Mostrando entradas con la etiqueta EUQUEDONACASA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EUQUEDONACASA. Mostrar todas las entradas

24 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO 2020

Onte foi o DÍA DO LIBRO e para conmemorar esta data dende a Biblioteca da escola elaborouse este video con todas as achegas das familias e do profesorado. Moitas grazas a toda a comunidade educativa pola vosa colaboración!!


15 de abril de 2020

COMEZO DO 3º TRIMESTRE

Prezadas familias, 
Agardamos que esteades ben ou o mellor posible despois dun mes de confinamento. Sabemos que está a ser duro pero tamén sabemos que o estades facendo moi ben e queremos pedirvos que continuedes así, con ánimo, con forza e con moita ilusión!!
Segundo as instrucións enviadas pola Consellería de Educación e o Servizo de Inspección Educativa na tarde de onte, o profesorado programou actividades de repaso ou reforzo para esta semana do 14 ao 17 de abril. Podedes acceder a estas tarefas a través da nosa AULA VIRTUAL no apartado chamado 3º TRIMESTRE que aparece en cada curso e especialidade.

🌈 💜 Bicos e Apertas!!! 💜 🌈


11 de abril de 2020

@S PITIÑ@S E OS OVOS DE PASCUA

Saúdos a todas as pitiñas e pitiños, queremos compartir con vós, estes dous cortos sobre a decoración dos ovos de chocolate, tan típicos estas datas. Con eles, descubrideredes como se fabrican e que personaxes fantásticos están detrás de tan lindas decoracións. Esperamos que gocedes con eles.

💙💚💛💜 Felices vacación. Todo sairá ben!!!! 💜💛💚💙




9 de abril de 2020

VÍDEO QUEDA NA CASA!!! MOITO ÁNIMO!!!

Con este vídeo queremos que saibades que TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP MARÍA PITA ESTÁ CON VÓS!!! MOITO ÁNIMO PARA O NOSO ALUMNADO E AS SÚAS FAMILIAS!!! Para poder acceder ao mesmo, podedes facelo dende a web da escola, ou premendo na ligazón ou na imaxe.



3 de abril de 2020

RETO PARA AS FAMILIAS


Prezadas familias,
A mestra de Educación Musical Lara e o seu alumnado de 5º de Primaria  propoñen un reto para todas as nosas familias. Animádevos!!!  
Para acceder ao mesmo, clicade na ligazón ou na imaxe.




Todo sairá ben, vémonos axiña!!!!

30 de marzo de 2020

AVISO IMPORTANTE

Ola pitiñas e pitiños:
Queremos avisarvos que na páxina web da escola albérgase información importante sobre o proceso da 2º Avaliación.
Enviámosvos apertas e desexamos que todas e todos esteades ben.



TAREFAS #EUQUEDONACASA

Ola pitiñas e pitiños,

Queremos enviarvos bicos e apertas e desexamos que todos e todas vos atopedes ben. Na páxina web da escola, tedes lista a 2º entrega de tarefas #EUQUEDONACASA. Podedes consultar a información aquí: