7 de noviembre de 2012

CHEGA O MAGOSTO!!!!

ATENCIÓN!!! O próximo VENRES DÍA 16 celebraremos o MAGOSTO!!! Para gozar desta data tan especial temos que construir nas nosas casas este trebello. É moi doado!!!
 
Precisamos dous envases de zume, leite, etc. cortados pola metade. Grampámolos e decorámolos ao noso gusto. So queda poñer un cordón de la para poder colgalo do pescozo.
Nun envase botaremos as castañas e noutro botaremos as pelas. Así teremos as mans ben libres para COMER MOITAS CASTAÑAS e de paso non ensuciamos o chan!!!
Se pinchades na imaxe poderedes ver o proceso:


3 comentarios:

  1. Que boa idea tivéchedes para que non tiren as pelas das castañas ao chan! O ano próximo copiareivos a idea, este ano estamos a facer un bolsiño de castañas. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Ana xa veremos que bolsiño máis chulo facedes!!! Moitas grazas!! Bicos.

    ResponderEliminar
  3. O cordón a cadeneta de ganchillo non é necesario. Esta idea deuselles a algúns nenos e nenas de Primaria que xa se defenden neste labor. Calquera cordón suaviño que non lles roce estará ben.

    ResponderEliminar