiros do Seminario Galán elaboran todos os anos para os colexios de toda Galicia:

17 de abril de 2013

OS PITIÑOS DE 3 ANOS VISITAN A BIBLIOTECA MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS!!!

Os pitiños de 3 anos fomos á BIBLIOTECA. Elena, a bibliotecaria, ensinounos moitas cousas: as normas de comportamento da biblioteca, como é o carné para poder levar para as nosas casas libros, películas, revistas, etc. e moitas cousas máis. Aquí podedes ver o ben que o pasamos:

OS PITIÑOS DE ROSA:




OS PITIÑOS DE MARTA:



OS PITIÑOS DE MARIAN:

11 de abril de 2013

VESTÍMONOS CON MOITA, MOITA PRÉSA, COMA OS BOMBEIROS!!!

Aprendimos que os bombeiros dispoñen de 30 segundos para vestirse en caso de emerxencia. Así que nos quixemos experimentar esa sensación....Mirade que profesionais somos!!! Non sei se na casa nos damos tanta présa....





 

LIBRO SOBRE OS BOMBEIROS DOS PITIÑOS DE 5 ANOS!!!

Con todo o que aprendimos sobre os bombeiros fixemos este libro. A ver que vos parece...


OS PITIÑOS DE 5 ANOS PREPARAN A VISITA AOS BOMBEIROS....

Mirade cantas cousiñas fixemos coma preparación á VISITA AO PARQUE DE BOMBEIROS. O primeiro que vos amosamos é este marabilloso libro co que tanto aprendimos: 


 

Tamén vimos algún capítulo do bombeiro Sam (Fireman Sam), que aínda que están en inglés gústanos moito. Este capítulo encantounos:

13 de marzo de 2013

AS OBRAS QUE IMOS A ESCOITAR NO CONCERTO!!!!

Aquí deixamos as obras que imos escoitar no CONCERTO do PALACIO DA ÓPERA. Gustannos moito porque a maioría son moi marchosas!!! Mirade e escoitade:

1.- MINUETO DEL QUINTETO EN MI; (1771). Luigi Boccherini



2.- ALLEGRO DE LA SERENATA Nº13 (1787). Wolfang Amadeus Mozart



3.- MARCHA RADETZKY (1848). Johann Strauss (Pai)


 
4.- VALSES 1 e 2 DO DANUBIO AZUL (1867). Johann Strauss (Fillo)



5.- PIZZICATO POLKA(1869). Josef e Johann Strauss (Fillo)



6.-BOLERO DE RAVEL (1928). Maurice Ravel

8 de marzo de 2013

O VIOLÍN DE LUCA!!

Continuamos preparando o noso concerto do Palacio da Ópera. Xa sabemos que imos escoitar un sexteto de corda frotada chamado ARCO IRIS. Este grupo está formado por 3 violíns, 1 viola, 1 violonchelo e 1 contrabaixo.
Para poder achegar a todos os nosos pitiños algunha cousiña acerca destes instrumentos, esta semana Luca, un pitiño de Sagrario, trouxo o seu violín ao cole. Así todos tivemos a oportunidade de miralo, estudialo e ver como se toca!!! Encantounos poder collelo, ver de que está feito, cantas cordas ten, etc. Moitísimas grazas  Luca!!









A BOMBEIRA SUSANA E O BOMBEIRO FRAN!!!

Que visita tan xenial, marabillosa, espectacular....Estamos encantados con todo o que aprendimos. Agora xa sabemos como é a súa roupa de traballo, canto pesa o equipo completo, como temos que actuar en caso de incendio, e moitas máis cousas!!! Moitísimas grazas a Fran e a Susana!!!


6 de marzo de 2013

VISITA DUNHA PARELLA DE BOMBEIROS!!!

Para conmemorar o día da muller traballadora mañá recibiremos unha marabillosa visita!!! Estarán con nos Fran e Susana ámbolos dous son BOMBEIROS!!!!  Falarannos da súa profesión, de como desempeñan o seu traballo, etc. Poderemos facerlles algunha preguntiña. Se na casa se vos ocorre algunha cuestión enviadea, que lla faremos chegar.
Estivemos mirando e lendo moitas cousas acerca dos bombeiros. Aquí deixamos algúns dos videos que máis nos gustaron: 




DÍA DA MULLER TRABALLADORA

A través do blogue de Orientación do noso cole compartimos este video de homenaxe á MULLER TRABALLADORA. Agardamos que vos guste:

4 de marzo de 2013

OS PITIÑOS DE 4 E 5 ANOS PREPARAN O CONCERTO DO PALACIO DA ÓPERA!!

