28 de marzo de 2014

O NOSO ACUARIO!!!!!

Queremos ensinarvos este fermosísimo vídeo que, con tanta ilusión, preparamos para todos vós. Nel podedes ver o proceso de construción do NOSO ACUARIO!!!!.

Como di Eduardo Galeano:

"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo".


27 de marzo de 2014

OS PITIÑOS IMOS AO AQUARIUM FINISTERRAE

Hoxe os pitiños de 5 anos fomos de excursión ao Aquarium Finisterrae da Coruña (Casa dos peixes). Alí observamos aos linguados, ás orellas, aos peixes paiaso, aos ovos de tiburón, ás cigalas, ás medusas, entre outros moitos. Tamén puidemos tocar a pel seca do melgacho, estrelas de mar e osos de balea. Gozamos moito co tiburón Gastón. Foi unha experiencia marabillosa!!! Queremos repetir!!!!

25 de marzo de 2014

OS PITIÑOS DE 4 ANOS DAN A BENVIDA A PRIMAVERA!!!!

Os pitiños de 4 anos celebramos a chegada da primavera pintando e plantando NARCISOS!!! Mirade que marabilla:




OS PITIÑOS DE 4 ANOS E A BALEA!!

Mirade canto aprendimos sobre a BALEA!!! E que libro máis bonito fixemos!!!

De Collages

OS PITIÑOS DE 3 ANOS E OS PEIXES!!

Os pitiños de 3 anos fixemos un libro chulísimo con todas as cousiñas que aprendimos sobre os peixes, aquí deixamos as fotografías para que poidades apreciar o noso traballo, agardamos que vos guste:


OS PITIÑOS DE 5 ANOS E OS PEIXES!!

Estamos a aprender moito acerca dos peixes, poderíamos decir que xa somos un pouquiño expertos na materia... Aquí deixamos algún dos moitos traballos que estivemos a facer, mirade, mirade: 


23 de marzo de 2014

OS PEIXES VISITAN O COLE II

Unha nova morea de peixes chegounos ao cole: PEIXE SAN PEDRO-SAMARTIÑO, XIBA, BARBADA, CHASOS, PEIXE AGULLA-ALPABARDA, PEIXE PAU, ALFÓNDIGA, REIS, DONCELAS, CABRA, LAMPREA, PEIXE SAPO, XARDA, BOCARTE-MOCARTE, LIRIO, OURIZO, SOLLA e ata a cabeza dun PEIXE ESPADA!!!!. Con todos eles fixemos unha pequena exposición e puidemos observar o seu tamaño, a súa textura, as branquias, as súas cores entre otras moitas cousas. A experiencia foi marabillosa.

21 de marzo de 2014

OS PITIÑOS DE 3 ANOS TRABALLAMOS NA HORTA!!!

Os pitiños e as profes de 3 anos xa comezamos a traballar na nosa HORTA. Este ano plantamos: LEITUGAS, XUDÍAS, CENORIAS e PATACAS. Agora debemos ter un pouquiño de paciencia e coidar moito a nosa horta para poder comer algunha das cousiñas que plantamos.


OS PITIÑOS DE 3 ANOS VISITAN A BIBLIOTECA MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS!!!

Os pitiños de 3 anos visitamos a BIBLIOTECA MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS. Aprendemos moitas cousiñas:
  •  Na biblioteca debemos gardar silencio.
  • Se temos o carné da biblioteca poderemos levar 5 libros para a nosa casa.
  • Os libros que podemos escoller para ler son os que teñen a etiqueta de cor AZUL.
  • Se temos algunha dúbida temos que preguntarlle á Bibliotecaria.
Mirade que ben o pasamos e cantos libros descubrimos grazas a Helena, a bibliotecaria:


18 de marzo de 2014

OS PEIXES VISITAN O MARÍA PITA

Hoxe tivemos un agasallo moi especial. A pitiña Paula, tróuxonos un CAZÓN, un MELGACHO, un PEIXE RAIA, un CABRACHO e unha ESTRELA DE MAR. Os pitiños de Educación Infantil, observámolos, tocámolos e ulímolos. Tamén fixemos unha pequena exposición para que todo o colexio de María Pita puidese disfrutalos. Moitas grazas a Paula e á súa familia. Gustounos  moito !!!!

8 de marzo de 2014

OS PITIÑOS E O REDEIRO "MIGUEL" SAÍMOS NO XORNAL

O pasado venres 28 de Febreiro Os pitiños e mais o "Redeiro Miguel" saímos na prensa, concretamente, no xornal La Opinión de A Coruña. Aquí deixámosvos o recorte.

6 de marzo de 2014

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA!!!!

Hoxe recibimos unha visita xenial e, sobre todo, MOI, MOI, MOI APETITOSA!!! Faláronos das conservas do mar e dos seus beneficios. Cada un de nos tivo a oportunidade de elixir os ingredientes para facer un riquísimo bocata!!!
Aquí deixamos as fotos da nosa merenda e tamén o enlace á páxina web PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA, onde atoparades consellos do chef, unha morea de ideas para facer exquisitos bocatas,  xogos, e moitas cousas moi interesantes: