27 de marzo de 2014

OS PITIÑOS IMOS AO AQUARIUM FINISTERRAE

Hoxe os pitiños de 5 anos fomos de excursión ao Aquarium Finisterrae da Coruña (Casa dos peixes). Alí observamos aos linguados, ás orellas, aos peixes paiaso, aos ovos de tiburón, ás cigalas, ás medusas, entre outros moitos. Tamén puidemos tocar a pel seca do melgacho, estrelas de mar e osos de balea. Gozamos moito co tiburón Gastón. Foi unha experiencia marabillosa!!! Queremos repetir!!!!

1 comentario:

  1. Non me extraña nada que queiran repetir. É unha fermosa visita. Unha aperta.

    ResponderEliminar