Fomos de visita ata o Museo de Belas Artes de A Coruña. Alí observamos e aprendimos sobre diversas obras de arte, entre elas, "As mariscadoras" de Luís Seoane, da que, posteriormente, fixemos a nosa re-interpretación. Que ben o pasamos e que visita tan divertida!!!
Se queredes ver como foi a experiencia clicade na ligazón ou na foto.
Fomos de visita ata o Aquarium Finisterrae de A Coruña. O noso obxectivo foi observar e aprender sobre as especies que son inimigas dos pingüíns, como é o tiburón ou a foca leopardo. A nosa guía mariña explicounos cantas filas de dentes teñen os tiburóns e que non deixan de fabricalos durante toda a súa vida. Tamén observamos a alimentación das focas do Aquarium, que neste caso, eran da especie, "foca común ou vitulina". Pasámolo xenial, ata fixemos un pícnic!, e no autobús vimos un filme de pingüíns!.
Para ver como foi a experiencia preme na imaxe ou aquí.
Que ben o pasamos na granxa O Cancelo!! Estivemos moi preto das vacas e puidemos tocar aos becerriños!! Tivemos oportunidade de visitar a sala de ordeño e aprendemos un montón de cousas, coma por exemplo, que as vacas soamente teñen dentes na parte superior. Por último, degustamos batidos e xeados riquísimos!!! Premede na imaxe para poder ver as fotografías da nosa marabillosa excursión:
Que magnífico colofón ao noso Proxecto de Arte!! Canto nos gustou esta visita e cantas cousas aprendemos!! Coñecemos a PEDROLO e tivemos oportunidade de visitar o seu fogar e os seus costumes.
Premede na imaxe para ver as fotografías da visita:
Que ben o pasamos no Palacio da Ópera!!! Encantounos o concerto!! Bailamos, cantamos e tamén escoitamos e miramos con atención todas as actuacións deste marabilloso circo. Deixamos aquí a ligazón da Guía didáctica para que recordedes os temas que interpretaron para nós: https://sonfuturo.wordpress.com/2018/03/22/guia-didactica-pequeno-circo-ambulante/
Canto nos gustou esta obra de teatro: RETAHILANDO!! Portámonos moi ben, estivemos moi atentos e participamos, cantando e dando palmas, cada vez que tiñamos que facelo. Foi moi divertido!! Premede na imaxe para ver as fotos:
Todos os pitiños participamos na recreación dun Mercado de Abastos.
Para iso, en primeiro lugar recollimos os produtos que cultivamos no noso ecolóxico horto escolar. Posteriormente, indicamos o camiño para achegarse ao mercado e elaboramos os carteis cos nomes dos produtos, así como o seu prezo convertido en "euro-pitiños". Repartímonos as tarefas: mentres uns xestionaban a oficiña de troco de cartos, outros encargábanse de atender aos clientes, envolver a compra ou facer o ticket.
Agradecidos/as aos nosos compañeiros/as de 3 e 4 anos por mercar as nosas mercancías e a todas as familias que se achegaron a colaborar na experiencia. Sen a vosa participación non sería posible!!!!
Para ver como foi a experiencia, premede na imaxe ou aquí:
Os pitiños de 4 anos participamos na PLANTACIÓN DUNHA ÁBORE preto da nosa escola!!! Agardamos vela medrar!!! Para ver a nosa excursión e todo o que traballamos premede na imaxe:
Como xa sabedes o noso cole sempre está aberto á participación e colaboración das familias. Hoxe visitounos Ángel, pai de Sara. Ángel é Enxeñeiro Técnico Agrícola. Cantas cousiñas aprendemos acerca das árbores!! Moitísimas grazas por esta experiencia!!
Deixámosvos unha morea de recursos educativos relacionados coas plantas, as froitas, as verduras e o horto. Esperamos que vos gusten e aprendades con eles. Tendes para elixir música, contos, vídeos informativos e xogos interactivos. Premede na ligazón ou na imaxe para o seu acceso.
Os pitiños de 4 e 5 anos fomos ao teatro. Asistimos á obra titulada O PODER DE AMABEL. Interpretada pola Compañía de Teatro Pérez&Fernández, está baseada no libro de Érica Esmorís, e trata a historia dunha nena que vive unha aventura para poder descubrir os seus superpoderes. Gustounos moito, e aprendimos un cento de cousas. Cliclando aquí deixamos unha mostra de como foi a nosa experiencia, e a continuación, temos algúns elementos representativos do espectácula así coma unha ligazón ao perfil social de Pérez&Fernández.
