14 de junio de 2013

DACTILOPINTURA!!!!

Os pitiños de 4 e 5 anos están a traballar temáticas relacionadas con animais. Os de 4 anos traballan ANIMAIS VERTEBRADOS E INVERTEBRADOS e os de 5 anos o MUNDO MARINO. Por iso quixemos facer coas nosas mans estes animais a ver que vos parece:


De Collages


5 de junio de 2013

VISITA Á CASA DOS PEIXES!!!!

Que ben o pasamos!!! Canto gozamos e canto aprendimos!!! Ata lle demos de comer ás FOCAS!!!! Mirade, mirade:

2 de junio de 2013

OS PITIÑOS DE 5 ANOS PREPARAN A SÚA VISITA Á CASA DOS PEIXES!!!!

Xa queda moi pouquiño para a nosa ansiada visita á   CASA DOS PEIXES!!! Para saber máis estivemos mirando a páxina do AQUARIUM FINISTERRAE, onde temos a oportunidade de ver moitísimas cousas, por exemplo, coñecer a sala Nautilus e Maremagnum, coñecer a Gastón, tamén podedes ver como lle dan a comida as focas en directo, etc. Aquí deixamos o enlace:


Pero a nos o que máis nos gustou foi o seguinte, en primeiro lugar, coñecer ao tiburón toro do aquarium GASTÓN!!!!



En segundo lugar ver como nacen DO VENTRE DO PAI os CABALIÑOS DO MAR:



En terceiro lugar chamounos a atención a intelixencia dos POLBOS:



E por último sempre nos gusta ver os PEIXES PALLASO e os PEIXES CIRURXIÁN, que son preciosos. Por certo, deixamos tamén aquí o video das crías dos PEIXES PALLASO do aquarium, a ver canto crecen ata o martes:




1 de junio de 2013

OS PITIÑOS DE 4 ANOS ESTUDAN OS ANIMAIS VERTEBRADOS E INVERTEBRADOS!!!

Estamos aprendendo moitas cousas acerca dos ANIMAIS VERTEBRADOS E INVERTEBRADOS. Aquí deixamos algún dos videos cos que traballamos:




Neste enlace tamén podedes coñecer máis cousiñas acerca dos animais. Podedes atopar aos diferentes animais segundo o lugar no que viven: no mar,  na montaña, nas rexións polares, etc.


E nos seguintes enlaces tamén poderedes continuar aprendendo...esta vez con estes xogos tan divertidos, mirade, mirade:




Tamén queremos dicir que estamos aprendendo esta simpática poesía, xa case a sabemos:

COCO, COCO COCODRILO
EN EL RÍO ESTÁ TRANQUILO
ELE, ELE, ELEFANTE
EN LA TROMPA LLEVA UN GUANTE
SALTA, SALTA, SALTAMONTES
SALTA MUCHO Y NO SE ROMPE
MARI, MARI, MARIPOSA
VEN QUE TE DIGA UNA COSA
SSSSSSSSSSSSSSSSSSSSS