Este xoves os pitiñ@s que asisten á actividade extraescolar de teatro, deleitáronnos cunha obra que trataba do lixo que os humanos deixamos nos bosques, e como os animais que nel habitan sofren as consecuencias. Fixéronno xenial e pasámolo moi ben!!!! Moitas grazas pola vosa participación, e en especial a profe de teatro polo marabilloso traballo.
21 de junio de 2014
16 de junio de 2014
OS PITIÑOS DE 4 E 5 ANOS VISITAN O MUSEO DE BELAS ARTES
Os Pitiños de 4 e 5 anos visitamos o MUSEO DE BELAS ARTES. Aprendimos moitas cousas e observamos: unha escultura dun xigante, o retrato da Raíña Mariana, o xeito de debuxar o vento, o cadro das Mariscadoras de Luís Seoane e o retrato de Dora Maar pintado por Pablo Picasso, entre outros moitos. Que ben o pasamos!!!!!
10 de junio de 2014
MERENDAMOS CON FROITA!!!
Grazas a participación do noso cole no PLAN PROXECTA, durante dúas semanas MERENDAMOS FROITA!!! A case todos os pitiños gústanos moito a froita, e repetimos en moitas ocasións porque a froita estaba riquísima!!!! A aqueles que non lle gustaba algunha froita fixeron un pequeno esforzo por probala. Comemos: PLÁTANO, AMORODO, SANDÍA, PERA, MAZÁ, ALBARICOQUE. Mirade como comemos:
EL TWIST DE LAS FRUTAS
EL BAILE DE LAS FRUTAS
LAS FRUTAS
Ademais de comer a froita aproveitamos esta experiencia para traballar os nomes das froitas, debuxar distintas froitas e tamén para pintalas:
8 de junio de 2014
OS PITIÑOS DE 3 ANOS VISITAN O MUSEO DE BELAS ARTES!!!
Os Pitiños de 3 anos visitamos o MUSEO DE BELAS ARTES. Aprendimos moitas cousiñas. Descubrimos os materiais con que están feitas algunhas esculturas, buscamos nos cadros os distitntos elementos que os compoñen, escoitamos un conto precioso diante do cadro das MARISCADORAS de Luis Seoane, coñecimos un cadro do famoso pintor Pablo Picasso, etc. Mirade que ben o pasamos:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)