14 de mayo de 2015

OS PITIÑOS DE 3 ANOS APRENDIMOS O CONTO "OS TRES OSOS"

Os pitiños de tres anos aprendimos o conto de "Os tres osos e Riciños de ouro". Aquí vos deixamos unha morea de fotos do noso traballo, así como, o vídeo que fixemos coa nosa versión da historia e como fabricamos a casa dos osos para despois xogar.
 Mirade que ben o pasamos!!!! 
 Esperamos as vosas opinións sobre o noso vídeo e as nosas creacións ;-)





OS PITIÑOS DE 4 ANOS VISITAN A PRAZA DE MARÍA PITA!!!!

Que ben o pasamos e cantas cousas aprendimos sobre a figura de María Pita!! Xa sabemos como se desenvolveu a batalla, con que armas loitaron os coruñeses para defenderse, onde transcorreu a batalla, etc.


10 de mayo de 2015

OS PITIÑOS DE 3 ANOS VISITAMOS A BIBLIOTECA GONZÁLEZ GARCÉS!!!

Os pitiños de 3 anos fomos de excursión á BIBLIOTECA MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS!!! Elena, a bibliotecaria, contounos moitos contos chulísimos e tamén nos explicou o funcionamento e as normas da biblioteca. Xa sabemos como temos que facer se queremos levar un conto, unha película ou un CD de música para as nosas casas, así que agora so nos queda gozar cos libros!!!


OS PITIÑOS DE 4 ANOS SOMOS COCIÑEIROS!!!!

Os pitiños de 4 anos fomos COCIÑEIROS por un día!!! Fixemos un biscoito nunha taza e logo decorámolo con boliñas de cores, que ben o pasamos!!! Moitísimas grazas a  todas as familias pola vosa colaboración e, por suposto, a Vanesa!!! Mil grazas!!!