21 de marzo de 2014

OS PITIÑOS DE 3 ANOS TRABALLAMOS NA HORTA!!!

Os pitiños e as profes de 3 anos xa comezamos a traballar na nosa HORTA. Este ano plantamos: LEITUGAS, XUDÍAS, CENORIAS e PATACAS. Agora debemos ter un pouquiño de paciencia e coidar moito a nosa horta para poder comer algunha das cousiñas que plantamos.


1 comentario:

  1. Co ben que a ides coidar seguro que teredes unha boísima colleita. Unha aperta e boa finde.

    ResponderEliminar