Que ben o pasamos celebrando o SAMAÍN!!!!!! Fixemos caretas de cabazas, monstros, pintamos e decoramos cabazas e tamén fixemos unha MERENDA do Samaín!!! Convertimos plátanos en PANTASMAS e mandarinas en CABAZAS!!! Tamén comemos galletas que eran SOMBREIROS DE BRUXAS, CABAZAS, PANTASMAS, MONSTROS, etc. Moitísimas grazas a todas as familias pola vosa colaboración!!! Feliz Samaín!!
2 de noviembre de 2014
28 de octubre de 2014
PASÁMOLO DE MEDO NO COLE!!!
Papás e mamás, como xa sabedes, estamos no tempo do SAMAÍN e precisamos a vosa axuda. Todos os pitiños, coa axuda dos nosos mestres, decoramos as portas das nosas aulas, contamos contos de medo que non dan medo ningún, comemos pastel de cabaza, falamos de montros que teñen catro ollos e tres orellas, etc. pero hai unha cousa que no cole non podemos facer.....ADORNAR CABAZAS.... por favor, podedes mandar algunha para a nosa exposición do cole?? Moitísimas grazas pola vosa colaboración.
![]() |
| De Collages |
|
| Samaín |
CHEGA O SAMAÍN!!!!!
Achégase o SAMAÍN así que esta semana é moi especial para todos nos. Estamos moi entusiasmados con esta data e gozamos a tope e rimos moito con historias, contos, bailes e música propios do SAMAÍN!!!! Aquí deixamos unha pequena mostra:
CONTO: CORRE CORRE CABACIÑA
CANCIÓN: CORRE CORRE CABACIÑA
BAILE DOS ESQUELETOS
CANCIÓN: PATATÍN PATATÁN
16 de octubre de 2014
OS PITIÑOS DE 3 ANOS EMPEZAMOS NA ESCOLA
Os pitiños de tres anos empezamos este ano na escola. Estamos facendo moitos amigos e amigas, xogamos, cantamos moitas cantigas, lemos contos e aprendemos como organizarnos dentro da aula.
Sentámonos para falar, e pedimos a nosa quenda....
....xogamos e nos organizamos en recantos.....
...temos perchas para as nosas prendas....
....caixas para os nosos traballos...
....e fixemos manteis para merendar...
Aquí vos deixamos unha mostra de como o facemos:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