Estamos preparando o noso concerto do Palacio da Ópera. Este ano o concerto leva por título: LOS COLORES DE LAS CUERDAS, do grupo ARCO IRIS. Imos escoitar a este sexteto de corda frotada, representado por 3 VIOLÍNS, 1 VIOLA, 1 VIOLONCHELO e 1 CONTRABAIXO.
Xa sabemos algunhas cousas destes instrumentos grazas a este video que deixamos aquí:
 
 

25 de febrero de 2013

CONSONANT!!!!!

Os pitiños de 4 anos foron ao FORUM METROPOLITANO para ver unha obra de teatro que levaba por título: CONSONANT. Tanto as profes coma os nenos e nenas quedamos ABRAIADOS....pois foi unha obra estupenda!!! As protagonistas son dúas irmáns, Paula e Aina, que xogan cun libro no que as letras cobran vida......Aquí deixamos un enlace no que podedes ver un pequeno fragmento desta obra e tamén un resumo da mesma:


Aquí deixamos os nosos traballiños sobre o teatro e a obra CONSONANT:


17 de febrero de 2013

NELA Y EL RATÓN PÉREZ

Como gozamos con esta representación!!! Vicky Pérez veu ao noso cole para facer a animación da lectura: NELA Y EL RATÓN PÉREZ. Todos participamos e pasámolo xenial!!! Ao final están algúndos debuxos que fixemos sobre este precioso conto. Mirade, mirade:


8 de febrero de 2013

O CIRCO!!!!

Mirade como quedaron as nosas representacións dos MALABARISTAS, TRAPECISTAS, FUNÁMBULOS e da CARPA do CIRCO:


6 de febrero de 2013

OS NOSOS PALLASOS!!!

Mirade que chulos son os pallasos que debuxamos!!!!


De Collages

CANCIÓN DO ENTROIDO!!

Coa melodía desta canción dos pallasos da tele que se titula SI TOCO LA TROMPETA, fixemos a nosa propia canción do ENTROIDO. Aquí deixamos a canción orixinal e máis abaixo a letra da nosa canción:






Xa chega o ENTROIDO
ao cole María Pita.
Quitamos mandilóns
xa temos mellor pinta.
Coa nosa garabata
imonos disfrazar,
vestidos de pallasos
TODOS NOS VERÁN

5 de febrero de 2013

MÁIS XOGOS DO CIRCO!!

Esperamos que gocedes con todos estes xogos, cancións e contos que preparamos para vos:


O CIRCO!!

Estamos traballando no tema do circo, prestando especial atención aos PALLASOS,  MALABARISTAS, FUNÁMBULOS e TRAPECISTAS. Xa vimos como traballan e gustounos moito, sobre todo os videos do Circo do Sol... Aquí deixamos un xogo feito polas profes, así que a xogarrrrr:
 
 

¿¿COMO ESTÁN USTEDES??

Estamos recordando a MILIKI, ese marabillloso pallaso co que tanto rimos en épocas pasadas...Aquí deixamos ese fantástico saúdo que tiñan os pallasos do circo: 

Neste enlace podedes ver máis videos, fotografías, etc. de Miliki, Fofó, Fofito e Gaby:
http://comoestanustedes.com/

TRABALLIÑOS DO INVERNO!!

Mirade o noso mural do INVERNO, quedounos moi chulo, non si??


Aquí podedes ver outros traballiños do inverno:

De Collages

31 de enero de 2013

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ!!!

Aquí podedes ver ese MARABILLOSO TREN que fixemos os nenos e nenas de todo o cole para festexar o Día da Paz. Os pitiños fomos os encargados de construír a LOCOMOTORA, xa veredes que chula nos quedou!!! E non esquezades mirar os vagóns, cada un ten un lema moi importante:


14 de enero de 2013

CANCIÓNS DO INVERNO!!!

Aquí deixamos algunhas cancións que falan do inverno:

O INVERNO CHEGOU:




INVERNO:



INVERNO, INVERNO:



O INVERNO DE VIVALDI:



O INVERNO ESTÁ CHEGANDO: