2 de junio de 2013

OS PITIÑOS DE 5 ANOS PREPARAN A SÚA VISITA Á CASA DOS PEIXES!!!!

Xa queda moi pouquiño para a nosa ansiada visita á   CASA DOS PEIXES!!! Para saber máis estivemos mirando a páxina do AQUARIUM FINISTERRAE, onde temos a oportunidade de ver moitísimas cousas, por exemplo, coñecer a sala Nautilus e Maremagnum, coñecer a Gastón, tamén podedes ver como lle dan a comida as focas en directo, etc. Aquí deixamos o enlace:


Pero a nos o que máis nos gustou foi o seguinte, en primeiro lugar, coñecer ao tiburón toro do aquarium GASTÓN!!!!



En segundo lugar ver como nacen DO VENTRE DO PAI os CABALIÑOS DO MAR:



En terceiro lugar chamounos a atención a intelixencia dos POLBOS:



E por último sempre nos gusta ver os PEIXES PALLASO e os PEIXES CIRURXIÁN, que son preciosos. Por certo, deixamos tamén aquí o video das crías dos PEIXES PALLASO do aquarium, a ver canto crecen ata o martes:




1 comentario:

  1. Seguro que o pasades fenomenal. Queremos que nos contedes todiño e que nos amosedes as fotos. Un bico.

    ResponderEliminar