20 de junio de 2018

As profesoras dos nosos pitiñ@s maiores procederon á INVESTIDURA do seu alumnado que remata a Educación Infantil. Para ser nomead@s CABALEIROS e CABALEIRAS  tiveron que prometer cumprir todos aqueles requisitos imprescindibles para ir a Primaria: deixar o mandilón na casa, coidar e querer aos seus compañeir@s, lembrar con cariño ás súas profes de Infantil, etc. Foi un día marabilloso que non esquecerán nin @s nen@s nin as súas profes!! Premede na imaxe para ver as fotografías:

 INVESTIDURA!!

1 comentario:

  1. Bos días: Desculpade que vos escriba. Son a nai dunha nena que comezará este vindeiro curso no voso cole. Dende fai tempo leo ás veces este blog e gústame moito todo o que se amosa nel. Cada cousa que comentades prodúceme emoción. A miña nena está moi ilusionada co comezo de curso. Desexo que sexa moi feliz na súa nova etapa e creo, por todo o que vexo aquí, que o vai ser. Unha aperta e grazas por ser así.

    ResponderEliminar