26 de marzo de 2015

OS PITIÑOS DE 3 ANOS INVESTIGAN!!!!

Durante o segundo trimestre os cativos de 3 anos estudamos unha morea de cousas. Investigamos sobre a historia da nosa cidade, os lugares mais emblemáticos e a figura de María Pita. Tamén aprendemos as características dos piratas e reflexionamos sobre o que acontece no inverno. Posteriormente, comezamos a investigar sobre a primavera, e que diferenzas había con respecto a outras estacións. Observamos as características das flores e plantas, e para comprobalo plantamos uns rábanos e un aguacate. Tamén reflexionamos que as plantas necesitaban sol, auga e terra. Finalmente, fixemos un mural da primavera. 
Aquí deixamos unha escolma dos nosos traballos. Esperemos que vos gusten, felices vacacións!!!!!


21 de marzo de 2015

TINTURAS NATURAIS CON PLANTAS!!!!

Mirade que experimento máis chulo!!! Fixemos tinturas naturais empregando plantas: FRAMBOESA e CÚRCUMA. Pintamos con esas tinguiduras e tamén tinguimos tea,  mirade o resultado:


24 de febrero de 2015

RECORDAMOS A ROSALÍA DE CASTRO!!!

Hoxe recordamos a figura de ROSALÍA DE CASTRO. Escoitamos poemas e miramos fotografías e vídeos lembrando a súa obra. No seguinte enlace podedes ver a biografía de Rosalía, coñecer a súa obra e ata podedes facer un paseo virtual pola súa casa-museo:

http://rosaliadecastro.org/