26 de abril de 2016

INICIAMOS O ESTUDO DE BRASIL!!!

Xa estamos inmersos no estudo de Brasil!!! Temos libros, imaxes, contos, moedas e tamén algún postre que xa saboreamos, coma os BRIGADEIROS  e o PÃO DE QUEIJO!!! Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración!!!


25 de abril de 2016

APRENDEMOS ACERCA DO RUGBY CON RAMÓN!!!!

Cantas cousas aprendemos acerca do RUGBY!!!! E que interesantes!!! Agora sabemos que este deporte fomenta moitísimo a amizade entre os equipos, é dicir, que ao rematar un partido os xogadores dun equipo poden compartir charla, comida ou xogos cos xogadores do equipo rival. Tamén sabemos que hai distintos tipos de puntuación (5, 3 ou 2 puntos) e que o balón debe lanzarse sempre cara atrás. 
Ramón falounos dos equipos de Rugby que hai na Coruña, o CRAT (Club de Rugby de Arquitectuta Técnica) e o Club Deportivo Zalaeta. O equipo femenino do CRAT foi campeón de España o ano pasado.
Moitísimas grazas Ramón por estas ensinanzas!!!!


22 de abril de 2016

INVESTIGACIÓN XORNALÍSTICO-DEPORTIVA

Durante as últimas semanas realizamos unha pequena investigación que se baseaba en observar, que, cantas e cales novas de caracter deportivo aparecían nos xornais que trouxemos á escola. Unha vez identificadas as novas, recortámolas e organizámolas segundo os deportes dos cales falaban. A continuación, cuantificamos cantas novas había de cada deporte e rexistrámolas nun diagrama. Por outra banda, fixemos o mesmo segundo aparecían homes e mulleres. As conclusións ás que chegamos foron as seguintes:

-O fútbol era o deporte máis numeroso.
-Varios deportes que eran do noso interese non aparecían nas novas.
-Os homes deportistas eran amplamente maioría fronte as mulleres.

Reflexionamos sobre o tema, e algúns opinamos que esta situación non nos parecía xusta, de tal xeito que decidimos que deberíamos tomar unha solución. 

Debido a que nós, non podemos decidir que novas aparecen nos medios de comunicación, consideramos que o máis acertado era poñerse en contacto coas persoas que deciden a edición dos xornais e dos telexornais. Tivemos en conta varias opcións, entre elas: enviar unha carta, chamar por teléfono, mandar un whatsapp, enviar unha postal, etc. Finalmente, decidimos gravar un vídeo coas nosas peticións e compartilo. Non todos quixemos participar na elaboración do mesmo, polo que os rapaces e rapazas que aparecemos fixémolo de xeito voluntario.

Unha vez elaborado o vídeo, e visto o resultado, pensamos que sería interesante facer o seguinte:
-Compartilo coas nosas familias.
-Gardalo para podelo ver cando sexamos maiores, e así, ter un recordo.
-Difundilo ao mundo enteiro.
-Enviarllo á persoa encargada da edición dos telexornais e xornais.

E niso estamos....a continuación podedes ver o resultado.


10 de abril de 2016

ESCALADA E SURF!!!

Que marabillosa experiencia!!! Apredemos moitísimas cousas acerca da Escalada e o Surf. Agora o noso vocabulario xa é máis amplo porque incorporamos palabras coma: presa, mosquetón, pé de gato, magnesio e moitas máis!!!! Tamén sabemos algunha curiosidade coma  que para facer escalada debemos ir sempre acompañados dun amigo e que hai olas de esquerda e olas de dereita!!!Moitísimas grazas Julián!!!