30 de mayo de 2014

OS PITIÑOS DE 4 ANOS VAN AO PARQUE DE BOMBEIROS!!!!

Que ben o pasamos no PARQUE DE BOMBEIROS!!! Cantas cousas aprendimos co bombeiro Ricardo, botamos auga coa mangueira, puxemos a roupa dos bombeiros e ata fixemos un simulacro!!! Mirade, mirade:

Os pitiños de Pili:



 
Os pitiños de Marta:




Os pitiños de Rosa:


27 de mayo de 2014

OS PITIÑOS DE 4 ANOS VIAXAN A ÁFRICA!!!

Os pitiños de 4 anos estamos mergullándonos no continente africano. Imos aprender moitas cousiñas acerca deste marabilloso continente. Mirade cantos materiais trouxemos das nosas casas!!! Moitísimas grazas, de corazón, a todas as familias pola vosa colaboración!!!


OS PITIÑOS DE 4 ANOS E COCORICO!!!!

Os pitiños de 4 anos estivemos traballando no conto COCORICO. Aquí deixamos estes preciosos Cocoricos nos que traballamos moitísimo. Mirade que chulos quedaron, PICOTÍ, PICOTÁ HAI QUE RICO COCORICO......




E agora a bailar con COCORICO!!!!!

22 de mayo de 2014

OS PITIÑOS DE 3 ANOS DECORAMOS GALLETAS!!!!

Os pitiños de 3 anos fixemos de cociñeiros por un día e pasámolo xenial!!!! Estamos a traballar no conto OS TRES OSOS (RICIÑOS DE OURO) e a mamá de Martina ofreceunos a posibilidade de facer un OBRADOIRO DE GALLETAS. Deste xeito traballamos os tamaños: GRANDE, MEDIANO e PEQUENO.  Moitísimas, moitísimas, moitísimas grazas, foi para nos unha experiencia fantástica!!! Mirade que ben o pasamos decorando as nosas galletas con forma de pitiños:


APRENDIMOS A PINTAR CON VIQUI!!!

Viqui é unha aficionada á pintura que nos visitou co fin de ensinarnos un montón de cousiñas. Quedamos abraiados coa sua obra que puidemos ver con moito interese. Falounos acerca dos distintos tipos de pinceis que podemos empregar, das distintas cores e de como se mesturan, etc. Tamén nos explicou o importante que é pensar ben NA NOSA CABEZA o que queremos debuxar antes de comezar e tamén nos desvelou algún truco co que mellorar os nosos debuxos. Pero o mellor de todo é que nos fixo un cuadro (que rematará na súa casa porque non tiñamos máis tempo), que logo estará exposto no noso cole!!!! Mil grazas a Viqui por ensinarnos tantas cousas e tan interesantes. GRACIÑAS!!!


OS PITIÑOS DE 3 ANOS TRABALLAMOS CON VAN GOGH!!!!

Os pitiños de 3 anos levamos un tempo traballando con Vicent Van Gogh. Aprendimos moitas cousas da súa vida e, sobre todo, das súas obras. Aquí deixamos os nosos traballiños sobre: LA HABITACIÓN, LOS GIRASOLES, AUTORETRATO e LA NOCHE ESTRELLADA.

19 de mayo de 2014

FACEMOS UNHA TARTA

Os Pitiños de 4 anos convertímonos en pasteleiros e fixemos unha tarta que compartimos con todo o colexio. A nosa tarta tiña como ingredientes: crema de cacao e abelás, iogur con azucre, galletas e lambetadas. Que ben estivo a experiencia!!!! 



OS PITIÑOS DE 5 ANOS FOMOS Á BIBLIOTECA

Os pitiños de 5 anos fomos á Biblioteca Nodal Miguel González Garcés. Aprendimos que para o préstamo de libros precisamos un carné coa nosa foto. Tamén vimos libros con cores e formas diferentes, e cales son os mais axeitados para nosa idade (os da etiqueta azul). Gozamos moito, esperamos voltar para seguir lendo e poder viaxar coa nosa imaxinación!!!!

17 de mayo de 2014

DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!

Hoxe celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS!! O autor homenaxeado este ano é XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO. Premede na imaxe para poder aprender moitas cousiñas acerca del e tamén para xogar e pasalo fenomenal!!

http://seminariogalan.org/inicio/ver/248

Aquí vos deixamos unha mostra dos marcapáxinas que fixemos!!!!!

8 de mayo de 2014

VIOLONCELOS NO MARÍA PITA

O noso compañeiro Arsenio de 5º de Educación Primaria, ofreceunos un concerto no que interpretou diferentes obras de compositores rusos, como Tchaikovsky. Empregou un violoncelo moi antigo de polo menos 200 anos. Tamén o acompañou a súa familia, Iliá Keilín nas presentacións e violoncelo, e María Keilín no piano.  Moitas grazas!!!

A NOSA HORTA CONTINUA MEDRANDO!!!!

Mirade, mirade:


6 de mayo de 2014

EN ABRIL LEMOS MIL

Durante os mes de abril, e para celebrar o Día do Libro, adicamos moito tempo a ler. Concretamente, os pitiños de 5 anos profundizamos sobre o conto "Os Chibos Chibóns", representámolo, fixemos quebracabezas, inventámonos unha cantiga, entre outras moitas cousas.