8 de marzo de 2013

O VIOLÍN DE LUCA!!

Continuamos preparando o noso concerto do Palacio da Ópera. Xa sabemos que imos escoitar un sexteto de corda frotada chamado ARCO IRIS. Este grupo está formado por 3 violíns, 1 viola, 1 violonchelo e 1 contrabaixo.
Para poder achegar a todos os nosos pitiños algunha cousiña acerca destes instrumentos, esta semana Luca, un pitiño de Sagrario, trouxo o seu violín ao cole. Así todos tivemos a oportunidade de miralo, estudialo e ver como se toca!!! Encantounos poder collelo, ver de que está feito, cantas cordas ten, etc. Moitísimas grazas  Luca!!









1 comentario:

  1. Hola soy Mirian y te he dejado un premio en mi blog:
    http://puertasalaimaginacion.blogspot.com/
    Espero que te guste.
    Saludos.

    ResponderEliminar