25 de mayo de 2012

OS PITIÑOS DE 5 ANOS ESTUDAN O CICLO DO LEITE!!!!

Buffff, canto aprendimos estudando o proceso do leite, dende que sae da vaca ata que chega as nosas casas.  Aquí deixamos algúns dos videos que estivemos analizando e tamén unha canción moi chula que fala do leite. A ver que vos parece:

    


    


16 de mayo de 2012

OS PITIÑOS DE 4 ANOS VAN A BIBLIOTECA MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS!!!!

Que ben o pasamos na BIBLIOTECA!!!!  Cantos libros descubrimos!!! Vimos un capítulo de Caillou: CAILLOU VA A LA BIBLIOTECA!!!  Aquí deixamos as fotografías da nosa saída e tamén o capítulo de Caillou que vimos na Biblioteca:



Os pitiños de Raquel:                              
    



Os pitiños de Sagrario:

OS PITIÑOS DE 4 ANOS E JOAN MIRÓ

Continuamos aprendendo moito con JOAN MIRÓ. Estivemos mirando obras deste xenial pintor e decidimos traballar co seu cadro: AZUL Nº2. Mirade as nosas obras de arte.....

11 de mayo de 2012

NUBES DE PALABRAS!!!

Estamos aprendendo moitas cousas sobre VALENTÍN PAZ ANDRADE!!!! Así que decidimos facer nubes de palabras con todo o que sabemos xa deste escritor. Pasámolo moi ben facendo estas nubes, aínda que as veces foi difícil chegar a un consenso sobre a forma que debería ter a nosa nube.... Aquí está o resultado, xa vedes que tivemos que facer varias, esperamos que vos gusten!!!!

De Collages

SAÍDA AOS CANTÓNS!!!

Os pitiños de 5 anos fomos de excursión aos CANTÓNS!!! Alí descubrimos a CIDADE DOS SENTIDOS. A través das ORELLAS, BOCAS, OLLOS E MANS aprendimos moitas cousas acerca da nosa cidade. Cantamos cancións e fixemos moitos xogos. Tamén descubrimos un monumento que nos gustou moito: O OBELISCO!!!.



Mirade que debuxos máis chulos fixemos ao noso regreso:

De Collages

A NOSA HORTA!!!

Na nosa hortiña están medrando moitas herbas. Estes días estamos arrincando as malas herbas e enrarecendo as cenorias. Tamén estamos sachando coa axuda das nosas profes. A ver que sae de aquí....

8 de mayo de 2012

LETRAS GALEGAS 2012

Este ano o autor homenaxeado no día das LETRAS GALEGAS é VALENTÍN PAZ ANDRADE. Nos estivemos aprendendo máis cousiñas del con estes dous xogos!!! Premede na imaxe para xogar:




7 de mayo de 2012

EL ORO DEL AZUR DE JOAN MIRÓ

Como sabedes estamos traballando a JOAN MIRÓ, un especialista da cor. Optamos polo cadro EL ORO DEL AZUR porque nos gustou moitísimo. Sobre un folio amarelo e coas ceras brandas fixemos a nosa representación desta obra de arte. Aquí tedes a versión orixinal:


E aquí están as nosas versións:



Deixamos un enlace á FUNDACIÓN DE JOAN MIRÓ para que coñezades algo máis sobre este fabuloso pintor e sobre as súas obras:
http://www.fundaciomiro-bcn.org/

OS VOLCÁNS

No Sistema Solar  está o noso planeta A TERRA, polo que tamén aprendemos algunhas cousas interesantes sobre ela.
Os volcáns foron o fenómeno natural que máis chamou a nosa atención.
Aproveitando que os nenos de 5º de Primaria tamén estaban inmersos no seu estudo, acudiron as nosas aulas a facer un experimento que simulaba a erupción dun volcán.
O noso agradecemento a súa colaboración. Foi unha experiencia estupenda. Deixamos aquí o reflexo desta experiencia e tamén  algúns debuxos:

NOCHE ESTRELLADA DE VAN GOGH

Para finalizar o tema do ESPAZO traballamos en plástica cun cadro dun pintor moi famoso chamado VINCENT VAN GOGH. El veu o ceo, as estrelas e a lúa deste xeito tan bonito. Nestes momentos xa sabemos moitas cousas sobre o cadro, o autor e a maneira de pintar dos impresionistas. Comezamos o noso traballo con este video:



E estas son as nosas versións desta marabillosa obra de arte:



4 de mayo de 2012

OS PITIÑOS DE 4 ANOS COÑECEN A JOAN MIRÓ!!!

Os pitiños de 4 anos estamos coñecendo a JOAN MIRÓ!!! Iniciamos o noso traballo cun conto que fala deste xenio da pintura!!!! Premede na imaxe:


OS PITIÑOS DE 5 ANOS VISITAN A CASA DAS CIENCIAS E O PLANETARIO!!!

Que ben o pasamos!!!! Encantounos o PLANETARIO!!!! Comprobamos todo o que sabíamos coa nosa amiguiña ESTRELIÑA FUGAZ!!!

SISTEMA SOLAR CON PLASTILINA!!!!

Os pitiños de 5 anos fixemos o SISTEMA SOLAR con plastilina!!!! A que quedou moi chulo!!!!

OS DEBUXOS DO ESPAZO DOS PITIÑOS DE 5 ANOS!!!

Aquí están algún dos nosos debuxos do Sistema Solar, dos astronautas, das naves espaciais, da nosa visita á Casa das Ciencias  e o Planetario, etc. Mirade:

XOGOS DO ESPAZO PARA OS PITIÑOS DE 4 E 5 ANOS!!!

Agora foron os pitiños de 5 anos os que estiveron traballando sobre O ESPAZO!!! Traballamos con distintos videos e cancións do sistema solar, fixemos debuxos, murais, etc. Deixamos aquí algúns dos seus xogos preferidos!!! Premede na imaxe e a xogar!!!