29 de mayo de 2015

ESTIVEMOS EN INSPIRATICS3

Onte achegámonos ata a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e a Fundación Amancio Ortega, que conxutamente coa Plataforma Proyecta organizaron o III Encontro InspiraTICs. Alí expuxéronse os dez proxectos FINALISTAS do II Concurso Proyecta Innovación, dos cales, fomos seleccionados.
Foi un orgullo poder amosar as nosas ideas xunto con outros centros. Moitas grazas por crer en nós!!!
Aquí vos deixamos unha pequena mostra da nosa exposición.




Se queredes saber como transcurriu a xornada, premede na imaxe.


26 de mayo de 2015

OS PITIÑOS DE 5 ANOS VIAXAMOS A CHINA!!!!

Neste 3º trimestre, os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil estamos aprendendo moitas cousas sobre China: inventos, escritura, pagodas, osos panda, vermes da seda, etc. É un país moi interesante!!! Aquí deixamos unha pequena mostra do que estamos a aprender sobre China e tamén unha presentación que fixeron Martín e a súa familia. Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración!!!

https://dl.dropboxusercontent.com/u/48153930/china_martin.odp




20 de mayo de 2015

OS PITIÑOS DO MARÍA PITA SOMOS FINALISTAS

Somos FINALISTAS, no II CONCURSO PROYECTA INNOVACIÓN, o cal,organiza a Plataforma Proyecta. Aquí vos deixamos unha mostra da nosa proposta. " "MENS SANA IN CORPORE SANO"


OS PITIÑOS DE 5 ANOS IMOS Á BIBLIOTECA!!!!

Coma sempre, pasámolo moi ben na Biblioteca!!! Gústanos moito a bibliotecaria Helena, que sempre nos prepara uns contos marabillosos!!!