28 de febrero de 2014

OS PITIÑOS ESTAMOS DE ENTROIDO MARIÑEIRO

Este Entroido 2014 todos os pitiños e as pitiñas disfrazámonos de pescadores e pescadores. Tivemos moita sorte, o tempo acompañou para poder saír ao mar coa nosa chalupa!!!. Puidemos coller sardiñas, peixes sapo, ollomols, pescadas e tamén ata luras. Que ben o pasamos!!!! Aquí vos deixamos as fotos das nosas capturas.



27 de febrero de 2014

HOXE VISITOUNOS O REDEIRO MIGUEL!!!!

Hoxe visitounos Miguel, o avó REDEIRO, da nosa pitiña Antía. Contounos moitísimas cousas acerca das redes, dos distintos tamaños que poden ter, do seu material, das distintas agullas para construílas e amañalas, etc. Escoitamos con moito interese e aprendimos un montón de cousiñas!!!! Moitísimas grazas Miguel!!!!! Un bico.


22 de febrero de 2014

A FARMACIA DO MAR

Os Museos Científicos Coruñeses están de estrea: "A FARMACIA DO MAR",  seu primeiro libro interactivo. Deixámosvos a seguinte ligazón para quen queira consultalo ou baixalo de xeito gratuíto: http://bit.ly/OkYhUX

PREME NAS IMAXES E NAVEGARÁS A PÁXINAS MOI INTERESANTES!!!!
http://mc2coruna.org/emuseo/?woo_extras=la-farmacia-del-mar

SEPIAS: UNHA HISTORIA NATURAL

http://mc2coruna.org/emuseo/?woo_extras=sepias-una-historia-natural 

NACEMENTO DUN TIBURÓN

http://mc2coruna.org/emuseo/?woo_extras=nacimiento-de-un-tiburon

CRÍA DO PINTO

 http://mc2coruna.org/emuseo/?woo_extras=cria-del-pinto-o-maragota

16 de febrero de 2014

ESTUDAMOS A ANATOMÍA DO PEIXE

Os pitiños de 3 anos tivemos unha sorpresa, e é que estudamos a anatomía do peixe. Descubrimos que respira polas branquias, observamos o seu interior e tocamos a súas escamas. Foi moi divertido!!!


OS PITIÑOS DE 4 ANOS IMOS Á PEIXERÍA

Os pitiños de 4 anos visitamos as Peixerías do Mercado Municipal de Abastos de Elviña. Alí nos ensinaron unha pescada e outras especies de peixes. Quedamos moi impresionados de como ulía!! Tamén visitamos outros postos, como a carnizaría ou a queixería. Gustounos moito!!!!

INVESTIGAMOS SOBRE O MAR

Os pitiños de 5 anos investigamos sobre UN MAR DE PEIXES. Lemos moitos libros e descubrimos cousas impresionantes sobre os animais acuáticos. Tamén falamos das nosas mascotas e acordamos que nos gustaría saber. Estamos moi ilusionados!!!!!

VISITAMOS A BIBLIOTECA

Os pitiños de 4 anos visitamos a Biblioteca González Garcés, alí lemos moitos libros moi bonitos e pasámolo moi ben. Tamén fumos á Biblioteca do noso colexio e aprendimos onde atopar os nosos libros.