Na rede podemos atopar numerosa información sobre O SER HUMANO E A PREHISTORIA. A continuación, deixámosvos unha escolma de recursos relacionados con dita temática: como vivían na prehistoria?, que ferramentas empregaban?, como se vestían?, cales eran os animais prehistóricos?, que música escoitaban?, como decoraban as súas cavernas?, que patrimonio prehistórico podemos visitar?, entre outros. Esperamos que todos os pitiños gocen deles!!!! Premede na imaxe e accederedes a un mundo máxico!!!!
Durante as últimas semanas realizamos unha pequena investigación que se baseaba en observar, que, cantas e cales novas de caracter deportivo aparecían nos xornais que trouxemos á escola. Unha vez identificadas as novas, recortámolas e organizámolas segundo os deportes dos cales falaban. A continuación, cuantificamos cantas novas había de cada deporte e rexistrámolas nun diagrama. Por outra banda, fixemos o mesmo segundo aparecían homes e mulleres. As conclusións ás que chegamos foron as seguintes:
-O fútbol era o deporte máis numeroso.
-Varios deportes que eran do noso interese non aparecían nas novas.
-Os homes deportistas eran amplamente maioría fronte as mulleres.
Reflexionamos sobre o tema, e algúns opinamos que esta situación non nos parecía xusta, de tal xeito que decidimos que deberíamos tomar unha solución.
Debido a que nós, non podemos decidir que novas aparecen nos medios de comunicación, consideramos que o máis acertado era poñerse en contacto coas persoas que deciden a edición dos xornais e dos telexornais. Tivemos en conta varias opcións, entre elas: enviar unha carta, chamar por teléfono, mandar un whatsapp, enviar unha postal, etc. Finalmente, decidimos gravar un vídeo coas nosas peticións e compartilo. Non todos quixemos participar na elaboración do mesmo, polo que os rapaces e rapazas que aparecemos fixémolo de xeito voluntario.
Unha vez elaborado o vídeo, e visto o resultado, pensamos que sería interesante facer o seguinte:
-Compartilo coas nosas familias.
-Gardalo para podelo ver cando sexamos maiores, e así, ter un recordo.
-Difundilo ao mundo enteiro.
-Enviarllo á persoa encargada da edición dos telexornais e xornais.
E niso estamos....a continuación podedes ver o resultado.
O grupo musical ARCOS IRIS, citan aos Pitiños do CEIP María Pita na súa páxina web. Moitas grazas pola mención. Pasámolo xenial, e así consideramos facérvolo saber.
Se queres ler o artigo pincha na ligazón ou na imaxe.
Durante estes últimos días, e debido á chegada da neve nalgúns puntos de Galicia, aproveitamos para facer os nosos BONECOS DE NEVE. Para iso, empregamos papeis, cartolinas, limpapipas, boliñas, papel charol, rotuladores e ollos adhesivos. Que vos parece o resultado?
En relación coa educación para a saúde e o coidado do corpo humano, os Pitiños de 4 anos empezamos a investigar sobre o deporte, e mais concretamente, sobre OS XOGOS OLÍMPICOS.
Deste modo, comezamos polo TRABALLO EN EQUIPO, e decoramos a nosa porta cun reflexo do ESPÍRITO OLÍMPICO. Fixádevos ben no marcador, QUE SE AGOCHA? Esperamos con agarimo as vosas respostas, e tamén calquera obxecto, libro ou curiosidade que nos axude a aprender máis sobre os XOGOS OLÍMPICOS.
Durante os últimos días estivemos decorando a nosa escola con motivos típicos desta época do ano. A continuación podedes ver que manualidades realizamos e como nos quedaron. Esperamos que sexan do voso agrado. Felices Festas!
Durante todo este trimestre, os Pitiños de 4 anos estivemos a investigar sobre O CORPO HUMANO. Foron moitas as experiencias que tivemos ao respecto, entre elas: iniciámonos na robótica e na realidade aumentada, reflexionamos sobre as expresións e emocións, construímos un esquelete, observamos, ulimos e experimentamos sobre o noso corpo, tivemos visitas de profesionais sanitarios, consultamos libros, etc. Para que teñades unha idea de como foi deixámosvos unha serie de fotografías, así como un pequeno video. (Moitas grazas a Sergio Tannus por deixarnos empregar, de xeito desinteresado, a súa cantiga "Eu tenho un corpo"-Alegría)
Alén diso, para o próximo trimestre continuaremos coas nosas investigacións, tanto sobre O CORPO HUMANO, como no ámbito da EDUCACIÓN PARA A SAÚDE, e da EDUCACIÓN PARA O DEPORTE (Olimpiadas 2016).