28 de marzo de 2014

O NOSO ACUARIO!!!!!

Queremos ensinarvos este fermosísimo vídeo que, con tanta ilusión, preparamos para todos vós. Nel podedes ver o proceso de construción do NOSO ACUARIO!!!!.

Como di Eduardo Galeano:

"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo".


27 de marzo de 2014

OS PITIÑOS IMOS AO AQUARIUM FINISTERRAE

Hoxe os pitiños de 5 anos fomos de excursión ao Aquarium Finisterrae da Coruña (Casa dos peixes). Alí observamos aos linguados, ás orellas, aos peixes paiaso, aos ovos de tiburón, ás cigalas, ás medusas, entre outros moitos. Tamén puidemos tocar a pel seca do melgacho, estrelas de mar e osos de balea. Gozamos moito co tiburón Gastón. Foi unha experiencia marabillosa!!! Queremos repetir!!!!