13 de marzo de 2013

AS OBRAS QUE IMOS A ESCOITAR NO CONCERTO!!!!

Aquí deixamos as obras que imos escoitar no CONCERTO do PALACIO DA ÓPERA. Gustannos moito porque a maioría son moi marchosas!!! Mirade e escoitade:

1.- MINUETO DEL QUINTETO EN MI; (1771). Luigi Boccherini



2.- ALLEGRO DE LA SERENATA Nº13 (1787). Wolfang Amadeus Mozart



3.- MARCHA RADETZKY (1848). Johann Strauss (Pai)


 
4.- VALSES 1 e 2 DO DANUBIO AZUL (1867). Johann Strauss (Fillo)



5.- PIZZICATO POLKA(1869). Josef e Johann Strauss (Fillo)



6.-BOLERO DE RAVEL (1928). Maurice Ravel

12 de marzo de 2013

8 de marzo de 2013

O VIOLÍN DE LUCA!!

Continuamos preparando o noso concerto do Palacio da Ópera. Xa sabemos que imos escoitar un sexteto de corda frotada chamado ARCO IRIS. Este grupo está formado por 3 violíns, 1 viola, 1 violonchelo e 1 contrabaixo.
Para poder achegar a todos os nosos pitiños algunha cousiña acerca destes instrumentos, esta semana Luca, un pitiño de Sagrario, trouxo o seu violín ao cole. Así todos tivemos a oportunidade de miralo, estudialo e ver como se toca!!! Encantounos poder collelo, ver de que está feito, cantas cordas ten, etc. Moitísimas grazas  Luca!!