Durante este segundo trimestre, estudiaremos entre outras cousas, os elementos mais importantes da Coruña, así como a figura de María Pita. Un dos nosos monumentos mais importante é a Torre de Hércules, declarada pola UNESCO, como Patrimonio da Humanidade. No seguinte vídeo poderedes aprender un pouquiño mais da súa historia.
9 de febrero de 2015
CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ!!!!
Por mor do tempo celebramos o DÍA DA PAZ unha semana máis tarde. Este venres, día 6, fixemos a nosa festa da Paz!!! Primeiro paseamos polo cole para ver as rúas que fixeron outros nenos/as e tamén para ver a decoración tan fermosa da nosa escola. Atopamos a Rúa da Solidariedade, a Rúa dos Amigos, a Rúa dos Avós, etc. Logo saímos fora para escoitar unhas cantigas da Paz, un conxuro da Paz, etc...Pasámolo xenial!!!!
![]() |
| De Collages |
8 de febrero de 2015
A NOSA RÚA DOS BICOS!!!
Así de fermoso quedou o noso corredor, convertido na Rúa dos Bicos, a ver que vos parece:
25 de enero de 2015
ACHÉGASE O DÍA DA PAZ!!!!
Estamos preparando a celebración do DÍA DA PAZ!!! O noso cole convertirase nun rueiro onde cada aula, cada corredor da escola terá o nome dunha rúa relacionada coa Paz. O corredor de Infantil convertirase na RÚA DOS BICOS!!!! Por este motivo estamos aprendendo moitas cousas: como se bican as persoas en diferentes partes do mundo, como se bican os animais, porque e para que nos damos bicos, etc. Tamén bailamos e cantamos cancións e danzas relacionadas cos bicos, aquí deixamos unha mostra das cousiñas que estamos a traballar:
![]() |
| De Collages |
![]() |
| De Collages |
![]() |
| De Collages |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



