5 de diciembre de 2011

OS PITIÑOS DE 5 ANOS CONSTRÚEN CASAS!!!

Como remate do noso estudo das casas construimos unha casa e un edificio con caixas de cartón!!! Mirade que ben nos quedaron!!

OS PITIÑOS DE 3 ANOS DECORAN CASIÑAS

Traballamos moitísimo para decorar estas casiñas. Primeiro rasgamos e cortamos moitos papeliños de cores e despois pegámolos con moito coidado. Mirade que casiñas tan preciosas!!

OS PITIÑOS DE 4 ANOS RECOLLEN FOLLAS E DESCUBREN COGOMELOS!!

Estivemos recollendo follas para facer un traballiño na nosa aula. O mellor de todo foi que atopamos COGOMELOS!!! Vaia sorpresa!!

OS PITIÑOS DE 5 ANOS DEBUXAN FACHADAS

Debuxamos fachadas de casas e tamén fixemos casas con plastilina nas nosas mesas, que bonitas quedaron!!