25 de junio de 2014

FESTA FIN DE CURSO

Que ben o pasamos despedindo o curso escolar!!! E canto comemos!!!! Todas as profes desexamos aos nosos pitiños e as súas familias un BO VERÁN!!!! FELICES VACACIÓNS!!! e ata o curso que ven.




22 de junio de 2014

DESPEDIDA DOS PITIÑOS DE 5 ANOS

Os nosos pitiños de 5 anos fanse maiores...din adeus á etapa de Educación Infantil e OLA á etapa de Educación Primaria!!!! Noraboa a TODOS!!!! Aquí podedes ver como se despediron das súas profes, e lles fixeron entrega dun pequeno agasallo feito entre tod@s, así como as titoras fixeron entrega dos seus diplomas!!


OS PITIÑOS DE 4 ANOS FACEMOS MÁSCARAS AFRICANAS

Inspirados na cultura tradicional das tribus do centro de África, deseñamos cun prato de plástico e pintura de dedo unha máscara. Como podedes ver quedounos xenial. Que ben o pasamos pintando as píntegas!!!!
Aquí vos deixamos unha ligazón por se queredes investigar sobre mais modelos:





21 de junio de 2014

COMO É UNHA GAITA?

Os pitiños de 3 anos, estivemos observando, estudando e descubrindo como soa unha gaita, como se toca e de que partes se compoñe. Descubrimos que ten a lo menos 4 tubos, algúns desmóntanse, outro ten buratos, e outro ten unha chave, chámanse: PUNTEIRO, SOPLETE, RONQUETA E RONCO. Tamén aprendimos que o vestido da gaita chámase FOL, e que dentro ten aire; e que os adornos que dela colgan chámanse FARRAPOS. Que ben o pasamos, como tocamos e como bailamos!!!!!