24 de abril de 2014

FOMOS DE CONCERTO!!!!

Antes das últimas vacacións fomos de concerto ao Pazo da Ópera de A Coruña. Alí escoitamos o espectáculo "De aquí para alá", baseado nunha bolboreta viaxeira. Percorremos moitos países: Australia, Brasil, Cuba, entre outros. E tamén coñecimos moitos instrumentos: as claves, o acordeón, a calimba, etc. Pasámolo xenial e gustounos moito!!!

8 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO INFANTIL

O 2 de abril foi o Día do Libro Infantil. Para celebralo, Os Pitiños desfrutamos co conto "A Princesa do Courel". Ademáis de ter un decorado especial, aprendimos a cantiga que di así:

"Onde está, o anel
da princesa do Caurel?"


OS VOLCÁNS

Os rapaces e rapazas de 5º de Primaria amosáronnos como erupciona un volcán. Para o experimento precisamos: terra, vinagre, bicarbonato e pimentón. Encantounos, moitas grazas por vir! Aquí deixamos fotos da experiencia e unha ligazón ao vídeo e ao blog dos nenos e nenas de quinto: 




http://anosaclasedeprimaria.blogspot.com.es/2014/03/os-nosos-volcans.html