18 de febrero de 2020

CONCERTO DIDÁCTICO PALACIO DA ÓPERA!!

Que ben o pasamos no Concerto Didáctico: "De aquí para alá". Tivemos a oprtunidade de viaxar arredor do mundo aprendendo, escoitando, bailando e cantando as músicas de cada lugar do mundo!! Premede na imaxe para ver as fotografías:



6 de febrero de 2020

III XORNADAS VIOLETA

O próximo Luns 10 de Febreiro de 16h a 17:30h, desenvolveremos para o profesorado, familias e persoal non docente as III Xornadas Violeta, da man de Montse Vilar, cofundadora da Libraría Lila de Lilith e divulgadora de lecturas coeducativas. Con ela, aprenderemos sobre libros e contos coeducativos dirixidos ao alumnado de Educación Infantil e Primaria, como estímulo para reflexionar sobre o sexismo, os estereotipos, a diversidade familiar e sexual, as emocións e os afectos, as violencias machistas, a deconstrución de masculinidades, o empoderamento, entre outros.

Para acudir ás mesmas é necesaria a inscrición gratuita aquí.

Esperamos a vosa presencia.





22 de diciembre de 2019

FIN DE ANO!!!

Chegou o Fin de Trimestre e o celebramos por todo o alto!!! Festa de Fin de Ano, entrega dos premios do Concurso de Postais do Nadal, merenda con doces típicos do Nadal, actuacións, canto, baile.....Que ben o pasamos!!!! Todo o Equipo de Educación Infantil agradece ás familias a  marabillosa colaboración e deséxavos, de todo corazón,  unhas FELICES FESTAS!!!! Premede na imaxe para ver as fotografías da festa:

https://photos.app.goo.gl/JYd1W9TxwmifuhyK9









16 de diciembre de 2019

VISITA ESCOLAR AO MUNCYT

Nesta ocasión acudimos ao Museo Nacional da Ciencia e da Tecnoloxía de A Coruña. Alí, puidemos aprender moitas cousas sobre os inventos creados polos seres humanos, entre eles, observamos o motor e o interior dun avión, así como vehículos antigos, e os primeros teléfonos móbiles. Alén diso, vimos un globo lunar, e antigas cámaras de cine; elementos que están relacionados cos proxectos educativos da escola. Por outra banda, tamén aprendimos a construír un helicóptero de papel. A experiencia foi marabillosa, se premedes na imaxe ou na ligazón veredes como nos foi.