Viqui é unha aficionada á pintura que nos visitou co fin de ensinarnos un montón de cousiñas. Quedamos abraiados coa sua obra que puidemos ver con moito interese. Falounos acerca dos distintos tipos de pinceis que podemos empregar, das distintas cores e de como se mesturan, etc. Tamén nos explicou o importante que é pensar ben NA NOSA CABEZA o que queremos debuxar antes de comezar e tamén nos desvelou algún truco co que mellorar os nosos debuxos. Pero o mellor de todo é que nos fixo un cuadro (que rematará na súa casa porque non tiñamos máis tempo), que logo estará exposto no noso cole!!!! Mil grazas a Viqui por ensinarnos tantas cousas e tan interesantes. GRACIÑAS!!!
22 de mayo de 2014
OS PITIÑOS DE 3 ANOS TRABALLAMOS CON VAN GOGH!!!!
Os pitiños de 3 anos levamos un tempo traballando con Vicent Van Gogh. Aprendimos moitas cousas da súa vida e, sobre todo, das súas obras. Aquí deixamos os nosos traballiños sobre: LA HABITACIÓN, LOS GIRASOLES, AUTORETRATO e LA NOCHE ESTRELLADA.
19 de mayo de 2014
FACEMOS UNHA TARTA
Os Pitiños de 4 anos convertímonos en pasteleiros e fixemos unha tarta que compartimos con todo o colexio. A nosa tarta tiña como ingredientes: crema de cacao e abelás, iogur con azucre, galletas e lambetadas. Que ben estivo a experiencia!!!!
OS PITIÑOS DE 5 ANOS FOMOS Á BIBLIOTECA
Os pitiños de 5 anos fomos á Biblioteca Nodal Miguel González Garcés. Aprendimos que para o préstamo de libros precisamos un carné coa nosa foto. Tamén vimos libros con cores e formas diferentes, e cales son os mais axeitados para nosa idade (os da etiqueta azul). Gozamos moito, esperamos voltar para seguir lendo e poder viaxar coa nosa imaxinación!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
