Estamos traballando en distintos tipos de melodías e ritmos musicais. Como é natural temos gustos diferentes pero case todos os pitiños quedamos prendados cunha CANCIÓN INFANTIL AFRICANA, que acompañamos con palmas. Así que imos deixar aquí esta preciosa canción para que todos teñades a oportunidade de coñecela e gozar con ela:
28 de febrero de 2012
24 de febrero de 2012
OS PITIÑOS DE 4 E 5 ANOS PREPARAMOS A VISITA AO PALACIO DA ÓPERA!!
A próxima semana os pitiños de 4 e 5 anos asistiremos a un CONCERTO no PALACIO DA ÓPERA. Estamos realizando distintos traballiños co fin de preparar a nosa saída e, deste xeito, aproveitar ao máximo esta maravillosa actividade.
O título do concerto é Ma Mere l´oye (Mamá Oca), que é un personaxe de orixe francesa o cal nos presentará e narrará a obra. O que imos escoitar é a escolma de Maurice Ravel baseada en catro contos de fadas da tradición francesa: A Bela Dormente, Polgariño, Feuchiña e A Bela e a Besta.
Imos deixar aquí as audicións do concerto por se queredes escoitalas:O 1º movemento: A BELA DORMENTE. O momento no que a princesa dorme é o que describe o primeiro movemento da suite.
"Pavana da Bela Adormecida". Audición: http://www.youtube.com/watch?v=k3-oAgXCnP4O 2º movemento: POLGARIÑO. Recolle o momento no que Polgariño vai deixando caer faragullas de pan para non perderse no camiño.
"Polgariño". Audición: http://www.youtube.com/watch?v=sNAz2CbjHmMO 3º movemento: FEUCHIÑA, EMPERATRIZ DOS PAGODAS (A SERPE VERDE). Describe o momento no que a moza se da un baño purificante mentres os pagodiños e pagodiñas cantan e tocan instrumentos.
"Feuchiña, emperatriz dos pagodas". Audición: http://www.youtube.com/watch?v=7vq6hAQJaRAO 4º movemento: A BELA E A BESTA. Ravel pon música as conversas entre os dous personaxes, a doncela fermosa e a Besta.
"As conversas da Bela e a Besta". Audición: http://www.youtube.com/watch?v=Eyk-jrEIPSAO 5º movemento: O XARDÍN DAS FADAS. Momento no que o Príncipe se achega a bicar á princesa durmida e as fadas e trasnos do Xardín do Castelo da Bela Dormente espertan despois de tanto tempo.
"O xardín das fadas". Audición: http://www.youtube.com/watch?v=0WloPt3szkM&feature=related
19 de febrero de 2012
OS PITIÑOS DO MARÍA PITA FESTEXAN O ENTROIDO!!!
Puxemos os nosos gorros, collimos as nosas maracas e cantamos e bailamos por todo o colexio!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)