8 de marzo de 2013

A BOMBEIRA SUSANA E O BOMBEIRO FRAN!!!

Que visita tan xenial, marabillosa, espectacular....Estamos encantados con todo o que aprendimos. Agora xa sabemos como é a súa roupa de traballo, canto pesa o equipo completo, como temos que actuar en caso de incendio, e moitas máis cousas!!! Moitísimas grazas a Fran e a Susana!!!


6 de marzo de 2013

VISITA DUNHA PARELLA DE BOMBEIROS!!!

Para conmemorar o día da muller traballadora mañá recibiremos unha marabillosa visita!!! Estarán con nos Fran e Susana ámbolos dous son BOMBEIROS!!!!  Falarannos da súa profesión, de como desempeñan o seu traballo, etc. Poderemos facerlles algunha preguntiña. Se na casa se vos ocorre algunha cuestión enviadea, que lla faremos chegar.
Estivemos mirando e lendo moitas cousas acerca dos bombeiros. Aquí deixamos algúns dos videos que máis nos gustaron: 




DÍA DA MULLER TRABALLADORA

A través do blogue de Orientación do noso cole compartimos este video de homenaxe á MULLER TRABALLADORA. Agardamos que vos guste:

4 de marzo de 2013

OS PITIÑOS DE 4 E 5 ANOS PREPARAN O CONCERTO DO PALACIO DA ÓPERA!!

Estamos preparando o noso concerto do Palacio da Ópera. Este ano o concerto leva por título: LOS COLORES DE LAS CUERDAS, do grupo ARCO IRIS. Imos escoitar a este sexteto de corda frotada, representado por 3 VIOLÍNS, 1 VIOLA, 1 VIOLONCHELO e 1 CONTRABAIXO.
Xa sabemos algunhas cousas destes instrumentos grazas a este video que deixamos aquí: