7 de noviembre de 2014

ACHÉGASE O MAGOSTO!!!!!

ATENCIÓN!!! O próximo VENRES DÍA 14 celebraremos o MAGOSTO!!! Para gozar desta data tan especial temos que construir nas nosas casas este trebello. É moi doado!!! Precisamos dous envases de zume, leite, etc. cortados pola metade. Grampámolos e decorámolos ao noso gusto. So queda poñer un cordón de la para poder colgalo do pescozo. Nun envase botaremos as castañas e noutro botaremos as pelas. Así teremos as mans ben libres para COMER MOITAS CASTAÑAS e de paso non ensuciamos o chan!!! Se premedes na imaxe poderedes ver o proceso:

APARELLO DO MAGOSTO

2 comentarios:

  1. Nós tamén imos celebralo o venres. Espero que disfrutedes moito. Seguro que lles quedan uns cestiños ben bonitos. Unha aperta e boa finde.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Ana!! Agardamos con moita ilusión esa data, seguro que vos tamén!! Un bico enorme

    ResponderEliminar