26 de marzo de 2015

OS PITIÑOS DE 3 ANOS INVESTIGAN!!!!

Durante o segundo trimestre os cativos de 3 anos estudamos unha morea de cousas. Investigamos sobre a historia da nosa cidade, os lugares mais emblemáticos e a figura de María Pita. Tamén aprendemos as características dos piratas e reflexionamos sobre o que acontece no inverno. Posteriormente, comezamos a investigar sobre a primavera, e que diferenzas había con respecto a outras estacións. Observamos as características das flores e plantas, e para comprobalo plantamos uns rábanos e un aguacate. Tamén reflexionamos que as plantas necesitaban sol, auga e terra. Finalmente, fixemos un mural da primavera. 
Aquí deixamos unha escolma dos nosos traballos. Esperemos que vos gusten, felices vacacións!!!!!


1 comentario:

  1. Uns traballos ben fermosos. Nótase que traballaron moi motivados e moi ben. Unha aperta e bo final de trimestre.

    ResponderEliminar