Onte foi o DÍA DO LIBRO e para conmemorar esta data dende a Biblioteca da escola elaborouse este video con todas as achegas das familias e do profesorado. Moitas grazas a toda a comunidade educativa pola vosa colaboración!!
24 de abril de 2020
15 de abril de 2020
COMEZO DO 3º TRIMESTRE
Prezadas familias,
Agardamos que esteades ben ou o mellor posible despois dun mes de confinamento. Sabemos que está a ser duro pero tamén sabemos que o estades facendo moi ben e queremos pedirvos que continuedes así, con ánimo, con forza e con moita ilusión!!
Segundo as instrucións enviadas pola Consellería de Educación e o Servizo de Inspección Educativa na tarde de onte, o profesorado programou actividades de repaso ou reforzo para esta semana do 14 ao 17 de abril. Podedes acceder a estas tarefas a través da nosa AULA VIRTUAL no apartado chamado 3º TRIMESTRE que aparece en cada curso e especialidade.
🌈 💜 Bicos e Apertas!!! 💜 🌈
11 de abril de 2020
@S PITIÑ@S E OS OVOS DE PASCUA
Saúdos a todas as pitiñas e pitiños, queremos compartir con vós, estes dous cortos sobre a decoración dos ovos de chocolate, tan típicos estas datas. Con eles, descubrideredes como se fabrican e que personaxes fantásticos están detrás de tan lindas decoracións. Esperamos que gocedes con eles.
💙💚💛💜 Felices vacación. Todo sairá ben!!!! 💜💛💚💙
9 de abril de 2020
VÍDEO QUEDA NA CASA!!! MOITO ÁNIMO!!!
Con este vídeo queremos que saibades que TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP MARÍA PITA ESTÁ CON VÓS!!! MOITO ÁNIMO PARA O NOSO ALUMNADO E AS SÚAS FAMILIAS!!! Para poder acceder ao mesmo, podedes facelo dende a web da escola, ou premendo na ligazón ou na imaxe.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

