Chegou o Fin de Trimestre e o celebramos por todo o alto!!! Festa de Fin de Ano, entrega dos premios do Concurso de Postais do Nadal, merenda con doces típicos do Nadal, actuacións, canto, baile.....Que ben o pasamos!!!! Todo o Equipo de Educación Infantil agradece ás familias a marabillosa colaboración e deséxavos, de todo corazón, unhas FELICES FESTAS!!!! Premede na imaxe para ver as fotografías da festa:
22 de diciembre de 2019
16 de diciembre de 2019
VISITA ESCOLAR AO MUNCYT
Nesta ocasión acudimos ao Museo Nacional da Ciencia e da Tecnoloxía de A Coruña. Alí, puidemos aprender moitas cousas sobre os inventos creados polos seres humanos, entre eles, observamos o motor e o interior dun avión, así como vehículos antigos, e os primeros teléfonos móbiles. Alén diso, vimos un globo lunar, e antigas cámaras de cine; elementos que están relacionados cos proxectos educativos da escola. Por outra banda, tamén aprendimos a construír un helicóptero de papel. A experiencia foi marabillosa, se premedes na imaxe ou na ligazón veredes como nos foi.
8 de noviembre de 2019
IMOS DE MAGOSTO
ATENCIÓN!!! O próximo VENRES DÍA 15 celebraremos o MAGOSTO!!! Para gozar desta data tan especial temos que construir nas nosas casas este trebello. É moi doado!!! Precisamos dous envases de zume, leite, etc. cortados pola metade. Grampámolos e decorámolos ao noso gusto. So queda poñer un cordón de la para poder colgalo do pescozo. Nun envase botaremos as castañas e noutro botaremos as pelas. Así teremos as mans ben libres para COMER MOITAS CASTAÑAS e de paso non ensuciamos o chan!!!
Se premedes na imaxe poderedes ver o proceso:
Podedes traer os CASTAÑEIROS a partir do MARTES 12 para formar parte da exposición que haberá no vestíbulo do centro.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
2 de noviembre de 2019
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


