Aquí deixamos a ligazón para todos os pitiños que desexen falar tanto con PAPÁ NOEL coma coas súas maxestades os REIS MAGOS. Seguro que tedes moitísimas cousas que contarlles e eles precisan saber de vos para anotar ben os agasallos que encargades. Que emoción!!!! Premede na imaxe:
16 de diciembre de 2015
OS PITIÑOS DE 4 ANOS INVESTIGAMOS SOBRE O CORPO HUMANO
Durante todo este trimestre, os Pitiños de 4 anos estivemos a investigar sobre O CORPO HUMANO. Foron moitas as experiencias que tivemos ao respecto, entre elas: iniciámonos na robótica e na realidade aumentada, reflexionamos sobre as expresións e emocións, construímos un esquelete, observamos, ulimos e experimentamos sobre o noso corpo, tivemos visitas de profesionais sanitarios, consultamos libros, etc. Para que teñades unha idea de como foi deixámosvos unha serie de fotografías, así como un pequeno video. (Moitas grazas a Sergio Tannus por deixarnos empregar, de xeito desinteresado, a súa cantiga "Eu tenho un corpo"-Alegría)
Alén diso, para o próximo trimestre continuaremos coas nosas investigacións, tanto sobre O CORPO HUMANO, como no ámbito da EDUCACIÓN PARA A SAÚDE, e da EDUCACIÓN PARA O DEPORTE (Olimpiadas 2016).
13 de diciembre de 2015
OS PITIÑOS DE 5 ANOS VAN AO TEATRO
Os pitiños de 5 anos fomos ao teatro. Asistimos á obra titulada FABOO, a cal, levou varios premios: Premio FETEN 2015 e Premio ao mellor espectáculo no VI Festival Internacional de Teatro de Zaragoza. Gustounos moito, e aprendimos un cento de cousas. Aquí deixámosvos unha mostra de como foi a nosa experiencia, así coma unha ligazón á páxina web do espectáculo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


