24 de febrero de 2012

OS PITIÑOS DE 4 E 5 ANOS PREPARAMOS A VISITA AO PALACIO DA ÓPERA!!

A próxima semana os pitiños de 4 e 5 anos asistiremos a un CONCERTO no PALACIO DA ÓPERA. Estamos realizando distintos traballiños co fin de preparar a nosa saída e, deste xeito, aproveitar ao máximo esta maravillosa actividade.
O título do concerto é Ma Mere l´oye (Mamá Oca), que é un personaxe de orixe francesa o cal nos presentará e narrará a obra. O que imos escoitar é a escolma de Maurice Ravel baseada en catro contos de fadas da tradición francesa: A Bela Dormente, Polgariño, Feuchiña e A Bela e a Besta.
Imos deixar aquí as audicións do concerto por se queredes escoitalas:

O 1º movemento: A BELA DORMENTE. O momento no que a princesa dorme é o que describe o primeiro movemento da suite.
 "Pavana da Bela Adormecida". Audición: http://www.youtube.com/watch?v=k3-oAgXCnP4

O 2º movemento: POLGARIÑO. Recolle o momento no que Polgariño vai deixando caer faragullas de pan para non perderse no camiño.
"Polgariño". Audición: http://www.youtube.com/watch?v=sNAz2CbjHmM

O 3º movemento: FEUCHIÑA, EMPERATRIZ DOS PAGODAS (A SERPE VERDE). Describe o momento no que a moza se da un baño purificante mentres os pagodiños e pagodiñas cantan e tocan instrumentos.
"Feuchiña, emperatriz dos pagodas". Audición: http://www.youtube.com/watch?v=7vq6hAQJaRA

O 4º movemento:  A BELA E A BESTA. Ravel pon música as conversas entre os dous personaxes, a doncela fermosa e a Besta.
"As conversas da Bela e a Besta". Audición: http://www.youtube.com/watch?v=Eyk-jrEIPSA

O 5º movemento: O XARDÍN DAS FADAS. Momento no que o Príncipe se achega a bicar á princesa durmida e as fadas e trasnos do Xardín do Castelo da Bela Dormente espertan despois de tanto tempo.
"O xardín das fadas". Audición: http://www.youtube.com/watch?v=0WloPt3szkM&feature=related

No hay comentarios:

Publicar un comentario